En virtude do acordado en resolución desta data, nos autos de referencia, pola presente cédula cítase de remate ó referido demandado Tramagal Gransportes, SL, co fin de que dentro do termo improrrogable de nove días hábiles se opoña á execución contra este despachada, se lle conviñese, comparecendo nos autos por medio de avogado que o defenda e procurador que o represente, apercibíndoo de que de non verificalo será declarado en situación de rebeldía procesual e que recaerán sobre el os prexuízos ós que houbese lugar en dereito. Faise constar expresamente que, por descoñecerse o paradoiro do demandado, se practicou embargo sobre bens da súa propiedade sen previo requirimento de pagamento.
Principal: setecentos tres mil seiscentos un.
Xuros gastos e custas: trescentos cincuenta mil.
En Santiago de Compostela o cinco de xuño de mil novecentos noventa e sete.
O/a secretario/a
Rubricado
6227