Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 11 de agosto de 1997 Páx. 7.807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1997 pola que se anuncia o sometemento a información pública das peticións de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Oitavén ou Xiesta, xunto cos proxectos e estudios de avaliación ambiental do concurso DH.A36.1345 (1/298/25).

Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegáronse as peticións de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Oitavén ou Xiesta, presentadas cos proxectos das obras e instalacións e estudios ambientais correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese a relación individualizada por peticionarios dos aproveitamentos solicitados, onde figuran os datos máis relevantes que os definen, ademais dunha breve descrición das obras, facendo consta-la petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento

para os efectos de expropiación forzosa ou imposición de servidumes, e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para darlle cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regula a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométense de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, as peticións e documentación técnica e ambiental que se tratan en concreto no anexo para os efectos do seu coñece mento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela, e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir do día seguinte á publicación que corresponde facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, tamén será obxecto de inserción no BOP de Pontevedra e de exposición ó público no taboleiro de anuncios das casas do Concello da Lama, Ponte-Caldelas e Fornelos de Montes (Pontevedra).

Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polos peticionarios sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copias das peticións e dos exemplares da documen

tación técnica e estudios ambientais para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas dos aproveitamentos e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión e copias das peticións.

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial en Pontevedra da Consellería de Industria e Comercio: Rúa Nova de Abaixo, 2, 36071 Pontevedra.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente: r/ Algalia de Arriba nº 31, 15071 Santiago de Compostela.

-Estudios de efectos ambientais.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

* Comisión Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra: r/ Benito Corbal, 47-3ª planta, 36071 Pontevedra.

* Concello da Lama: r/ Avda. José Antonio, 1, 36830 A Lama, Pontevedra.

* Concello de Ponte-Caldelas: r/ Avda. de Galicia, 17, 36820 Ponte-Caldelas Pontevedra.

* Concello de Fornelos de Montes: r/ Praza da Igrexa, 1, 36852 Fornelos de Montes, Pontevedra.

O pagamento do importe deste anuncio, así como das anteriores actuacións realizadas neste procedemento e daquelas que se vaian realizar con posterioridade a esta publicación, serán por conta, no caso de que o houbese, do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: Manuel García Vilela.

Enderezo: Covas-Abades, 36584 Silleda, Pontevedra.

Denominación do aproveitamento: C.H. de Portela Cavadiña.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal : 3.000 l/s.

Corrente de derivación: Oitavén ou de Xiesta.

Tramo ocupado (cotas): 573-405 m.

Desnivel: 168 m.

Altura do azude: 7 m.

Potencia: 4.244 kW.

Termo municipal onde se sitúan a toma e demais obras:

Concello da Lama (Pontevedra)

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación aproximada de 40 m. Presenta un vertedoiro de labio fixo cun limiar á cota de 573 m, cunha lonxitude de vertido de 15 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo dereito a obra de toma, na parte central do azude un desaugadoiro de fondo e no esquerdo unha escala para peixes.

Utilizaranse como accesos os camiños existentes.

A obra de toma, na marxe dereita, presenta unha cámara de sedimentación de 9,9 m de largo por 4 m de largo. Esta cámara está provista dun vertedoiro que permite elimina-los caudais excedentes.

-Canle de derivación.

A canle discorre a media ladeira cunha lonxitude total de 1.530 m. A súa sección interior é rectangular de 1,70 m de base por 1,60 m de altura.

Esta canle está pechada por enriba, discorrendo o camiño de servicio sobre a propia canle.

-Cámara de carga.

A canle desemboca nunha cámara de carga de 15 m de lonxitude por 4 m de largo e uns 3 m de altura.

-Tubería forzada.

A tubería forzada é de palastro de 1.100 mm de diámetro e 12 mm de espesura, a súa lonxitude é duns 372,7 m.

-Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 18,3 m x 12,2 m. A estructura do edificio é de formigón.

-Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución desde o foso da turbina ó río, cunha lonxitude de 10,40 m, e a súa sección é rectangular de 4,00 m x 2,00 m. A cota de desaugamento é a 405 m.

-Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dous grupos xeradores xemelgos formados por turbinas Francis de eixe horizontal, 750 r.p.m. para 1,5 m/s e un salto de 163,86 m (potencia de 2.122 kW cada unha); o xerador é asíncrono 2.500 kVA, 6 KV de tensión e 750 r.p.m.

-Dous transformadores de 3.300 kVA, relación de transformación 6.000/20.000 V.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa os que a seguir se indican cos seus propietarios:

PREDIOSPROPIETARIOS AFECC.

POL.Nº PAR.CONCELLONOME E APELIDOSSUP.M

833A LAMAMANUEL BARREIRO ALDIR20
834A LAMADIGNA MAª AMORIN PIÑEIRO+230
835A LAMALUCITA CAL PÉREZ+360
836A LAMAEMILIA SÚAREZ SÚAREZ70
837A LAMAEDUVIGES RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ120
838A LAMAALSIRA CASTRO COTA20
839A LAMAOBDULIA ASPERA HERMIDA40
841A LAMAMANUEL VARELA MOREIRA50
842A LAMAMARÍA VARELA MOREIRA60
846A LAMARAIMUNDO VILAN PÉREZ32
847A LAMADIGNA Mª AMORIN PIÑEIRO+236
848A LAMAREGINA PIÑEIRO CENDÓN+238
849A LAMAREGINA PIÑEIRÓN CENDÓN20
850A LAMAEDUVIGES RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ18
851A LAMAOLGA GONZÁLEZ GONZÁLEZ20
852A LAMAEMILIA SUÁREZ SUÁREZ18
853-aA LAMAHERALDO CAMIÑA SUÁREZ340
8119A LAMAOBDULIA DOVAL CAL32
8120A LAMAOLINDA SUÁREZ HERMIDA38
8121A LAMAMARÍA VARELA MOREIRA44
8122A LAMAMANUEL CAL PERDIZ48
8123A LAMADIGNA Mª AMORIN PIÑEIRO+244
8124A LAMASALADINA PIÑEIRO CAL40
8125A LAMAALSIRA CASTRO COTA39
8126A LAMAAGRIPINA VILLAR PÉREZ40
8127A LAMAOBDULIA DOVAL CAL30
8128A LAMAHERALDO CAMIÑA SÚAREZ38
8130A LAMAMANUEL CAL FERREIRA+531
8131A LAMAAGRIPINA VILÁN PÉREZ24
8132A LAMAHERCULINA AMOEDO CABIRTA18
8133A LAMAREGINA PIÑEIRO CENDÓN18
8134A LAMAÁLVARO CAMIÑA S-N20
8135A LAMAISOLINO COSTAL LOIS28
8136A LAMASALADINA PIÑEIRO CAL30
8137A LAMAELVIRA SUÁREZ S-S28
8138A LAMAEMILIA CAMIÑA SUÁREZ+228
8139A LAMAEMILIA SUÁREZ SUÁREZ28
8140A LAMASALADINA PIÑEIRO CAL28
8141A LAMAAMANDA ASPERA TRIGO28
8142A LAMAREGINA PIÑEIRO CENDÓN+230
8143A LAMAAGRIPINA VILÁN PÉREZ38
8778A LAMAMONTE VECIÑAL PQ XENDE3.440
8902A LAMAVALENTINA S-P S-N2.980
8920A LAMAMONTE VECIÑAL PQ XIESTA14.200

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme á normativa aplicable.

Peticionario e promotor: Hidrofreixa, S.L.

Enderezo: Avda. José Antonio, 21, 36830 A Lama, Pontevedra.

Representante: Julio A. Bernárdez Piñeiro.

Denominación do aproveitamento: C.H. de Moledo.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal : 4.000 l/s.

Corrente de derivación: Oitavén ou de Xiesta.

Tramo ocupado (Cotas): 185,5-30 m.

Desnivel: 155,5 m.

Altura do azude: 11,5 m.

Potencia: 4.800 KW.

Termo municipal onde se sitúa a toma e demais obras:

Concellos de Ponte-Caldelas e Fornelos de Montes (Pontevedra).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade á cota do leito de 180 m (uns 470 m augas abaixo da presa de Eiras) cunha lonxitude de coroación aproximada de 43,4 m. Presenta un vertedoiro de labio fixo cun limiar á cota de 185,5 m, cunha lonxitude de vertido de 22 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo dereito a obra de toma e un desaugadoiro de fondo.

O azude presenta, na marxe dereita, unha toma de sección rectangular de 3,7 m x 2,2 m e, a continuación, unha transición desde o azude ata a canle de 10 m de lonxitude e 3,70 m de largura.

-Canle de derivación.

A conducción realízase mediante unha canle de sección trapezoidal, cunhas dimensións interiores de 2 m de alto, 1,70 m de base inferior e 1,90 m de base superior, que discorre a media ladeira e ten unha lonxitude total de 4.320 m.

-Cámara de carga.

Situada ó final da canle, ten unhas dimensións en planta de 16 m x 8 m, sendo a súa altura de 4 m. Presenta comporta á entrada da canle, escorredoiro de 10 m de lonxitude, comporta na arrincada da tubería e desaugadoiro de fondo.

-Tubería forzada.

A tubería forzada é de chapa de aceiro helicosoldada cun diámetro interior de 1.300 mm e unha lonxitude de 421 m.

-Central.

Proxéctase un edificio con cota de soleira de 34 m, de planta rectangular, de dimensións 29,2 m x 12 m e 8 m de altura e sendo a súa estructura de formigón armado. O acceso farase alargando o camiño que vai ata Moledo.

-Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante dúas canles de restitución de 2,5 m de largo cada un desde o foso de turbina ó río perpendicularmente. A cota de desaugamento é a 30 m.

-Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dous grupos xeradores xemelgos formados por unha turbina Francis de eixe horizontal, 1.000 r.p.m. para 2 m/s e un salto de 147 m (potencia de 2.400 kW. cada unha); o xerador é síncrono 2.500 kVA, 6 kV de tensión e 1.000 r.p.m.

-Dous transformadores de 2.500 kVA, relación de transformación 6 kV/15-20 kV.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa os que a seguir se indican cos seus propietarios:

PREDIOS PROPIETARIOS AFECC.

NOME E APELIDOS ENDEREZOCONCELLOSUP. M

COMUNIDADE MONTE VECIÑAL DE CALVOSCALVOSFORNELOS DE M500
COMUNIDADE DE MONTE VECIÑAL DE BARBUDOBARBUDOPONTE-CALDELAS900
COMUNIDADE DE MONTE VECIÑAL DE BARBUDOBARBUDOPONTE-CALDELAS19.300
COMUNIDADE DE MONTE VECIÑAL DE INSUAINSUAPONTE-CALDELAS23.900
COMUNIDADE DE MONTE VECIÑAL DE INSUAINSUAPONTE-CALDELAS2.650
FLOREANO PAZO VÁZQUEZINSUAPONTE-CALDELAS120
HDOS. DE ORGE GARRIDOINSUAPONTE-CALDELAS272
HDOS. DE ORGE GARRIDOINSUAPONTE-CALDELAS80
CONSUELO VÁZQUEZ AMOEDOINSUAPONTE-CALDELAS250
HDOS. DE ORGE GARRIDOINSUAPONTE-CALDELAS480
HDOS. DE ORGE GARRIDOINSUAPONTE-CALDELAS432
HDOS. DE ORGE GARRIDOINSUAPONTE-CALDELAS260
JOSÉ CERNADASINSUAPONTE-CALDELAS90
FLOREANO PAZO GARRIDOINSUAPONTE-CALDELAS105
ISAURA VIDAL VÁZQUEZINSUAPONTE-CALDELAS80
FLOREANO PAZO VÁQUEZINSUAPONTE-CALDELAS120
FLOREANO PAZO GARRIDOINSUAPONTE-CALDELAS150
MANUEL VÁZQUEZ AMOEDOINSUAPONTE-CALDELAS70
CARMEN LEIRO BOULLOSAINSUAPONTE-CALDELAS240
JOSE CERNADASINSUAPONTE-CALDELAS75
RAFAEL TABOASINSUAPONTE-CALDELAS70
JOSE CERNADASINSUAPONTE-CALDELAS130
RAFAEL TABOASINSUAPONTE-CALDELAS48
JOSÉ CERNADAS SENRAINSUAPONTE-CALDELAS30
HDOS. DE ORGE GARRIDOINSUAPONTE-CALDELAS108
JOSE CERNADAS SENRAINSUAPONTE-CALDELAS95

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

Peticionario e promotor: Hidroeléctrica de Cotobade, S.L.

Representante: Camilo Pazos Solla.

Enderezo: r/ Grosa, 14, Almofrei, 36858 Cotobade, Pontevedra.

Denominación do aproveitamento: A.H. de Cortegada.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal : 2.000 l/s.

Corrente de derivación: Oitavén ou de Xiesta.

Tramo ocupado (cotas): 642-420 m.

Desnivel: 222 m.

Altura do azude: 4 m.

Potencia: 3.787 kW.

Termo municipal onde se sitúa a toma e demais obras:

Concello da Lama (Pontevedra).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade á cota do leito 639 m cunha lonxitude de coroación aproximada de 17 m toda ela de vertido a cota 642 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo esquerdo a obra de toma e un desaugadoiro de fondo, e no dereito unha escala para peixes.

A obra de toma, na marxe esquerda, presenta unha cámara de sedimentación, que pola súa vez, fai a función de cámara de carga.

-Conducción de derivación e forzada.

A conducción realízase mediante unha tubería de presión que discorre enterrada en toda a súa lonxitude (2.450 m). O primeiro tramo, de derivación, é de 1.600 m de lonxitude e 1500 mm de diámetro e, o segundo tramo, de 1.000 mm de diámetro, ten unha lonxitude de 850 m e corresponde á tubería de carga.

-Central.

Proxéctase un edificio á cota de explanación 421 m de planta rectangular de dimensións 13 m x 12 m e 5,8 m de altura. A estructura do edificio é de formigón armado.

-Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución desde o foso de turbina ó río perpendicularmente. A cota de desaugamento é a 420 m.

-Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Un grupo xerador formado por unha turbina Pelton de eixe horizontal, 458 r.p.m. para 2 m/s e un salto de 214,5 m cunha potencia de 3.787 kW; o xerador é síncrono de 3.786 kW, 6 kV de tensión e 458 r.p.m.

-Transformador de 4.500 kVA, relación de transformación 20.000/6.000 V.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa os que a seguir se indican cos seus propietarios:

PREDIOSPROPIETARIOS

POL.Nº PAR.CONCELLONOME E APELIDOS

9697A LAMAMONTE VECIÑAL PQ XIESTA
7902A LAMAMONTE VECIÑAL PQ XIESTA
7833A LAMAVÍCTOR MARTÍNEZ CENDÓN E 2 MÁIS
7834A LAMAISOLINO CENDÓN TRIGO
7840A LAMAMANUEL COSTAIL LOIS
7841-a-bA LAMAELSA AMORÍN PILEIRO E 4 MÁIS
7842-a-bA LAMAMANUEL OUBILA OROSO E 4 MÁIS
7851A LAMAHERMITAS CLARO PILEIRO E 1 MÁIS
7852A LAMAMª GENEROSA GARRIDO ALDIR
7853A LAMAÁNGEL OUBILA OROSO E 1 MÁIS
7854A LAMAFLORENTINA PILEIRO CAL
7855A LAMAMª GENEROSA GARRIDO ALDIR
7856A LAMADIVINA ALDIR COSTAL E 1 MÁIS

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

Peticionario e promotor: Aprovechamientos Fluviales de Asturias, S.A.

Enderezo: Velázquez, 31-2º, Madrid.

Representante: Carlos López de Toledo y Ortiz.

Denominación do aproveitamento: C.H. río Xiesta.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal : 2.250 l/s.

Corrente de derivación: Oitavén ou de Xiesta.

Tramo ocupado (cotas): 580-399 m.

Desnivel: 181 m.

Altura do azude: 5,5 m.

Potencia: 3.415 kW.

Termo municipal onde se sitúa a toma e demais obras:

Concello da Lama (Pontevedra).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade á cota do leito 578 m cunha lonxitude de coroación aproximada de 23 m. Presenta un vertedoiro de labio fixo cun limiar á cota 580 m, e unha lonxitude de vertido de 15 m. O azude de derivación ten unha planta recta

e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo dereito a obra de toma e un desaugadoiro de fondo, e no esquerdo unha escala para peixes.

Utilizaranse como accesos camiños existentes.

A obra de toma, na marxe dereita, presenta unha cámara de sedimentación de 12 m de longo por 4 m de largo. Esta cámara está provista dun vertedoiro que permite elimina-los caudais excedentes.

-Canle de derivación.

A canle discorre a media ladeira cunha lonxitude total de 1.500 m. A súa sección é rectangular de 1,70 m de base por 1,45 m de altura.

Esta canle está pechada por enriba, discorrendo o camiño de servicio por enriba da propia canle.

-Cámara de carga.

A canle desemboca nunha cámara de carga de 12 m de lonxitude por 4 m de largo e uns 3 m de altura.

-Tubería forzada.

A tubería forzada é de chapa soldada de 1.000 mm de diámetro e 8 mm de espesura, a súa lonxitude é duns 518 m e ten catro tramos de diferentes pendentes. Inmediatamente antes da entrada á central, bifúrcase.

-Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 16 m x 7 m. A estructura do edificio é de cantería de granito e cuberta de lousa ou tella árabe.Utilizaranse como accesos camiños existentes.

-Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución desde o foso da turbina ó río perpendicularmente. A cota de desaugamento é a 399 m.

-Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dous grupos xeradores formados por dúas turbinas Francis de eixe horizontal, 1000 r.p.m.; o xerador é asíncrono 1.708 kW, 6 kV de tensión e 1.000 r.p.m.

-Transformador de 4.160 kVA, relación de transformación 6.000/20.000 V.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa ou imposición de servidumes os que a seguir se indican cos seus propietarios:

PREDIOSPROPIETARIOSAFECC.

POL.Nº PAR.

DENOMIN.CONCELLONOME E APELIDOSSUP. M

8875SAIMASA LAMASALADINA GARRIDO ALDIR1.021
8885SAIMASA LAMAHERMITAS CLARO PIÑEIRO+1559
8886SAIMASA LAMAHERMITAS CLARO PIÑEIRO+1626
8876SAIMASA LAMAELSA AMORÍN PIÑEIRO+4552
8884SAIMASA LAMAELSA AMORÍN PIÑEIRO+4274
8887CAMAREIROA LAMAELSA AMORÍN PIÑEIRO+41.344
8M. VECINALA LAMACOMUNIDADE V. M. XIESTA20.000

Inscrición Rexistral da Comunidade Veciñal do Monte de Xiesta: inscrito o 30 de xuño de 1982 no tomo 134, libro 30, folio 125, predio 3.551, inscrición 1ª e única do Rexistro da Propiedade de Ponte-Caldelas (Pontevedra).

* Estudio de efectos ambientais.

Este documento xa foi obxecto de información pública e demais trámites preceptivos, sendo dictada a correspondente declaración de efectos ambientais polo órgano ambiental competente. En consecuencia, en relación á petición deste promotor terase en conta en materia de medio ambiente esta declaración na fase procedemental oportuna.

5823