Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 02 de setembro de 1997 Páx. 8.429

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 1997 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de xullo de 1997 pola que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

O desenvolvemento das novas estructuras orgánicas da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia aprobadas polos decretos 338/1996, do 31 de outubro (DOG nº 220, do 11 de novembro) e 158/1997, do 18 de xuño (DOG nº 125, do 1 de xullo), así como a necesidade de incorporar os postos transferidos á Xunta de Galicia plos reais decretos 92/1996, do 26 de xaneiro, e 1790/1996, do 19 de xullo, en materia do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA, antigo SENPA) e polo Real decreto 93/1996, do 26 de xaneiro, en materia de desenvolvemento rural (transferencias asumidas polos decretos 76/1996, do 29 de febreiro, DOG nº 47, do 6 de marzo, e 339/1996, do 13 de setembro, DOG nº 182, do 17 de setembro), fan necesario aprobar unha nova relación de postos de traballo da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

Na súa virtude, por proposta da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 30 de xullo de 1997 adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aproba-la relación de postos de traballo do persoal funcionario e laboral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita relación de postos de traballo no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Quedan sen efecto as relacións de postos de traballo da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia aprobadas con anterioridade que estean afectadas polas incluídas no presente acordo.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 30 de xullo de 1997, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique a devandita relación no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Novos códigos de formación específica

721.-Enxeñeiro agrónomo, enxeñeiro técnico agrícola ou funcionarios antiga escala de axentes de extensión agraria ou antiga escala de axentes de economía doméstica (R.I).

722.-Titulación enxeñería técnica agrícola ou pertencer ó corpo de inspectores de calidade do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (R.I.).

723.-Enxeñeiro agrónomo, enxeñeiro técnico agrícola ou funcionario antiga escala de axente de extensión agraria (R.I.).

979.-Experiencia en xestión da P.A.C.

980.-Experiencia en intervención e regulación de mercados.

981.-Experiencia en inspección de axudas P.A.C. e intervención e regulación de mercados.

984.-Experiencia en xestión de fondos FEOGA (R.I.).

6680