En cumprimento do disposto nos artigos 94 da Lei de contratos das administracións públicas e 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, faise pública a adxudicación do seguinte servicio:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Familia, Muller e Xuventude.
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.
c) Número de expediente: 11/1997.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: servicios.
b) Descrición do obxecto: restauración e limpeza do campamento xuvenil Furelos, en Melide (A Coruña).
c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 14-4-1997.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: mil catrocentas (1.400) ptas./praza/día, co IVE engadido.
5. Adxudicación:
a) Data: 20-5-1997.
b) Contratista: Noble-Moure, S.L.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: mil cen (1.100) ptas./praza/día, co IVE engadido.
En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó de notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 1997.
P.D. (Orde 15-12-1993)
Javier Batán Rodríguez
Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller
e Xuventude
5780