Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 02 de setembro de 1997 Páx. 8.544

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (130/1997).

En virtude do acordado polo xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira, Ramón

Eloy Rodríguez Frieiro, e de conformidade con providencia dictada nesta data nos autos de divorcio (5*) 000130/1997, seguidos por instancia de Ramón Otero Vilasoa, representado pola procuradora Concepción Peleteiro Bandín, contra Amparo Barbeito Fenández, maior de idade, casada, de quen se ignora o seu actual domicilio e paradoiro e na providencia da cal se acordou empraza-la referida demandada para que no termo de vinte días compareza nestes autos en legal forma e contestando a demanda presentada, coa prevención de que, se non comparece, será declarada rebelde e recaerá sobre ela o prexuízo ó que houbese lugar en dereito.

E para a súa inserción no DOG e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado, para que lle sirva de emprazamento en legal forma á devandita demandada, expido o presente edicto en Ribeira o dezanove de xuño de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

4785