Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 22 de agosto de 1997 Páx. 8.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1997, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de dietética nas cociñas deste complexo hospitalario, mediante procedemento aberto. (Expediente 22/1997).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6-6) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Hospital de Conxo. Rúa Ramón Baltar s/n, 15706 Santiago. Teléfono: (981) 54 05 39. Fax: (981) 53 12 55.

2. a) Categoría do servicio e descrición: Servicio de Dietética nas cociñas do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Importe de 48.999.984 ptas., IVE incluído.

b) Clasificación: grupo III, subgrupo 8, categoría A.

3. Lugar de execución: nas cociñas dos centros do complexo hospitalario: Hospital Xeral de Galicia, Hospital Gil Casares e Hospital de Conxo (que inclúe o Psiquiátrico de Conxo).

4. a) Posibilidade de que, de acordo coas normas legais, regulamentarias ou administrativas, se reserve a prestación do servicio a unha determinada profesión: ver pregos de prescricións técnicas.

b) Referencia á dita norma legal, regulamentaria ou administrativa: ver pregos de prescricións técnicas.

c) Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indica-los nomes e a cualificación profesional do persoal responsable da execución do servicio: ver pregos de prescricións técnicas.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten para unha parte dos servicios de que se trate: licitación á totalidade do servicio.

6. Duración do contrato ou prazo para realiza-lo servicio: dous anos, desde o 1 de setembro de 1997 ata o 31 de agosto de 1999, ou desde a data de comezo da vixencia do contrato que se outorgará, se fose posterior ó 1 de setembro de 1997, ata o efectivo cumprimento dos dous anos previstos.

7. a) Nome e enderezo do servicio ó que se pode solicitar a documentación pertinente:

Contratación Administrativa. Hospital de Conxo, rúa Ramón Baltar s/n, 15706 Santiago de Compostela, Tel.: (981) 54 05 39. Fax: (981) 53 12 55.

Data límite de recepción de ofertas: 22-9-1997.

8. a) Persoas admitidas a asistiren á apertura de plicas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: na sala de xuntas do Hospital de Conxo a partir das 10 horas do día 3-10-1997.

9. Garantías esixidas:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación.

b) Definitiva: 4% do orzamento máximo autorizado.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes: o pagamento será mensual, por mensualidades vencidas, logo da presentación de factura.

11. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 da Lei

13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

12. Datos referentes á situación do prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que se deberá axusta-lo prestador de servicios: as condicións que se establecen no prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas.

13. Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: durante tres meses, desde a data de apertura das proposicións.

14. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato e, se é posible, orde de importancia: os que se establecen no apartado 10 da folla de especificacións.

15. Información complementaria: calquera outra información se solicitará ó servicio que figura no punto 1.

16. Data de envío do anuncio: 31-7-1997.

17. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 1997.

Ignacio Martínez González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela

5521