Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 11 de agosto de 1997 Páx. 7.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 10 de xuño de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Menchu.

Visto o expediente incoado por Regina Deira Prieto, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa do viveiro fluctuante de cultivo de mexillón denominado Menchu, outorgado pola orde ministerial do

16-6-1975, situado na cuadrícula nº 118, do polígono G do Grove, rematando a concesión o 13-8-2005, e do que era titular Servando Otero Besada.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993 do 11 de maio, de pesca de Galicia e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, a declaración xudicial de herdeiros ab-intestato, a relación de bens debidamente liquidada de impostos, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titulares da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Regina Deira Prieto, Regina Otero Deira, Manuel Otero Deira, Mª Rosa Otero Deira e Mª Jesús Otero Deira.

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 10 de xuño de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

5760