Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 03 de setembro de 1997 Páx. 8.555

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 230/1997, do 30 de xullo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ó título de técnico en operacións, control e mantemento de máquinas e instalacións do buque.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lle corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación de dito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982 sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 725/1994, do 22 de abril, estableceu o título de técnico en operacións, control e mantemento de máquinas e instalacións do buque e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido pro

fesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese seguindo unha estructura común a tódolos currículos de formación profesional, tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste Decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

As ditas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que debería ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (F.C.T.) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidos- do centro de traballo. As actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Para completa-lo currículo, o centro docente dispón dun determinado número de horas lectivas que, xunto co módulo de formación en centros de traballo,

permitirán a súa adaptación ás necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socio-productivo e responderá ás características do alumnado.

O exposto anteriormente permitirá que o centro educativo realice o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-profesionais e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de xullo de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

1. Identificación do título.

Artigo 1º

Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó titulo de técnico en operacións, control e mantemento de máquinas e instalacións do buque regulado polo Real decreto 725 de 1994, polo que se aproban as ensinanzas mínimas e na normativa que o desenvolva ou modifique.

Artigo 2º

A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no apartado 1 do anexo deste decreto.

2. Perfil profesional.

Artigo 3º

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realización e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no apartado 2 do anexo deste decreto.

3. Currículo do ciclo formativo.

Artigo 4º

1. O currículo do ciclo formativo é o que se establece no apartado 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

2. Os centros disporán dun número determinado de horas para poder adapta-lo currículo do ciclo formativo ó seu propio ámbito educativo.

4. Ordenación académica e impartición.

Artigo 5º

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son

as que se expresan no apartado 4.1.1 do anexo deste decreto.

2. As equivalencias de titulación a efectos de docencia, son as que se expresan, se é o caso, no apartado 4.1.2 do anexo deste decreto.

Artigo 6º

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no apartado 4.2 do anexo deste decreto.

Artigo 7º

1. As persoas que acceden mediante proba a este ciclo formativo poderán unha vez que o superen cursa-las modalidades do bacharelato indicadas no apartado 4.3.1 do anexo deste decreto.

2. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos apartados 4.3.2 e 4.3.3 do anexo deste decreto.

3. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos Ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

Artigo 8º

Os módulos deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no apartado 4.4 do anexo deste decreto.

Disposición adicional

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adecuará as ensinanzas dos ciclos formativos ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas. En particular, regulamentará a forma en que os centros debidamente autorizados poderán ofertar de forma parcial os ciclos formativos.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

1.1. Denominación: operación, control e mantemento de máquinas e instalacións do buque.

1.2. Nivel: formación profesional de grao medio.

1.3. Duración do ciclo formativo: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral

Manexar, controlar e mante-lo sistema de propulsión e os equipos e instalacións do buque. Reparar elementos dos sistemas e equipos a flote. Organizar e controla-la seguridade e supervivencia a bordo.

2.2. Capacidades profesionais.

* Capacidade técnica para:

-Interpreta-los parámetros de funcionamento das máquinas, motores e xeradores eléctricos relacionados tanto co sistema de propulsión como cos demais servicios auxiliares e instalacións do buque.

-Actuar con destreza no manexo, control, mantemento, montaxe e desmontaxe das máquinas, motores e instalacións do buque.

-Participar xunto cos Técnicos Superiores (Xefes de Máquinas) e Inspectores nas probas, melloras e ensaios que permitan un mellor aproveitamento da instalación, sen contradici-las especificacións de deseño establecidas por normas.

-Posuír visión de conxunto do funcionamento dos sistemas mecánicos e pneuma-hidráulicos con tódolos dispositivos e elementos eléctrico-electrónicos que interveñen neles.

-Executar un conxunto de accións, de contido politécnico e/ou polifuncional, de forma autónoma no marco das técnicas propias da súa profesión, baixo métodos establecidos.

* Capacidade para afrontar continxencias:

-Cando a ocasión o require, executa-las modificacións necesarias que posibiliten dar continuidade ós sistemas en condicións adecuadas ata que sexa posible unha solución definitiva do problema.

-No caso de emerxencia, actuar con prontitude e destreza, aplicando o plano de seguridade e utilizando os medios dispoñibles en caso de emerxencia.

-Resolver problemas e tomar decisións individuais seguindo normas establecidas ou precedentes, definidas dentro do ámbito da súa competencia e consultando as ditas decisións cando as súas repercusións económicas ou de seguridade sexan importantes.

* Capacidade para a dirección de tarefas:

-Organizar e dirixi-las instalacións de motores xeradores de propulsión e servicios de máquinas en buques de potencia limitada.

-Colaborar co servicio central de mantemento da casa armadora nos traballos relacionados coa súa responsabilidade.

-Manter comunicacións efectivas no desenvolvemento do seu traballo e, en especial, en operacións que esixan un elevado grao de coordinación entre os membros do equipo que as acomete, interpretando ordes e información, xerando instruccións claras con rapidez e informando e solicitando axuda ós membros que proceda do equipo cando se produzan continxencias na operación.

-Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, colaborando na consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, participando activamente na organización e desenvolvemento de tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e subordinados.

* Capacidade para adaptarse ó medio:

-Adaptarse a situacións técnicas diversas que inclúan a mobilidade laboral cara a outras actividades.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

Este técnico está chamado a actuar baixo a supervisión xeral de técnicos de nivel superior ó seu, séndolle requiridas as capacidades de autonomía no/a:

-Xefatura das máquinas de buques de potencia limitada.

-Garda de navegación en buques de potencia limitada.

-Manexo e verificación dos parámetros de funcionamento das máquinas e motores xeradores de forza e realización de axustes.

-Regulacións e comprobacións das instalacións e sistemas eléctrico-electrónicos.

-Operacións de mantemento rutineiro, axuste, control, montaxe e desmontaxe de máquinas e motores, liñas e cadros de mando.

-Operacións de mantemento rutineiro de instalacións eléctricas, sistemas automáticos, instalacións frigoríficas e máquinas destinadas á producción.

-Operacións de mecanizado de pezas e unións soldadas.

-Reparación de instalacións automáticas pneuma-hidráulicas, instalacións eléctricas, instalacións automáticas, instalacións frigoríficas.

2.4. Unidades de competencia.

1. Verificar, controlar e mante-los parámetros de funcionamento do motor principal e das máquinas auxiliares.

2. Manexar, controlar e mante-los equipos e instalacións eléctricas.

3. Manexar, controlar e mante-los equipos e instalacións hidráulicas, pneumáticas e equipos de automatización.

4. Manexar, controlar e mante-los equipos e instalacións frigoríficas, de extracción, de elaboración, de procesado e de conservación.

5. Efectuar operacións de reparación en elementos e equipos a flotación e en seco.

6. Organizar e controla-la seguridade, supervivencia e asistencia sanitaria a bordo.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

Unidade de competencia 1: verificar, controlar e mante-los parámetros de funcionamento do motor principal e das máquinas auxiliares.

RealizaciónsCriterios de realización

1.1. Poñer en funcionamento os motores auxiliares e propulsores, controlando os parámetros de traballo.-As máquinas principais e auxiliares así como os seus circuítos están preparadas para o seu arranque, seguindo procedementos establecidos e utilizando as instruccións en inglés cando proceda.

-As operacións de enchido ou baldeirado dos aceites, auga e combustible, foron realizadas correctamente e postas nos seus niveis óptimos.

-Foi verificada a estanquidade da prensa ou selos da bucina.

-Os motores auxiliares e principal foron postos en funcionamento, comprobando que o circuíto de refrixeración da auga de mar e os parámetros de arranque (pneumáticos e eléctricos) son correctos.

-As alarmas acústicas e visuais de: presións, temperaturas e niveis de aceite, auga doce, auga salgada e combustible foron comprobadas e conectadas efectuando o axuste ó cadro principal de forza e alumeado e/ou a transferencia de mando á ponte para a propulsión.

-A parada por sobrevelocidade foi comprobada.

-As comunicacións ponte/máquinas e servo foron verificadas.

-A relación r.p.m., potencia, consumos, paso de hélice, velocidade foi verificada.

-As anomalías que durante a marcha do motor foron producidas sen ser advertidas polas alarmas (goteos nos circuítos, subida ou baixada de niveis, variacións incorrectas de temperatura), foron detectadas e controladas correctamente.

1.2. Xera-los axeitados servicios de fluídos a través das instalacións auxiliares.-Os servicios auxiliares dispuxéronse seguindo instruccións definidas previamente, utilizando os manuais en inglés cando proceda.

-Os circuítos dos diferentes servicios foron verificados correctamente, comprobando válvulas de seguridade, reguladores de presión e caudal.

RealizaciónsCriterios de realización

-A presión de aspiración e descarga das bombas dos diferentes servicios foron reguladas ós valores de traballo desexados.

-O aprovisionamento de combustible, operacións de lastre e deslastre realizouse segundo normas de seguridade e seguindo as indicacións do Libro de estabilidade en colaboración co oficial de cuberta.

-O equipo de trasfega foi verificado antes de ser utilizado adoptando as precaucións e regulacións nacionais e internacionais para a toma e trasfega de combustibles.

-As r.p.m. das depuradoras de aceite e combustible foron comprobadas, así como regulada a temperatura de aceite que se debe depurar.

-Verificouse que os compresores de aire subministran as presións correctas ós diferentes servicios de arranque, mando e manobra.

-O xerador de auga potable foi verificado, producindo o baleiro e presión de servicio desexado para a producción de auga.

-O caudal de auga salgada posta en circulación e as p.p.m. do xerador de hipocloritos, foron regulados correctamente.

-O servicio de xeración de vapor foi verificado e está dentro dos parámetros normais de funcionamento.

1.3. Efectuar operacións de mantemento do motor principal e auxiliares segundo planos e procedementos establecidos.-As operacións de mantemento realízanse segundo manuais de instruccións, en inglés cando proceda, e fichas de traballo/repostos/servicios.

-O taller foi ordenado e os seus equipos e ferramentas están en condicións para ser utilizados inmediatamente.

-O cambio de aceite, a substitución e limpeza de filtros, realizáronse de acordo coas instruccións dos manuais respectivos.

-A limpeza, cambios de tobeiras e tarado das presións de inxectores foron realizados segundo instruccións do manual de mantemento, así como purgado o circuíto correctamente.

-As válvulas de admisión e escape, foron regradas axeitadamente segundo instruccións dos manuais de mantemento.

-As operacións de limpeza dos intercambiadores de calor realízanse cando os parámetros de presión e temperatura así o aconsellan.

-Os electrodos de acendido dos xeradores de vapor foron limpados ou substituídos segundo os casos.

-Verificouse que a secuencia de arranque/parada do xerador de vapor e sistemas de seguridade actúan correctamente.

-As fichas de mantemento foron cubertas segundo as operacións realizadas.

-Os libros de mantemento están permanentemente actualizados.

-As operacións de mantemento cando se efectúan substitucións de elementos foron realizadas seguindo métodos normalizados de desmontaxe e montaxe.

-Nas operacións de montaxe e desmontaxe aplicáronse correctamente os pares de aperte establecidos polo constructor.

RealizaciónsCriterios de realización

1.4. Reparar e substituír elementos avariados, en tempo e forma axeitados.-Os materiais de taller foron subministrados na cantidade precisa e coa calidade axeitada para realiza-las operacións de reparación.

-Verificouse que os repostos esixidos pola administración e sociedades clasificadoras para tódalas máquinas e equipos están en condicións óptimas de conservación para a súa utilización inmediata e o inventario deles ó día.

-A separación da culata e montaxe hermética sobre o bloque, despece, limpeza e axuste de válvulas realizouse correctamente.

-O conxunto pé de biela-pistón foi desmontado, limpado e montado correctamente, substituíndo axeitadamente bulóns e segmentos.

-A camisa foi limpada e medida correctamente verificando despois da súa montaxe que a xunta da faldilla pecha perfectamente.

-Os circuítos de combustible, refrixeración e engraxe e as súas bombas foron revisadas e montadas correctamente substituíndo pezas gastadas ou rompidas axeitadamente.

-A turbo soprante foi desmontada, limpada, reparada e montada correctamente.

-Verificouse o funcionamento correcto do sistema de arranque desmontando e substituíndo pezas desgastadas ou rompidas axeitadamente.

-As pezas desgastadas e rompidas, de fácil recuperación, foron reparadas mediante operacións de soldadura eléctrica ou autóxena.

-A revisión, limpeza e substitución de elementos realizáronse seguindo métodos normalizados de montaxe e desmontaxe.

-A desmontaxe, a limpeza, o rectificado, o esmerilado, a montaxe e o empaquetado de válvulas foron realizados correctamente.

-A medición e o esbozado de pezas realizouse utilizando correctamente os instrumentos de medida e os sistemas de representación normalizados.

Dominio profesional

Medios de producción ou tratamento da información: rodo de verificación, calibres fixos, calibre de roscas, calzos, galgas, pé de rei, comparador, micrómetro, micrómetro de profundidades, micrómetro de interiores, goniómetro. Motores diesel, turbinas de sobrealimentación, reguladores de velocidade, compresores de aire, depuradoras de gas-óleo e aceite, servicios de auga doce, servicios sanitarios, servicios contra incendios e lastres, bombas centrífugas e rotativas, xeradores de auga, xeradores de vapor, xeradores de hipoclorito sódico, reductores, inversores de velocidade, hélices de paso regulable, liñas de eixes, válvulas. Intercambiadores de calor. Arrefriadores.

Procesos, métodos e procedementos: sistemas de arranque pneumático e eléctrico, refrixeración, lubrificación, producción de auga doce por evaporación e osmose inversa; control de presións, niveis e temperaturas. Arranque e control durante a marcha de motores diesel, montaxe e desmontaxe de conxuntos

mecánicos, tarado de inxectores; substitución de válvulas, coxíns e segmentos en motores diesel; substitución de impulsores e coxíns en bombas centrífugas, reparación de bombas rotativas, substitución de válvulas en circuítos. Lectura do nonio (métrico e polgadas). Medición co goniómetro; comprobación de paralelismos, concentricidades, excentricidades; comprobación de paralelismos interiores en superficies cilíndricas. Vocabulario mecánico en inglés técnico. Procesos de soldadura.

Información: natureza, tipo e soportes: unións roscadas, tipo de roscas, pares de aperte; manual de instruccións e características técnicas das máquinas e equipos, planos do buque. Libro de estabilidade, fichas de traballo, certificados do buque, pólizas de seguros.

Unidade de competencia 2: manexar, controlar e mante-los equipos e instalacións eléctricas.

RealizaciónsCriterios de realización

2.1. Controlar los parámetros de funcionamento dos xeradores no cadro de distribución de enerxía, realizando o axuste e a distribución de cargas dos xeradores eléctricos segundo as demandas de forza e iluminación.-Os xeradores eléctricos están a producir enerxía nos réximes establecidos (v, Hz, factor de potencia, potencia reactiva).

-Comprobouse que non existen derivacións á terra no sistema eléctrico e liñas de distribución.

-Verificáronse tódalas lámpadas de sinalización no cadro principal de distribución.

-Os instrumentos de medida do cadro principal foron verificados.

-Comprobouse que os xeradores que hai que axustar están en voltaxe e frecuencia sincronizada.

-Fíxose o reparto de cargas de enerxía seguindo lecturas dos aparatos de medida e reguladores de velocidade desde o cadro principal.

-Comprobouse que os interruptores automáticos dos distintos xeradores e dos servicios non indispensables abren o circuíto no caso de sobrecarga coa conseguinte alarma acústica e visual.

-Os relés de inversión de potencia foron comprobados e funcionan correctamente.

2.2. Realizar operacións de mantemento de xeradores e motores eléctricos en forma e tempo axeitados.-Os planos, esquemas eléctricos e demais documentos técnicos das instalacións, sistemas e equipos foron interpretados correctamente e en inglés cando procedeu.

-Verificouse que o estado de: vasoiriñas, anel de roce, aperte de bornes, resistencias de calefacción e a limpeza interior das unidades de regulación estática e dinámica é correcta.

-Substituíronse correctamente os elementos en mal estado (relés, contactores, bobinas e contactos).

-Verificouse o aperto de conexións de liñas en fichas de conexión.

-Verificáronse os axustes dos dispositivos de protección de motores eléctricos en función das características técnicas de cada motor.

RealizaciónsCriterios de realización

-Comprobáronse con pinzas amperimétricas os consumos de cada motor en fases independentes.

-Verificouse co axeitado aparato de medida que os illamentos de alternadores, liñas e motores son correctos e nunca inferiores ós esixibles polas normas.

-Verificouse que a ancoraxe, aliñamento e axustamentos flexibles de motores/alternadores con bombas, compresores e motores é correcto.

-Realizáronse os engraxamentos periódicos de rodamentos de motores eléctricos e a súa substitución de forma correcta.

-Bobinouse o motor co tamaño de fío e voltas axeitadas ás súas características técnicas.

-Reparáronse correctamente as pezas e elementos recuperables.

2.3. Realizar operacións de mantemento de paneis de distribución, control, forza e iluminación principal e de emerxencia, en tempo e forma axeitados.-Os planos, esquemas eléctricos e demais documentos técnicos das instalacións, sistemas e equipos foron interpretados correctamente, en inglés cando procedeu.

-Verificouse o aperto de conexións de liñas en fichas de conexión.

-Verificouse a limpeza interior de cadros de forza e iluminación.

-Verificouse o correcto estado dos contactores en: relés de potencia, cadros eléctricos e arrancadores.

-Substituíronse correctamente os elementos en mal estado (relés, contactores, bobinas e contactos).

-Reparáronse correctamente as pezas e elementos recuperables.

-A manobra de arranque dos equipos eléctricos foi comprobada correctamente.

2.4. Realizar operacións de mantemento de baterías de iluminación de emerxencia, en tempo e forma axeitados.-Verificouse que os bornes das baterías se limparon e engraxaron correctamente.

-Comprobouse que o nivel de líquido de tódolos vasos das baterías é o correcto.

-Comprobouse que a carga das baterías "vaso a vaso" é a axeitada.

-Comprobouse que os cargadores de baterías funcionan de forma axeitada, tanto en operación manual coma en automática.

-Comprobouse que a iluminación de emerxencia entra en funcionamento correctamente en automático, en caída de planta e manualmente.

-Comprobouse que o motor/xerador de emerxencia arrinca e axusta automaticamente á rede.

2.5. Controla-los parámetros de funcionamento de fontes de alimentación, transformadores e rectificadores de equipos electrónicos e de luces de navegación.-Comprobouse que o funcionamento das fontes de alimentación, transformadores e rectificadores están dentro dos parámetros establecidos.

-Verificouse que as fontes de alimentación se manteñen en lugares secos, ben ventilados e de fácil acceso.

-Verificouse o correcto funcionamento de relés, sinalización das fontes de alimentación e dos transformadores das luces de navegación.

Dominio profesional

Medios de producción ou tratamento da información: xeradores eléctricos, motores, transformadores, rectificadores, contactores, condensadores, relés, temporizadores. Dispositivos de protección. Voltímetros, amperímetros, frecuencímetros, fasímetros, vatímetros, tacómetros, densímetros. Lámpadas de terra e cosenos.

Información: natureza, tipo e soportes: planos e esquemas da instalación, balance eléctrico da potencia instalada, manual de instruccións. Diario de mantemento, inventario de reposto. Certificados. Electrostática e condensadores eléctricos. Magnetismo e electromagnetismo. Autoinducción. Corrente alterna. Tensións polifásicas. Rectificadores de corrente. Vocabulario eléctrico en inglés técnico.

Procesos, métodos e procedementos: circuítos eléctricos e electrónicos de mando e manobra. Sistemas de cargas de acumuladores. Sistemas de arranque. Bobinado de máquinas eléctricas. Montaxe de máquinas.

Unidade de competencia 3: manexar, controlar e mante-los equipos e instalacións hidráulicas, pneumáticas e equipos de automatización.

RealizaciónsCriterios de realización

3.1. Manexar, controlar e mante-los sistemas oleohidráulicos de mando, forza e control en tempo e forma axeitados, verificando que os parámetros de funcionamento son os correctos.-Verificouse que os niveis de aceite dos tanques de compensación das instalacións hidráulicas son os correctos repoñendo e purgando o circuíto.

-As alarmas acústicas e visuais dos niveis de aceite foron comprobadas.

-Foi verificada a parada automática das bombas por baixo nivel de aceite.

-O sistema hidráulico do servo temón traballa dentro dos parámetros establecidos.

-O sistema hidráulico das máquinas de pesca e os servicios do parque foron probados ó réxime de traballo establecido.

-Verificouse a estanquidade dos circuítos, substituíndo conductos flexibles ou reparando canalizacións mediante unións desmontables ou soldaduras se é necesario.

-Comprobouse que as presións de traballo son as establecidas.

-Verificouse que as temperaturas de traballo do aceite son as correctas.

-A substitución de elementos gastados ou rompidos en bombas, motores e distribuidores (paletas, rotores, discos, membranas, válvulas, rodamentos) foi realizada correctamente.

-Efectuouse a limpeza de filtros e arrefriadores en tempo e forma axeitados.

3.2. Manexar, controlar e mante-los sistemas pneumáticos de mando e control, verificando que os parámetros de funcionamento sexan os correctos.-Comprobouse que os compresores de aire traballan dentro dos parámetros establecidos.

-Comprobouse que a presión de auga e aceite de refrixe

ración dos compresores é a correcta.

RealizaciónsCriterios de realización

-Verificouse a estanquidade do circuíto substituíndo conductos flexibles e reparando canalizacións mediante unións desmontables e soldaduras.

-Verificouse que as seguridades das botellas de aire accionan á presión establecida.

-Verificouse que os separadores de aceite funcionan correctamente.

-Comprobouse que os secadores de aire funcionan correctamente, dentro dos parámetros de punto de orballo establecidos.

-Os reductores de presión, filtros e lubrificadores nos circuítos de mando e manobra traballan dentro dos parámetros establecidos.

-A substitución de elementos gastados ou rotos en compresores e motores pneumáticos (paletas, rotores, discos, membranas, válvulas, rodamentos) foi realizada correctamente, e seguindo as instruccións de manuais en inglés cando procedeu.

3.3. Axusta-los sistemas de regulación nos equipos de automatización ás necesidades de funcionamento requiridas.-A manobra de cambio de manual a automático e viceversa nos equipos de regulación foi realizado correctamente.

-As operacións de axuste e calibrado dos parámetros de traballo dos equipos de regulación efectuáronse axeitadamente.

3.4. Comproba-los sistemas de captación de información e corrixi-las anomalías producidas.-As verificacións necesarias para asegurar que os sistemas de captación de información operan correctamente foron realizadas con precisión.

-Os instrumentos de captación de información están a operar dentro dos límites normais de traballo.

-As anomalías de funcionamento pola variación dos parámetros de traballo foron detectadas e corrixidas.

-O mantemento de estes equipos foi realizado seguindo o plano de mantemento.

Dominio profesional

Medios de producción ou tratamento da información: hidráulicos: bombas, motores, reguladores e distribuidores. Pneumática: compresores, reguladores, separadores, secadores. Sensores, transductores e elementos de mando. Reguladores eléctricos e electrónicos, reguladores P, reguladores P.I., reguladores P.I.D., reguladores tipo "todo ou nada". Controlador programable, sistemas pneumáticos, oleohidráulicos de forza e manobra.

Información: natureza, tipo e soportes: libros de instruccións, planos e esquemas, diario de mantemento, inventarios, catálogos. Circuítos hidráulicos. Circuítos pneumáticos. Accionamento eléctrico-electrónico. Organización do mantemento. Vocabulario en inglés técnico de electrónica automática.

Procesos, métodos e procedementos: sistemas pneumohidráulicos. Circuítos lóxicos e secuenciais aplicados á pneuma-hidráulica. Sistemas de regulación eléctrico, pneumático e electrónicos. Control de procesos descontinuos. Técnicas de calibración dos instrumentos de captación de información.

Unidade de competencia 4: manexar, controlar e mante-los equipos e instalacións frigoríficas, de extracción, de elaboración, de procesado e de conservación.

RealizaciónsCriterios de realización

4.1. Verificar que o funcionamento das máquinas frigoríficas está dentro dos parámetros normais de traballo.-A regulación da instalación efectuouse seguindo os procedementos especificados no manual.

-Verificouse que os niveis de refrixerante e aceite das instalacións e máquinas frigoríficas son normais.

-Verificouse que os instrumentos de control, (manómetros) indican os valores reais.

-Comprobouse que os evaporadores están limpos de xeo.

-Os ventiladores de túneles funcionan correctamente.

-A hermeticidade das portas de túneles e cámaras foron comprobadas.

-As bombas de auga de condensadores subministran o caudal desexado.

-Os condensadores foron limpados correctamente cando os parámetros de presión e temperatura do refrixerante así o aconsellaron.

-Comprobouse que a secuencia de funcionamento eléctrico (cadro de mando e control) da instalación é correcta.

-Comprobouse a estanquidade do circuíto de refrixeración con lámpadas detectoras de fugas segundo os distintos tipos de refrixerante.

-Comprobouse que os consumos dos motores eléctricos de máquinas, bombas e ventiladores son normais.

-Os instrumentos de seguridade da instalación, presostatos e termóstatos de auga, aceite e refrixerante, foron probados, verificando o seu correcto funcionamento.

4.2. Detectar fallos nos equipos substituíndo os elementos avariados.-As fugas de refrixerante nos circuítos e máquinas frigoríficas foron localizadas e reparadas.

-Os cambios de aceite e filtros foron realizados correctamente evitando entradas de aire nos circuítos e facendo un axeitado purgado.

-A recuperación de aceite a través do separador fíxose correctamente tanto manual coma automaticamente.

-A substitución de productos secadores nos filtros realizouse seguindo os procedementos establecidos para evita-la entrada de aire na instalación.

-Substituíronse elementos dos equipos cando o diario de mantemento preventivo e as fichas de traballo de cada elemento o recomendan.

-As anomalías que durante o funcionamento da instalación se produciron sen ser advertidas polos avisadores automáticos (goteos nos circuítos, subida ou baixadas de niveis), foron detectadas e controladas correctamente.

4.3. Verificar e controla-lo almacenamento dos fluídos refrixerantes de reserva.-Os recipientes dos refrixerantes están ben estibados e ventilados.

-Comprobouse que os recipientes dos refrixerantes están en estado de conservación e uso correcto.

RealizaciónsCriterios de realización

-A liña de carga desde os recipientes (cuberta) á instalación foi comprobada, verificando o correcto estado das válvulas de reposición do refrixerante así como as de seguridade.

4.4. Verificar e controlar que o funcionamento dos equipos de producción e máquinas de pesca, está dentro dos parámetros normais de traballo.-As máquinas de pesca foron probadas dentro dos parámetros de traballo establecidos no manual.

-A parada de emerxencia da máquina de pesca foi probada e funciona correctamente.

-A transferencia de mando e control de local-ponte e viceversa está comprobada e é correcta.

-A comunicación megafonía de ponte-máquina foi probada e é correcta.

4.5. Verificar e controlar que o funcionamento dos equipos de elaboración e procesado están dentro dos parámetros normais de traballo.-As máquinas de elaboración e procesado de capturas están probadas e funcionan axeitadamente.

-Comprobouse que os circuítos de fluídos hidráulicos están estancos.

-Os mandos de parada de emerxencia dos equipos e instalacións dos servicios de elaboración e procesado probáronse e funcionan satisfactoriamente.

Dominio profesional

Medios de producción ou tratamento da información: compresores, Bombas, ventiladores, arrefriadores, motores, reguladores, cadros de mando, máquinas de pesca, lavadoras, descabezadoras, glaseadoras, cintas transportadoras. Fluídos frigoríxenos, productos secadores, aceites e graxas, presostatos, termóstatos, manómetros, termómetros eléctricos, válvulas, detectores de fugas, amperímetros. Instalacións de conservación.

Información: natureza, tipo e soportes: planos e esquemas. Manuais de funcionamento e mantemento. Diario de mantemento, inventarios. Calorimetría, transmisión de calor, illamentos térmicos. Higrometría, diagramas higrométricos. Vocabulario de inglés técnico de mecánica técnica.

Procesos, métodos e procedementos: sistemas de regulación de instalacións frigoríficas: revisión, posta en marcha e pasada. Sistemas e equipos de extracción, elaboración e procesado.

Unidade de competencia 5: efectuar operacións de reparación en elementos e equipos a flotación e en seco.

RealizaciónsCriterios de realización

5.1. Realizar operacións de soldadura por arco eléctrico na reparación e mantemento de equipos e sistemas.-As instalacións eléctricas (canalización eléctrica, interruptores, disxuntores e fusibles de potencia) foron correctamente verificados.

-A acometida de tensión 220/380 ós grupos de soldadura, monofásico ou trifásico, foi realizada segundo instruccións do fabricante.

RealizaciónsCriterios de realización

-As medidas de protección, tanto do soldador coma do espacio, foron aplicadas correctamente.

-O procedemento e método de soldadura utilizado foi elixido atendendo a criterios de calidade, corte e material utilizado.

-Regulouse correctamente a tensión necesaria para ceba-lo arco eléctrico.

-Regulouse correctamente a intensidade do equipo, tendo en conta o electrodo que hai que empregar, o tipo de unión e a posición da soldadura.

-Corrixíronse defectos da soldadura (roturas e tensións), identificando as posibles causas que as produciron.

5.2. Realizar operacións de soldadura e corte oxiacetileno na reparación e mantemento de equipos e sistemas.-As instalacións e equipos (botellas, conduccións, mano-reductores, sopretes, mangueiras) foron verificados correctamente.

-Comprobouse que a relación potencia de soprete, grosor da variña do metal de aportación, separación e preparación de bordos e grosor das partes que se deben unir é a axeitada.

-O procedemento e método de soldadura elixido (tipo de material de aportación, punteado de pezas) foi o correcto.

-As unións soldadas foron realizadas correctamente, non producíndose mordeduras de bordos nin gretas.

-A elección do soprete para o corte así como a súa preparación (tipo de soprete, regrado da chama de cale

facción, apertura do osíxeno) foi realizada correctamente.

-O corte foi realizado sen producir gargantas, fusión de arestas; cortes incompletos, defectuosos ou irregularidades localizadas.

-As incidencias no funcionamento dos equipos (desregulación da chama, detonacións, lume interno) foron resoltos satisfactoriamente.

5.3. Realizar operacións de mecanizado de pezas con máquinas ferramentas (tornos, trades) en tempo e forma axeitados.-A montaxe da peza no prato ou entre puntos foi realizada correctamente.

-As ferramentas e útiles (tipo de coitelas, afiados, inclinación do carro, desprazamento do contrapunto) foron seleccionados e preparados segundo as características específicas da operación que se deba realizar.

-A velocidade de corte e o avance lonxitudinal e transversal das ferramentas (coitelas e trades) foron aplicadas en función da dureza do material, a ferramenta de corte e a operación específica que vaian realizar.

-A operación de mecanizado realizouse utilizando procesos e instrumentos de verificación que permiten coñecer e aplicar conceptos de tolerancia na fabricación.

-O roscado a man realizouse correctamente, seguindo normas e procedementos establecidos.

5.4. Realizar e verificar operacións de carenado do buque.-As medicións de caída de temón, folgo de pinzote, folgo de mecha de temón e caída de eixe de cola realizáronse con precisión seguindo instruccións recibidas.

-Verificouse o traballo dos cins de protección da corrosión, comprobando a súa substitución correcta e o illamento dos ánodos de correntes impresas.

RealizaciónsCriterios de realización

-Verificouse que a desmontaxe, limpeza, montaxe e estanquidade das válvulas de fondo de tomas de mar, filtros de fondo así como as válvulas de descarga ó mar, realizouse correctamente.

-Verificouse que a limpeza de toda a carena así como a aplicación das distintas capas de pintura foi realizada correctamente.

-Verificouse que a limpeza dos proxectores de sondas, corredeira e domosónicos de sonares realizouse correctamente.

-Verificouse o estado da hélice propulsora e das hélices transversais e comprobouse que o estado dos gardacabos do eixe de cola son correctos.

-A empaquetadura da bobina do eixe de cola foi substituída correctamente.

-Verificouse a estanquidade dos selos mecánicos da bucina do eixe de cola.

-Comprobouse o estado de conservación da cadea da áncora, verificando que o sistema de refrixeración do escobén, cáncamo de arraigado e sistema de achicamento da caixa de cadeas é correcto.

Dominio profesional

Medios de producción ou tratamento da información: equipo de soldadura eléctrica, equipo de soldadura oxiacetilénica e oxicorte, torno convencional, tradeadora, limadora e fresadora.

Información: natureza, tipo e soportes: material base: tipo de electrodos, características, natureza e codificación destes. Tipo de máquinas de soldar. Normas de seguridade para a soldadura en talleres e tanques. Planos estructurais do buque (disposición xeral, servicios xerais, liña de eixes, distribución de protección catódica e planos de varada). Libros de instruccións, inventarios, diario de mantemento. Vocabulario de inglés técnico.

Procesos, métodos e procedementos: preparación de bordos, punteado e preparado de pezas.

Normas de soldeo con arco eléctrico e electrodo revestido, en tódalas posicións. Soldadura eléctrica: recarga en horizontal con pasadas anchas e estreitas; soldadura bordo a bordo rectos ou achafranados en plano; soldadura a ángulo interior ou a solape en plano; soldadura a ángulo exterior en plano; recarga sobre parede vertical con pasada estreita ou ancha, descendente e ascendente; soldadura vertical descendente en ángulo interior ou solape, bordo a bordo achafranado ou recta.

Normas de soldadura oxiacetilena: soldadura a tope en horizontal; soldadura horizontal en ángulo interior e exterior; soldadura en vertical ascendente de ángulo interior; soldadura en vertical ascendente a dobre cara; soldadura a solape en horizontal; soldadura en cornixa horizontal sobre plano vertical.

Mecanizado de pezas: suxeición de pezas (entre puntos ou ó aire), cálculo de velocidades, afiado de ferramentas, verificación de cortes e centrado de coitelas.

Refrentado e tradeado; torneado interior e exterior de superficies cilíndricas e cónicas; torneado interior e exterior de roscas, chafráns, puntas e rañuras; mecanizado de chaveteiros.

Unidade de competencia 6: organizar e controla-la seguridade, supervivencia e asistencia sanitaria a bordo.

RealizaciónsCriterios de realización

6.1. Organizar e controla-la seguridade no traballo, aplicando as medidas preventivas e normas legais establecidas.-O embarque e desembarque do persoal a bordo realizouse utilizando escalas e pranchas debidamente instaladas, seguindo normas e leis establecidas.

-As cubertas de traballo e corredores foron debidamente iluminados e provistos de cabos de seguridade e varandas.

-A tripulación que traballa sobre cuberta foi advertida das manobras que puideran ocasionar cambios repentinos de rumbo ou embarque perigoso de ondas.

-Os traballos sobre cuberta realizáronse sempre baixo a supervisión de un responsable de seguridade, establecéndose unha comunicación directa e segura entre este e a ponte de mando, prevendo situacións de perigo (cuberta engraxada, refugallo de peixes sobre cuberta, estiba incorrecta dos aparellos) e utilizando medios protectores axeitados.

-A laboura con cabos e arames realizouse utilizando medios protectores axeitados e os métodos e procedementos (código unificado de sinais, tensión de cabos e arames) que garanten a seguridade da tripulación.

-Durante as operacións de manipulación das máquinas observáronse correctamente as medidas preventivas (protección das partes perigosas) que fan nun traballo seguro.

-Os equipos eléctricos e instalacións de substancias perigosas foron protexidos e sinalizados segundo procedementos establecidos.

-Durante o traballo utilizáronse as roupas e calzados axeitados.

-Tódolos espacios dedicados á tripulación foron ben iluminados, asegurando a súa boa ventilación, calquera que sexa o estado do tempo.

6.2. Planificar e dirixi-las operacións de emerxencia en situacións de loita contra os incendios.-Os materiais, combustibles e inflamables, foron almacenados e estibados, tendo en conta os riscos de incendio que a súa natureza leva asociados e as medidas de seguridade establecidas.

-As principais fontes de ignición causantes dos incendios en instalacións, servicios e acomodacións foron controladas.

-O sistema de detección de incendios foi conectado e comprobado o seu correcto funcionamento.

-O sistema monitorizado de detección e extinción automático de incendios por aspersión de auga, foi conectado e comprobado o seu correcto funcionamento.

RealizaciónsCriterios de realización

-As instalacións fixas e equipos portátiles de extinción foron revisadas, asegurando a correcta disposición para o seu uso inmediato.

-A sinalización e organización para a loita contra os incendios foi realizada correctamente e a tripulación adestrada para afrontar calquera continxencia.

-A extinción simulada de pequenos incendios foi realizada eficazmente utilizando os extintores portátiles axeitados.

-A extinción simulada de incendios extensos producidos por hidrocarburos ou outros axentes combustibles ou inflamables realizouse eficazmente, utilizando aspersorios, dispositivos móbiles para lanzar escuma ou productos químicos en po.

-A extinción simulada de incendios en espacios pechados e cheos de fume realizouse eficazmente utilizando auga nebulizada ou calquera axente extintor apropiado coa axuda dun equipo de respiración.

-A operación de salvamento nun espacio pechado e cheo de fume utilizando un equipo de respiración foi realizada eficazmente.

6.3. Dirixi-las operacións de emerxencia, abandono do buque, supervivencia no mar, busca e rescate.-O cadro orgánico foi deseñado segundo as peculiaridades do buque e as normas internacionais que se deben observar para a súa elaboración (SOLAS III.Emenda 83, Regras 6, 53).

-Os exercicios e chamadas periódicas foron realizadas no tempo e na forma, regulados por normas nacionais e internacionais, informados os tripulantes e adestrados correctamente.

-Os equipos individuais e colectivos de salvamento foron correctamente sinalizados e revisados seguindo o "programa planificado de mantemento" establecido pola norma internacional (SOLAS III, Emenda 83, Reg.52), as anotacións pertinentes foron feitas no Libro Rexistro.

-Os equipos individuais de protección para a supervivencia (chalecos, traxes de inmersión) foron utilizados correctamente en tódalas circunstancias e situacións.

-A posta a flotación das embarcacións de supervivencia, o embarque nelas e a manobra realizouse axeitadamente en calquera circunstancia e situación.

-O adrizado da embarcación volteada realizouse correctamente en calquera circunstancia de mar e vento.

-O abandono do buque realizouse prevendo os efectos da inmersión no mar, utilizando as técnicas e procedementos axeitados, segundo as circunstancias.

-A supervivencia a bordo de balsas e botes organizouse tendo en conta aspectos psicolóxicos, meteorolóxicos (exposición á intemperie, hipotermia) e circunstanciais (peixes perigosos, lume, aceite).

-Os dispositivos radioeléctricos e equipos cos que se poden producir sinais de socorro foron utilizados axeitadamente, tanto a bordo coma desde as embarcacións de supervivencia.

-As manobras de recollida de náufragos, agrupamento de embarcacións de supervivencia, así como as accións necesarias nas operacións de busca e rescate, foron executadas correctamente.

RealizaciónsCriterios de realización

6.4. Dirixi-las operacións de emerxencia en situacións de inundación de compartimentos do buque.-O apontoamento de tabiques e os taponamentos de vías de auga foron realizados en tempo e forma axeitados.

-O achicamento dos espacios inundados realizouse utilizando os medios e sistemas axeitados.

6.5. Coordinar e aplicar medidas urxentes de asistencia sanitaria a enfermos e accidentados.-A caixa de urxencias do buque revisouse, posta ó día e alistado para o seu uso inmediato, identificándose os medicamentos e material de cura.

-O accidentado inconsciente colocouse en posición correcta e aplicouse a reanimación cardiorrespiratoria no caso de necesidade.

-A hemorraxia interna/externa do accidentado foi tratada aplicando as medidas sanitarias establecidas.

-As queimaduras causadas por corrente eléctrica, efecto da calor ou frío foron recoñecidas e aplicáronse as medidas indicadas segundo os casos.

-Realizouse a inmobilización completa do accidentado para o seu traslado no caso de sospeita de posibles lesións da columna vertebral.

-As fracturas, luxacións e lesións musculares foron recoñecidas, aplicándose as medidas de inmobilización necesarias.

-Os náufragos recibiron atencións sanitarias, especialmente nos casos de hipotermia, conxelación, deshidratación e asfixia por inmersión.

-O asesoramento médico por radio foi obtido utilizando os métodos e procedementos establecidos, e en inglés cando procedeu.

Dominio profesional

Medios de producción ou tratamento da información:

Medios de seguridade no traballo: Equipos de protección persoal e colectiva (guindolas, cintos, roupa, calzado, gafas, guantes, cascos). Caixa de urxencias.

Medios de detección e extinción de incendios: Equipo automático de detección de incendios e extinción con aspersorios de auga. Equipo automático de detección de incendios: Sistema monotorizado de detección, alarmas, detectores de fume, calor. Instalacións fixas de extinción de incendios con gases inertes: Sistemas de extinción con CO2. Sistema de extinción con Halón. Sistema de peche automático de portas e portelos. Bomba contra incendios de emerxencia. Rede de colectores de auga, bocas contra incendios. Instalacións fixas de extinción: espuma mecánica, po químico. Equipos portátiles de extinción: extintores portátiles de po, espuma química, espuma mecánica, gas inerte; mangueiras, lanzas, conexións, machadas. Equipos de respiración: autónomos, manuais. Traxe de bombeiro.

Medios de salvamento: (SOLAS, Emenda 83, Capt. III). Chalecos salvavidas ríxidos e inflables, aros salvavidas, traxes de inmersión intrinsecamente illante, non intrinsecamente illantes, axudas térmicas. Balsas salvavidas inflables, ríxidas, dispositivos de desprendemento hidrostático para balsas salvavidas. Balsas salvavidas arriables. Dispositivos de posta a flotación

para balsas salvavidas e botes de rescate. Botes de rescate. Botes salvavidas parcialmente pechados, botes salvavidas parcialmente pechados autoadrizables. Botes salvavidas totalmente pechados. Dispositivos de posta a flotación e de embarque. Equipos das embarcacións de supervivencia. Radiobaliza de localización, respondedor de radar, sinais pirotécnicos de socorro, heliógrafo. Equipos bidireccionais de comunicacións.

Estacións radioeléctricas portátiles de socorro.

Información: natureza, tipo e soportes: código de seguridade para pescadores, Parte A. Código regulamentación laboral española. Guía médica. Materiais inflamables e combustibles, clasificación dos incendios, química do lume, construcción e disposición dos tabiques e cubertas do buque. Manual MERSAR. Manual IMOSAR. Plano Nacional de Salvamento Marítimo. Vocabulario marítimo O.M.I. Libro rexistro de inspeccións (SOLAS, Emenda 83, III, Reg. 52). Rexistro médico.

Procesos, métodos e procedementos: manipulación de pesos suspendidos utilizando o código unificado de sinais, sinalización de perigos (precaucións e prohibicións). Cadro de obrigas e consignas para caso de emerxencia (SOLAS III, Emenda 83, Reg. 8,53). Exercicios e chamadas periódicas, SOLAS, Emenda 83, III, Reg. 18. Programa planificado de mantemento, SOLAS, Emenda 83, III, Reg. 52. Instruccións sobre mantemento e inspección, SOLAS, Emenda 83, III, Reg. 19. Métodos de control e extinción de incendios, procedemento de carga e revisión de extintores portátiles. Organización da loita contra incendios. Salto á auga con chalecos salvavidas.

Técnica de natación con equipo de protección térmica para a supervivencia no mar.

Mantemento a flotación sen chalecos salvavidas. Remolque dun accidentado no mar.

Supervivencia no caso de hidrocarburos inflamados. Interpretación de sinais de salvamento.

Comunicacións no lugar do sinistro. Asesoramento médico por radio. técnicas de asistencia sanitaria de urxencia a enfermos e accidentados: Técnicas de inmobilización e transporte, reanimación cardiorrespiratoria, técnicas de contención de hemorraxias, técnicas de tratamento de feridas, queimaduras, conxelacións e intoxicacións. Técnicas de administración de medicación, técnicas de exploración, técnicas de toma de constantes vitais. Medidas hixiénicas xerais e específicas. Métodos de desinfección e esterilización. Esterilizacións e desinfeccións. Vendaxes.

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

Prevese a implantación dunha xeración tecnolóxica que leva consigo a adaptación dos técnicos operadores responsables do mantemento dos sistemas. É importante a familiarización co contorno específico, o que demanda unha maior capacidade de análise da información, de acordo coa automatización.

Así mesmo, prevese que a implantación de xeracións tecnolóxicas implique a implementación de novas configuracións e equipos con vistas á mellora do rendemento ou eficiencia, o que demanda a necesidade de adaptación dos técnicos operadores mediante a adquisición de novas técnicas no manexo de instrumentos de proceso, equipos e instalacións.

Desenvolvemento da normativa de seguridade e prevención con maior esixencia na súa aplicación.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

A evolución tecnolóxica esixirá a demanda de operadores técnicos capaces de afrontar tarefas múltiples que tradicionalmente son realizadas por varias persoas con equipos clásicos.

Tamén se darán cambios específicos na actividade deste profesional derivados da utilización de novos materiais e equipos.

2.6.3. Cambios na formación.

Prevense cambios na formación debido á fusión de empresas de cara ós mercados internacionais sobre criterios de competitividade empresarial que orixinará a unificación de operadores de distintos países.

Deberá exercita-la utilidade dos distintos medios de protección e ter unha visión global da seguridade no medio productivo e un coñecemento da súa normativa e documentación específica.

2.7. Posición no proceso productivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

O técnico en operación, control e mantemento de máquinas mariñas e instalacións do buque, exercerá a súa actividade laboral fundamentalmente en buques con ou sen instalacións automatizadas, medios de carga e estiba, extracción e procesado para calquera tipo de buque.

Integrarse nun equipo de traballo do seu mesmo nivel de cualificación coordinado polo técnico superior do cal depende.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

Esta figura profesional sitúase fundamentalmente nas funcións e subfuncións de xestión, conducción, mantemento e seguridade de: plantas dotadas de máquinas e motores térmicos; plantas xeradoras de electricidade; plantas de conservación en frío e plantas de climatización e atmosfera controlada.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes.

Con fins de orientación profesional enuméranse a continuación as ocupacións e postos de traballo, que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título.

-Pode formar parte da tripulación dunha embarcación como xefe de máquinas (dentro das limitacións sinaladas nas capacidades profesionais) ou como oficial encargado da garda.

-Pode colaborar co armador en tarefas de inspección en empresas pesqueiras.

-En empresas do sector industrial que dispoñan de liñas automatizadas dedicadas á fabricación, manufacturación, montaxe, envasado, seleccionado e/ou empaquetado de productos ou substancias pode asumir tódalas tarefas de mantemento e reparación.

-En grandes e medianas empresas pode estar adscrito a unha liña de producción.

-En instalacións grandes, en canto ó número de máquinas e sistemas automáticos, terá asignado exclusivamente unha parte deles.

En resumo, e a título de exemplo, pode ocuparse como:

Xefe das instalacións de máquinas dun buque.

Oficial de máquinas.

Inspector de empresa pesqueira.

Encargado de mantemento de buques.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Comprender e/ou aplica-la terminoloxía ás técnicas e métodos necesarios para a xestión, conducción e mantemento da planta propulsora.

* Aplica-las técnicas, métodos, instrumentos e ferramentas necesarios para a conducción e mantemento das instalacións e equipos auxiliares.

* Comprender e aplica-los métodos para o control e axuste dos equipos e instalacións de elaboración, procesado e conservación da pesca.

* Aplica-las técnicas e métodos necesarios para a conducción e o mantemento dos equipos de extracción, equipos de carga e descarga, manobra, fondeo e equipos de goberno.

* Interpretar e comprende-la información e linguaxe simbólica asociada ás operacións de conducción de máquinas e equipos auxiliares.

* Realiza-la garda de máquinas seguindo instruccións e adaptándose ás condicións de funcionamento segundo normas de seguridade.

* Interpretar e realizar procesos de reparación dos equipos e instalacións coa calidade e seguridade previstos.

* Analizar planos de seguridade, comprobando a utilización de recursos materiais e humanos para axusta-la planificación prevista.

* Sensibilizarse respecto ós efectos que as condicións de traballo poden producir sobre a saúde persoal, colectiva e ambiental, co fin de mellora-las condicións de realización do traballo, utilizando medidas correctivas e proteccións axeitadas.

* Comprende-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade industrial, identificando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais, adquirindo a capaci

dade de segui-los procedementos establecidos e de actuar con eficacia nas anomalías que se poden presentar nos mesmos.

* Utilizar e buscar canles de información e formación relacionada co exercicio da profesión, que lle posibiliten o coñecemento e a inserción no sector, a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

Módulo profesional 1: operación e mantemento dos equipos de propulsión e servicios.

Asociado á unidade de competencia 1: verificar, controlar e mante-los parámetros de funcionamento do motor principal e das máquinas auxiliares.

Capacidades terminais elementais

1.1. Manexa-los elementos de arranque, control e regulación dos equipos e sistemas de propulsión en equipos de simulación e no buque de prácticas.

1.2. Manexa-los elementos de arranque, control e regulación dos servicios auxiliares en equipos de simulación e en buque de prácticas.

1.3. Manexa-los servicios de fluídos a través das instalacións auxiliares, en equipos de simulación e en buque de prácticas.

1.4. Realiza-las operacións de mantemento dos motores de combustión interna segundo a información técnica específica en cada caso, empregando equipos reais, a escala ou simulación.

1.5. Realiza-las operacións de mantemento dos sistemas auxiliares e servicios do buque, segundo a información técnica específica, en cada caso, empregando equipos reais, a escala ou simulación.

1.6. Analiza-los parámetros de funcionamento dos motores, realizando os cálculos necesarios para a súa verificación.

1.7. Analiza-los parámetros de funcionamento dos sistemas auxiliares, realizando os cálculos necesarios para a súa rectificación.

Contidos básicos (duración 155 horas).

Procedementais.

* Tecnoloxía do buque.

.Análise da estabilidade estática transversal: momento do par.

* Combustibles e aceites.

.Identificación do proceso de lubrificación.

* Procedementos de mantemento.

. Operacións de:

.Montaxe e desmontaxe de elementos dun motor. Normas e especificacións que hai que cumprir.

.Cambio de válvulas.

.Cambio de elementos do sistema de distribución.

.Cambio de elementos do conxunto pistón-biela-manivela.

.Probas de presión.

.Comprobación de aros rozantes.

.Comprobación de manómetros, termómetros, presostatos, termóstatos.

.Aplicación dos instrumentos de medida en técnicas de mantemento.

.Aplicación dos pares de aperte.

.Técnicas de limpeza.

* Circuítos de combustible e aceite.

.Análise do proceso de filtrado e depuración.

.Selado e funcionamento das depuradoras.

.Verificación e organización do almacenamento e da trasfega.

.Comprobación e axuste dos circuítos e elementos de refrixeración.

* Servicios auxiliares.

.Organización e manexo dos servicios de lastre.

Manexo de:

. Servicios de vapor, sistema principal de vapor, caldeiras, caldeira de gases de escape e condensadores.

.Servicios de sentinas e separador de augas oleaxinosas.

.Servicios de emerxencia.

.Manexo do servicio de auga de refrixeración.

.Servicio de auga doce de refrixeración.

.Servicio de auga salgada de refrixeración.

Conceptuais.

* Tecnoloxía do buque.

.Nomenclatura e simboloxía, dimensións principais.

.Planos de formas do buque.

.Elementos estructurais e de consolidación.

.Esforzos a que está sometida a estructura dun buque: lonxitudinais, locais e flexións transversais.

.Efectos negativos das carenas líquidas na estabilidade.

* Combustibles e aceites.

.Combustibles utilizados nos motores mariños: características.

.Aceites lubricantes: características de utilización.

.Tratamentos químicos.

* Circuítos de combustible e aceite.

.Descrición dos circuítos: elementos que forman parte e función.

* Conceptos fundamentais sobre motores de combustión interna.

.Descrición funcionamento: motores ciclo otto e ciclo diesel.

.Ciclos de traballo: diagramas circulares e dinámicos.

.Estudios comparativo dos distintos tipos.

.Clasificación dos motores; distintos criterios.

.Elementos constructivos do motor: fixos e móbiles.

.A combustión: principios: estequiometría, relación mestura aire/combustible.

.A carburación: principios. Tipos de carburadores.

.O acendido: principios. Tipos de acendidos.

.A inxección electrónica nos motores ciclo otto. Fundamentos e tipos.

.A inxección en motores diesel. Principios. Tipos de bombas e inxectores.

.Sistemas de arranque: circuítos de arranque, válvulas de arranque, distribuidores.

.Circuítos auxiliares de lubrificación e refrixeración: principios, descrición dos seus elementos.

.Sistemas de reductores empregados nos motores: principios e tipos.

* Reguladores de velocidade.

.Fundamentos.

Reguladores mecánicos, reguladores hidráulicos, reguladores electrónicos, reguladores de seguridade. Descrición e funcionamento.

* Propulsión.

.Os sistemas de propulsión.

.As hélices de pas reversibles.

.As bucinas.

.A propulsión eléctrica.

.Os motores reversibles.

* Servicios auxiliares.

.Servicio de aire de arranque, servicios auxiliares e de control.

.Compresores. Tipos. Elementos que os constitúen.

.Servicios de producción de auga: osmose inversa e evaporación.

Actitudinais.

* Tecnoloxía do buque.

.Valoración da importancia da estabilidade estática transversal: momento do par.

* Procedementos de mantemento.

.Cumprimento das normas e especificacións na montaxe e desmontaxe de elementos dun motor.

.Pulcritude e orde no mantemento dos equipos.

* Circuítos de combustible e aceite.

Valoración da importancia de evitar riscos medioambientais no proceso de almacenamento e trasfega de combustibles e aceites.

* Servicios auxiliares.

Sensibilización ante a problemática medioambiental no proceso de servicio de lastre.

.Optimización do servicio de auga de refrixeración.

Módulo profesional 2: instalacións e máquinas eléctricas.

Asociado á unidade de competencia 2: manexar, controlar e mante-los equipos e instalacións eléctricas.

Capacidades terminais elementais

2.1. Examina-los fenómenos electromagnéticos que aparecen nos circuítos eléctricos alimentados por unha corrente continua.

2.2. Examina-los fenómenos electromagnéticos que aparecen nos circuítos eléctricos alimentados por unha corrente alterna.

2.3. Analiza-las manobras de posta en marcha dos xeradores, relacionando os parámetros eléctricos cos seus valores de consigna, nun equipo real ou de simulación.

2.4. Analiza-las manobras de posta en marcha dos xeradores, relacionando os parámetros eléctricos cos seus valores de consigna, realiza-lo axuste e desaxuste dos xeradores segundo demanda, nos equipos reais ou de simulación.

2.5. Aplica-la resolución dos circuítos de CC ás leis e regras máis relevantes da electricidade e electromagnetismo.

2.6. Aplica-la resolución dos circuítos de CA ás leis e regras máis relevantes da electricidade e electromagnetismo.

2.7. Describi-la constitución e funcionamento das principais máquinas eléctricas, así como as aplicacións máis comúns de cada unha delas.

2.8. Construír instalacións eléctricas de BT constituídas por elementos de mando, protección, control e potencia.

2.9. Manexar con precisión as ferramentas, aparatos de medida e maquinaria dun taller eléctrico nos equipos docentes de simulación.

2.10. Realizar operacións de mantemento, segundo información axeitada, en cada caso, empregando equipos a escala ou de simulación.

2.11. Opera-los elementos de control e regulación dos equipos en función da información subministrada polo proceso utilizado no equipo real ou de simulación.

Contidos básicos (duración 155 horas).

Procedementais.

* O circuíto eléctrico en corrente continua.

.Resolución de avarías nos circuítos de corrente continua.

* O circuíto eléctrico en corrente alterna.

.Resolución de avarías nos circuítos de corrente alterna.

* Os aparatos de medida eléctricos.

.Medición das principais magnitudes eléctricas.

.Aplicación das normas de seguridade e protección nas medidas.

* As máquinas eléctricas.

. Determinación e manexo dos parámetros de traballo de:

.Transformadores.

.Xeradores de corrente continua e de corrente alterna: axuste e desaxuste.

.Motores de corrente continua e de corrente alterna.

.Principios de funcionamento das máquinas eléctricas.

* Os elementos de mando, protección e control.

. Determinación e manexo dos parámetros de traballo de:

.Relés.

.Contactores.

.Temporizadores.

. Funcionamento e manexo dos elementos de protección:

.Fusibles.

.Interruptores magnetotérmicos.

.Disxuntores.

.Interruptores diferenciais.

.Funcionamento, manexo e comprobación dos sistemas de arranque das máquinas eléctricas.

. Aplicación das normas para determina-lo calibre dos elementos de protección.

Conceptuais.

* O circuíto eléctrico en corrente continua.

.Análise dos circuítos de corrente continua formados por elementos pasivos.

.Magnitudes eléctricas.

.Leis e regras aplicables ós circuítos de corrente continua.

* O circuíto eléctrico en corrente alterna.

.Análise dos circuítos de corrente alterna, constituídos por elementos pasivos.

.Magnitudes máis relevantes relativas á corrente alterna.

.Leis e regras fundamentais aplicables ós circuítos de corrente alterna.

* Os aparatos de medida eléctricos.

.Clasificación dos aparatos de medida.

.Magnitudes características dos aparatos de medida.

.Constitución e funcionamento dos principais sistemas de medida.

* As máquinas eléctricas.

.Clasificación xeral das máquinas.

* Os elementos de mando, protección e control.

.Simboloxía e normalización dos compoñentes eléctricos de mando, protección e control:

.Tipos e características.

Actitudinais.

* Aparatos de medida eléctricos.

.Execución sistemática das normas de seguridade e protección nas medidas.

* Máquinas eléctricas.

.Sistematización rigorosa do proceso de axuste e desaxuste de alternadores.

Módulo profesional 3: automatización: regulación e control.

Asociado á unidade de competencia 3: manexar, controlar e mante-los equipos e instalacións hidráulicas, pneumáticas e equipos de automatización.

Capacidades terminais elementais

3.1. Analiza-las necesidades de operación dos equipos pneumáticos, utilizando equipo real ou de simulación.

3.2. Construír circuítos pneumáticos do buque, seguindo planos, utilizando equipos reais ou de simulación.

3.3. Analiza-las necesidades de operación dos equipos hidráulicos, utilizando equipo real ou de simulación.

3.4. Construír circuítos hidráulicos do buque, seguindo planos, utilizando equipos reais ou de simulación.

3.5. Analizar, segundo o libro de instruccións, o proceso de mantemento dos equipos pneumáticos, sobre equipo real ou de simulación.

3.6. Analizar, segundo o libro de instruccións, o proceso de mantemento dos equipos hidráulicos, sobre equipo real ou de simulación.

3.7. Analiza-los sistemas de regulación e control describindo as diferencias e aplicacións.

3.8. Operar sistemas de regulación e control realizando os seus axustes ós valores de consigna, modo de operación automática/manual.

3.9. Describi-la finalidade e funcionamento dos controladores programables.

3.10. Construír sistemas de control, mediante controlador programable a partir da información técnica precisa e parámetros de axuste.

Contidos básicos (duración 155 horas).

Procedementais.

* Os elementos pneuma-hidráulicos.

.Selección e aplicación da información técnica dos sistemas de representación:

.Símbolos pneuma-hidráulicos.

.Esquemas normalizados, aplicados ó buque:

.Mando do arranque dun motor propulsor.

.Accionamento de embrague.

.Mando do reductor-inversor.

.Accionamento paso variable.

.Mando dun servomotor hidráulico.

* Os sistemas de regulación e control.

.Relacción entre os diagramas de bloques dos diferentes tipos de sistemas:

.Regulación analóxica con tratamento analóxico do sinal.

.Regulación analóxica con tratamento dixital do sinal.

.Verificación do control dixital.

.Operacións de regulación e control.

.Verificación das partes dun sistema:

.Dispositivos de entrada.

.Dispositivos de tratamento do sinal.

.Dispositivos de saída.

.Descrición das tecnoloxías utilizadas nos sistemas de regulación e control.

.Aplicacións dos sistemas de regulación e control.

Conceptuais.

* Os elementos pneuma-hidráulicos.

.Constitución e funcionamento das centrais de xeración de enerxía pneumática e de enerxía hidráulica.

.Constitución e funcionamento dos tipos de elementos seguintes:

.Potencia.

.Mando, regulación, protección e control.

.Aparatos e sistemas de medida:

.Tipos.

.Medida das magnitudes pneuma-hidráulicas.

* Os sistemas automáticos.

.Concepto de automatización.

.Compoñentes básicos dun sistema automático.

.Captadores e transductores.

.Tipos: magnéticos, piezoeléctricos, ópticos e efecto Hall.

.Misión dos captadores e transductores nos sistemas automáticos.

.Autómatas programables:

.Tipos.

.Arquitectura básica.

Actitudinais.

* Sistemas de regulación e control.

.Execución sistematica e rigorosa da comprobación de resultados no:

.Axuste os valores de consigna, modo de operación automático/manual.

.Regulación analóxica con tratamento analóxico de sinal.

.Regulación analóxica con tratamento dixital da sinal.

.Aplicacións dos sistemas de regulación e control.

Módulo profesional 4: operación e mantemento dos sistemas frigoríficos e de producción.

Asociado á unidade de competencia 4: manexar, controlar e mante-los equipos e instalacións frigoríficas, de extracción, de elaboración, de procesado e de conservación.

Capacidades terminais elementais

4.1. Analiza-las operacións de posta en marcha e parada dunha instalación de frío, segundo o libro de instruccións, en equipo real ou de simulación.

4.2. Opera-la posta en marcha e parada dunha instalación de frío en equipo real ou de simulación.

4.3. Describi-las variables que permiten o diagnóstico das anomalías nos equipos frigoríficos nun equipo real ou en simulación.

4.4. Avalia-la importancia das anomalías nun equipo real ou de simulación.

4.5. Analiza-lo proceso de mantemento (segundo libro de instruccións) dos equipos frigoríficos sobre planta real ou a escala.

4.6. Realiza-lo proceso de mantemento e reparación (segundo libro de instruccións) dos equipos frigoríficos sobre equipo real ou de simulación.

4.7. Verificar e controla-lo almacenamento dos fluídos refrixerantes.

4.8. Analiza-los equipos de producción e máquinas de pesca para optimiza-lo seu funcionamento.

Contidos básicos (duración 125 horas).

Procedementais.

* A refrixeración.

.Operación das:

.Técnicas de conservación de productos.

.Cámaras frigoríficas.

* O estudio termodinámico dunha instalación frigorífica de compresión.

.Análise e comprobación do diagrama real en réxime seco e húmido.

.Avaliación e verificación das instalacións dunha ou varias etapas.

.Regulación e avaliación da potencia frigorífica producida e potencia eléctrica consumida. Rendementos. Regulación da potencia frigorífica.

* As instalacións frigoríficas.

.Posta en marcha: precaucións e coidados durante esta.

.Protección e regulación das instalacións: proteccións eléctricas. Protección contra presións excesivas. Sistemas de regulación.

* Mantemento e anomalías de funcionamento.

.Aplicación do proxecto de mantemento.

.Operación de carga de refrixerantes.

.Adición e extracción de aceite.

.Cambio de filtros, válvulas e outros elementos.

Análise e verificación dos síntomas, causas e rectificación das anomalías máis comúns.

* Instalación eléctrica nunha planta frigorífica.

.Análise das proteccións: fusibles, térmicos.

.Medida de illamentos no mantemento do sistema eléctrico.

* Fluídos frigoríxenos.

Almacenaxe. Identificación de recipientes. Probas a presión.

* Equipos de extracción, elaboración e procesado.

.Accionamento eléctrico e oleohidráulico. Controis.

.Operación e mantemento.

.Distinción entre as diferentes:

.Cintas transportadoras.

.Descabezadoras e lavadoras.

.Fileteadoras.

.Glaseadoras.

Conceptuais.

* Nocións de termodinámica.

.Transformacións e ciclos termodinámicos.

.Gases reais: licuación e evaporación.

.Transmisión de calor.

* Estudio termodinámico dunha instalación frigorífica de compresión.

.Diagrama teórico do compresor. Potencia frigorífica.

* Instalacións frigoríficas.

.Compresores alternativos e rotativos.

.Condensadores e evaporadores.

.Válvulas de expansión e outros elementos.

.Elementos de control e seguridade: presostatos, termóstatos, válvulas de seguridade, discos de ruptura.

* Instalación eléctrica nunha planta frigorífica.

.Motores eléctricos: tipos.

* Fluídos frigoríxenos.

.Fluídos frigoríxenos máis comúns: características.

.Riscos para as persoas e o medio ambiente durante a almacenaxe e utilización de fluídos frigoríxenos.

* Equipos de extracción, elaboración e procesado.

.Máquinas e haladores de pesca: principios constructivos: tipos.

Actitudinais.

* Instalacións frigoríficas.

.Sistematización dos procesos de protección e regulación das instalacións: proteccións eléctricas. Protección contra presións excesivas. Sistemas de regulación.

* Mantemento e anomalías de funcionamento.

.Execución rigorosa das técnicas de mantemento e control para detectar e evitar anomalías de funcionamento nos distintos sistemas de:

* Instalación eléctrica nunha planta frigorífica.

.Interese e responsabilidade na aplicación das técnicas de mantemento do sistema eléctrico.

* Fluídos frigoríxenos.

.Orde e método de traballo adecuado na almacenaxe e nos recipientes.

.Comportamento persoal adecuado e respectuoso coas normas de seguridade co fin de evitar riscos persoais e medioambientais.

* Refrixeración.

.Cumprimento responsable das normas para obter unha conservación de productos óptima.

Módulo profesional 5: operacións auxiliares de mantemento industrial.

Asociado á unidade de competencia 5: efectuar operacións de reparación en elementos e equipos a flote e en seco.

Capacidades terminais elementais

5.1. Soldar con destreza pezas de aceiro ou carbono con unións en horizontal e vertical, con soldadura eléctrica por arco, nas condicións de seguridade e calidade requiridas.

5.2. Soldar con destreza pezas de aceiro e aliaxes de cobre en posición horizontal e vertical con soprete oxiacetilénico, nas condicións de seguridade e calidade requirida.

5.3. Cortar destramente con soprete, pezas de aceiro ou carbono, conseguindo a calidade requirida.

5.4. Mecanizar un compoñente sinxelo a partir dun plano, manexando destramente torno e/ou tradeadora e limadoras en condicións de seguridade.

5.5. Realizar reacondicionamento de pezas e elementos de conxuntos mecánicos coas medidas e axustes indicados a partir de esbozos/planos/esquemas.

5.6. Construír elementos sinxelos de caldeirería e conducción por tubo.

Contidos básicos (duración 275 horas).

Procedementais.

* Soldadura.

.Análise do proceso de soldadura.

.Operación de soldadura por arco eléctrico manual.

.Selección e manipulación das distintas técnicas operatorias: parámetros, intensidade de corrente, avance, número de cordóns, preparación de bordos. Métodos de execución, posición horizontal e vertical. Suxeición das pezas que hai que unir.

.Verificación e rectificación dos defectos de soldadura.

.Manexo dos equipos de protección seguindo as normas de seguridade.

.Preparación e manexo da soldadura oxiacetilénica.

.Control e corrección das unións soldadas.

.Corte de materiais.

.Análise das dilatacións e contraccións no oxicorte. Detección dos principais defectos do oxicorte.

* Normalización industrial aplicada.

.Operacións de croquización: preparación de esbozo, elección de vistas.

.Representación normalizada de elementos do buque e maquinaria.

.Representación dos planos de caldeirería e canalización.

* Metroloxía.

Aplicación das medidas por comparación. Calas, comparador reloxo.

.Procedementos de medida.

Verificación, instrumentos de verificación máis comúns.

.Medición dos estados superficiais e tolerancias.

* Mecanizado con máquinas ferramenta.

.Conformación de metais con ferramentas manuais.

.Realización de operacións básicas con:

.Torno paralelo.

.Fresadora.

.Tradeadora e limadora.

.Mantemento e uso das ferramentas de corte.

.Montaxe de pezas e ferramentas, para o seu mecanizado.

* Mantemento industrial.

.Operacións básicas de mantemento:

.Mantemento preventivo, correctivo e predictivo.

.Detección de avarías en máquinas e equipos.

.Determinación dos factores que condicionan as técnicas de mantemento.

.Planificación do mantemento. Codificación de equipos. Instruccións/fichas de traballo.

* Caldeirería e canalización.

.Construcción de elementos de canalización.

.Acondicionamento de tubos para reparación de canalizacións.

Conceptuais.

* A soldadura.

.Equipo de soldar: compoñentes. Características e electrodos.

.Equipo de soldar. Compoñentes. Características e fundamentos.

* A normalización industrial aplicada.

.Normas Une, Din, Iso.

.Simboloxía industrial aplicada.

* A metroloxía.

.Medidas de lonxitude. Calibres e micrómetros. Medidas de ángulos: transportador por goniómetro.

Actitudinais.

* Soldadura.

.Secuencia e orde adecuada para optimiza-lo traballo segundo criterios de calidade e seguridade na realización de operacións de:

.Soldadura por arco eléctrico:

.Soldadura oxiacetilénica:

* Normalización industrial aplicada.

.Toma de conciencia da importancia da representación normalizada de elementos do buque e maquinaria.

* Metroloxía.

.Comportamento rigoroso na toma e verificación de medidas por comparación: calas e comparador reloxo.

* Mecanizado con máquinas ferramenta.

. Secuencia e orde nas operación de conformación de metais con:

.Ferramentas manuais.

.Torno paralelo.

.Fresadora.

.Tradeadora, limadora.

.Ferramentas de corte: xeometría e materiais.

.Seguridade na aplicación das técnicas de montaxe de pezas e ferramentas, para o seu mecanizado.

.Cumprimento rigoroso das normas de seguridade e hixiene no torno e tradeadora e outras máquinas ferramentas.

* Mantemento industrial.

.Orde e planificación no proceso de mantemento. Codificación de equipos. Instruccións/fichas de traballo.

Módulo profesional 6: seguridade, supervivencia e primeiros auxilios no mar.

Asociado á unidade de competencia 6: organizar e controla-la seguridade, supervivencia e asistencia sanitaria a bordo.

Capacidades terminais elementais

6.1. Analiza-los espacios físicos e as aptitudes das persoas para que se dean as condicións esixidas na realización do traballo seguro.

6.2. Analiza-las condicións hixiénico-sanitarias que deben darse para a consecución dunha vida saudable a bordo.

6.3. Analiza-los exercicios e reunións de seguridade que deben terse en conta para o deseño do plan de emerxencia do buque.

6.4. Valora-la gravidade de accidentes e enfermidades a partir dos datos das constantes vitais e da observación dos seus signos e síntomas.

6.5. Determina-las accións de cura e a evacuación en función da valoración da gravidade da persoa accidentada ou enferma, a guía sanitaria e as indicacións médicas recibidas a través do servicio radio-médico.

6.6. Aplica-las técnicas de reanimación cardiorrespiratoria e de inmobilización e transporte de persoas feridas ou enfermas, en función de protocolos de primeiros auxilios establecidos.

6.7. Aplica-las técnicas para o tratamento de feridas, hemorraxias, queimaduras, hipotermia, deshidratación, fracturas, luxacións, lesións musculares e intoxicacións en función dos protocolos establecidos.

6.8. Establecer, en simulación, consultas radio-médicas.

6.9. Describi-las zonas principais, anteparos, cuberta e zonas verticais do buque en relación coa súa integridade ó lume.

6.10. Relaciona-lo tipo de incendio, espacio físico no que se produce co axente extintor e equipo que se van empregar para producir unha extinción eficaz.

6.11. Manter operativos os equipos portátiles e realiza-la extinción de pequenos incendios, en situacións controladas, coa destreza e aptitude que as normas establecen.

6.12. Operar e mante-los equipos fixos de protección e extinción de incendios.

6.13. Utiliza-los equipos individuais de salvamento coa destreza e aptitude que as normas establecen.

6.14. Manexa-los dispositivos de posta a flote e embarque, das embarcacións de supervivencia e bote de rescate, coa destreza e aptitude que favoreza unha manobra segura.

6.15. Manexa-las embarcacións de supervivencia e rescate coa destreza e aptitude que permitan unha manobra segura.

6.16. Emitir unha mensaxe de socorro, empregando os medios que as circunstancias aconsellen, coa destreza e aptitude que a norma establece.

6.17. Establece-lo plan de mantemento, segundo a dispoñibilidade operacional, mantemento e inspección a bordo e en terra, dos dispositivos de salvamento, cumprindo o establecido na regra 19 e 52, Cap. II, Emenda 83, SOLAS 74.

6.18. Analiza-lo proceso de actuación en caso de inundación de compartimentos, relacionando os medios dispoñibles coas características da inundación.

Contidos básicos (duración 110 horas).

Procedementais.

* Seguridade e hixiene no traballo.

.Manipulación e análise comparativo da regulamentación nacional e internacional en materia de seguridade no traballo.

.Detección e clasificación dos riscos en equipos sometidos a tensión eléctrica, soldadura, manexo de cabos e arames, espacios pechados, manexo de máquinas e ferramentas e manipulación de pesos.

.Comprobación da sinalización.

.Identificación e manexo do/dos equipo/s de protección persoal e colectiva.

* Primeiros auxilios.

.Valoración xeral da persoa accidentada: aspecto, postura e estado de conciencia.

.Aplicación das técnicas de inmobilización, traslado, evacuación así como dos procedementos de reanimación e aplicación dos primeiros auxilios nas persoas accidentadas.

.Observación e recollida de signos e síntomas e situación destes no cuestionario básico:

.Toma de constantes vitais: pulso, respiración, tensión arterial e temperatura.

.Manexo do equipo para a consulta radio-médica:

.Transmisión dos datos recollidos no cuestionario básico.

.Anotación das indicacións recibidas.

.Descrición das patoloxías máis frecuentes.

.Análise das enfermidades de declaración obrigatoria e corentenables:

.Aplicación das técnicas de illamento.

.Mantemento de caixas de urxencias:

.Verificación das existencias dos medicamentos e material aconsellable de curas da caixa de urxencias.

.Identificación dos medicamentos segundo as distintas formas de administración dos mesmos.

.Preparación e administración dos distintos tipos de medicamentos.

.Prevención das complicacións na administración de medicamentos.

.Realización das técnicas e intervencións recollidas na guía sanitaria de abordo.

* Loita contra incendios.

.Identificación e manexo das instalacións e equipos de detección de incendios.

.Accionado do equipo de extinción de incendios:

.Instalacións fixas.

.Equipos portátiles.

.Identificación e utilización do equipo individual de bombeiro.

.Realización de inspeccións e organización da loita contra incendios:

.Construcción e disposición.

.Organización da loita contra incendios.

.Métodos da loita contra incendios.

* Salvamento, busca e rescate.

.Análise comparativa da normativa nacional e internacional específica:

.Cadro de obrigas e consignas.

.Exercicios de adestramento.

.Determinación e localización dos dispositivos de salvamento.

.Manexo dos equipos radioeléctricos de socorro:

.Radio portátil de emerxencia.

.Radiobalizas. Respondedor de radar.

.Prescrición e identificación de sinais luminosos.

.Manexo das embarcacións de supervivencia e equipos:

.Ríxidas.

.Inflables.

.Manipulación dos equipos para a posta a flote de embarcacións de supervivencia.

.Organización da busca e do salvamento:

.Organización IMOSAR (Manual O.M.I. de Busca e Rescate).

.Selección das técnicas de busca:

.Organización MERSAR (Manual de Busca e Rescate ).

.Técnicas de supervivencia e procedementos de rescate en:

.A bordo dunha embarcación de supervivencia.

.Incendios e hidrocarburos na auga.

* Inundacións.

.Aplicación das técnicas de compartimentación.

.Contención de vías de auga. Apontoamento e taponamento.

.Identificación dos conductos principais, directos e de emerxencia para o achicamento das sentinas e dos locais que drenan.

.Manexo dos equipos portátiles de achicamento.

Conceptuais.

* Primeiros auxilios.

.Bases anatomo-fisiolóxicas: descrición anatómica e fisiolóxica dos distintos aparatos sistemas e órganos.

.Valoración xeral do paciente: normas de actuación e técnicas que se van utilizar.

.Feridas: concepto, tipos e tratamento.

.Escordaduras, luxacións e fracturas: concepto, causas, tipos e tratamento.

.Queimaduras e conxelacións: concepto, causas, valoración da gravidade segundo extensión, profundidade e localización, complicacións e tratamento.

.Asfixia e parada cardíaca: causas, manifestacións e tratamento (reanimación cardiorrespiratoria).

* Loita contra incendios.

.Teoría do lume:

.Fontes de ignición.

.Reacción e resistencia dos materiais ó lume.

.Riscos de incendios e propagación do lume:

.Principais causas de incendios.

.Reactivación.

.Axentes extintores:

.Auga.

.Escuma: de alta, media e baixa expansión.

.Dióxido de carbono.

.Hidrocarburo haloxenado.

.Po químico.

.Espuma formadora de película acuosa (A.F.F.F).

.Normativa de aplicación.

* Inundacións:

.A compartimentación.

.Os sistemas automáticos de peche.

.A contención de vías de auga.

.Os equipos portátiles de bombeo.

Actitudinais.

.Importancia da observación das normas e da regulamentación para evitar riscos no manexo de equipos sometidos a tensión eléctrica, soldadura, manexo de cabos e arames, espacios pechados, manexo de máquinas e ferramentas e manipulación de pesos.

.Respecto pola saúde, o medio ambiente e as condicións de traballo.

.Autoestima para loitar pola propia vida en condicións desfavorables.

.Toma de decisións sobre as actuacións que se deben realizar en caso de emerxencia.

.Secuencia e ordenación das accións que hai que desenvolver en caso de emerxencia, buscae rescate e abandono do buque.

.Secuencia, orde e coordinación na aplicación das actuacións destinadas a resolver as distintas situacións de urxencia no mar.

.Conciencia do propio deber e das repercusións que do seu incumprimento se poidan derivan.

.Prioridade na aplicación dos primeiros auxilios atendendo ó grao de gravidade, segundo a guía sanitaria e as indicacións do servicio radio-médico.

.Aplica-las normas de limpeza e hixiene tanto na actuación co paciente como no material empregado.

3.3. Módulos profesionais transversais.

Módulo profesional 7 (transversal): lingua estranxeira.

Capacidades terminais elementais

7.1. Comprende-la información global, específica e profesional das mensaxes orais e escritas na lingua estranxeira relativas ás diversas situacións de comunicación, emitidas directamente por falantes ou por medios de comunicación.

7.2. Utiliza-la lectura de textos con finalidades diversas, valorando a súa importancia como fonte de información, desfrute e ocio e como medio de acceso a culturas e formas de vida distintas das propias.

7.3. Producir mensaxes orais na lingua estranxeira nunha linguaxe adaptada a cada situación de comunicación para conseguir que esta sexa fluída e satisfactoria.

7.4. Comunicarse oralmente en lingua estranxeira, en diversas situacións relacionadas co ámbito da actividade profesional, facendo uso de oracións de estructura simple, de forma ordenada e coherente empregando a terminoloxía profesional e a léxica máis usuais.

7.5. Utiliza-la lingua estranxeira como vehículo de comunicación na aula, facendo uso dos recursos lingüísticos e non lingüísticos nas relacións de comunicación máis habituais.

7.6. Preguntar e responder para obter información precisa e útil dun interlocutor estranxeiro, segundo as normas de protocolo e as conductas de cortesía.

7.7. Adapta-la linguaxe segundo o interlocutor e o contexto situacional.

7.8. Traducir de forma directa e inversa textos sinxelos relacionados coa actividade profesional e/ou sector e manuais de instruccións, utilizando axeitadamente os libros de consulta e diccionarios técnicos.

7.9. Reflexionar, no proceso de aprendizaxe, sobre o funcionamento do sistema lingüístico na comunicación como un dos medios para mellora-las produccións propias.

7.10. Resolve-los problemas de comprensión e de expresión en relación cos contidos lingüísticos e comunicativos propios do ámbito profesional de forma autónoma.

7.11. Elaborar e cumprimentar documentos básicos en lingua estranxeira correspondentes ó sector profesional: cartas, informes, formularios, contratos, facturas, recibos, télex, solicitudes, documentos bancarios, faxes, telegramas, etc., partindo de datos xerais e/ou específicos.

7.12. Identifica-los aspectos socio-culturais e os comportamentos profesionais no(s) diferente(s) país(es) de orixe da lingua estranxeira obxecto de estudio.

7.13. Valorar e aplica-las actitudes e comportamentos profesionais do país da lingua estranxeira, nunha situación de comunicación.

7.14. Valora-la axuda que supón o coñecemento das linguas estranxeiras para participar nas relacións internacionais e noutros ámbitos da actividade humana.

7.15. Aprecia-la riqueza que supoñen as diversas linguas e culturas como formas distintas de codifica-la experiencia e de organiza-las relacións interpersoais.

7.16. Manter unha actitude receptiva e crítica cara á información procedente da cultura que as linguas estranxeiras transmiten, para reflexionar sobre a propia realidade e transformala.

Contidos básicos (duración 65 horas).

Procedementais.

* Comunicación oral.

.Comprensión de mensaxes orais procedentes de fontes distintas.

.Interpretación das mensaxes: distinción entre datos e opinións, intencionalidade do falante, identificación dos elementos relevantes nas mensaxes atendendo ós distintos códigos: verbal, xestual, icónico...

.Obtención de información do interlocutor e outras fontes.

.Selección das estratexias lingüísticas axeitadas que aseguren unha comunicación fluída e eficaz.

.Predicción da lingua que se vai necesitar segundo o contexto.

.Producción de mensaxes orais comprensibles nas que se integren os seguintes elementos dunha maneira correcta:

.Organización coherente das ideas expresadas.

.Adecuación das características formais da expresión: vocabulario, estructuras, entoación, etc. e dos recursos non lingüísticos empregados.

.Pronuncia comprensible e entoación axeitada.

.Participación activa en interaccións comunicativas orais para expresar gustos, necesidades, solicitar información, dar opinións, relatar experiencias, etc.

* Comunicación escrita.

.Comprensión de textos relacionados co ámbito socio-profesional.

.Concreción da finalidade do texto escrito.

.Utilización do léxico básico, xeral e profesional apoiándose no uso dun diccionario.

.Producción de documentos escritos sinxelos relacionados con situacións da vida cotiá introducindo a dimensión profesional.

.Selección e aplicación de estructuras formais típicas e fundamentais nos textos escritos.

.Cubrir textos do ámbito profesional.

.Redacción dun documento de acordo cas convencións e a finalidade del.

.Revisión e corrección.

* Aspectos socioprofesionais.

.Análise dos aspectos socioculturais relevantes nos países onde se fala a lingua estranxeira.

.Emprego contextualizado das normas e hábitos de conducta deses países.

.Utilización dos coñecementos adquiridos para interpretar mensaxes presentes no propio medio.

Conceptuais.

* Comunicación oral.

.Funcións habituais na interacción comunicativa cotiá.

.Expresividade oral: fonoloxía, fonética, acento, entoación e prosodia.

.Vocabulario referente a termos profesionais.

.Expresións de uso frecuente e idiomáticas no ámbito socio-profesional.

.Fórmulas básicas de interacción socio-profesional.

.Estratexias.

* Comunicación escrita.

.Elementos formais e estructura dos textos escritos:

.Presentación, ortografía e signos de puntuación.

.Comunicación axeitada ás distintas situacións e contextos.

.Fórmulas de cortesía.

.Principios e características máis relevantes do discurso escrito:

.Proporcionar tódolos datos relevantes evitando a ambigüidade.

.Elementos de cohesión no discurso.

.Estructuras típicas e formais en textos escritos: cartas, contratos, formularios, documentos bancarios, fax, telegramas, télex, certificados, protestas, solicitudes e informes.

.Traducción directa e inversa de textos propios do sector.

.Vocabulario referente a termos profesionais.

* Aspectos socioprofesionais.

.Comportamentos propios dos países da lingua estranxeira en situacións da vida cotiá profesional.

.Normas de conducta no ámbito das relacións socioprofesionais.

.Recursos formais e funcionais como medio de comunicación apropiado nas relacións socioprofesionais do país da lingua estranxeira.

.Presencia da lingua estranxeira en Galicia e no ámbito internacional.

.Aspectos socioculturais dos países onde se fala a lingua estranxeira relacionados cos intereses e as motivacións do alumnado.

Actitudinais.

* Comunicación oral.

.Valora-la capacidade de expresarse oralmente na lingua estranxeira como medio de comunicación e entendemento entre as persoas.

.Respecto polas mensaxes orais emitidas polo(s) noso(s) interlocutor(es).

.Recoñecer que para comprender unha mensaxe oral non é necesario entender tódolos seus elementos.

.Admitir que os erros forman parte do proceso de aprendizaxe.

.Interese en participar nas distintas situacións de comunicación oral posibles.

.Constancia en busca-la significación de vocabulario, expresións, expresións idiomáticas e fórmulas que se usan no contexto profesional.

.Respecto e seguimento das normas do protocolo profesional.

.Procurar ser rigoroso na interpretación e producción de mensaxes orais.

* Comunicación escrita.

.Curiosidade e interese polas ideas manifestadas nos textos en lingua estranxeira.

.Rigor na interpretación, producción e revisión de textos.

.Autonomía en busca-la forma de interpretar, elaborar e descodifica-la información dun texto.

.Utilización dos recursos formais e funcionais como medio de comunicación na escrita apropiados ás relacións socioprofesionais do país da lingua estranxeira.

.Capacidade de esforzo para vence-las dificultades de comprensión dos textos específicos escritos en lingua estranxeira.

.Recoñecemento da capacidade de comprender globalmente un texto escrito sen necesidade de entender tódolos seus elementos.

* Aspectos socioprofesionais.

.Actitude receptiva ante calquera tipo de comunicación en lingua estranxeira.

.Curiosidade, respecto e valoración crítica das formas de vida, aspectos socio-culturais e convencións propios dos países cos que se manteñen relacións profesionais.

.Tolerancia e respecto polo interlocutor en calquera tipo de comunicación presencial, telefónica ou escrita.

.Seguridade na capacidade persoal de progresar e adaptarse ás situacións comunicativas.

.Valoración do enriquecemento persoal que supoñen as relacións profesionais cos outros países.

Módulo profesional 8 (transversal): relacións no equipo de traballo.

Capacidades terminais elementais

8.1. Describi-las distintas vías e sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e transmitir instruccións e información.

8.2. Utilizar eficazmente as técnicas de comunicación orais e escritas.

8.3. Análise das relacións humanas en xeral e das relacións humanas no ámbito laboral ou relacións laborais en particular.

8.4. Analiza-los conflictos e resolver no ámbito das súas competencias, problemas que se orixinen no ámbito dun grupo de traballo.

8.5. Describir, no marco dun tipo concreto de organización laboral, as normas de funcionamento (tanto colectivas como individuais) dun equipo de persoas para consegui-la participación activa de tódolos seus membros.

8.6. Integrarse nun equipo e unificar e coordina-las necesidades do grupo de traballo nuns obxectivos, políticas e/ou directrices predeterminadas.

8.7. Participar e/ou moderar reunións colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

8.8. Impulsa-lo proceso de motivación e analiza-la súa influencia no clima laboral.

Contidos básicos (duración 65 horas).

Procedementais.

* Comunicación na empresa.

.Elaboración de documentos a partir de datos concretos.

.Utilización das diferentes formas e tipos de envío de información e documentación.

.Descrición das fases que compoñen unha entrevista persoal con fins publicitarios.

.Identifica-las alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe, no que existe disparidade entre emitido e o percibido.

* Negociación e solución de problemas.

.Identificación dos problemas, factores e causas que xeran un conflicto.

.Discriminar entre datos e opinións.

.Distingui-las diferentes posturas e intereses que poden existir entre os traballadores e a dirección dunha organización.

.Presentación clara e ordenada do proceso seguido e os resultados obtidos na resolución dun problema.

* Equipos de traballo.

.Busca de información e análise desta, referida á formación e funcionamento de grupos.

.Identificación das pautas de conducta que deben adopta-los participantes dun grupo de traballo.

.Exposición das ideas propias de maneira clara e concisa.

.Aplicación das técnicas para a dinamización de grupos.

.Descubri-la tipoloxía de participantes dunha reunión.

.Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo sobre un problema laboral.

* Motivación no ámbito laboral.

.Analiza-la actitude humana ante o traballo.

.Detecta-lo proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

.Identificación das diferencias entre as principais teorías sobre a motivación.

.Distingui-los factores que contribúen á creación dun clima laboral positivo dos que xerarían un clima laboral negativo.

Conceptuais.

* A comunicación na empresa.

.Tipos de comunicación.

.Técnicas de comunicación.

.Comunicación oral e escrita de instruccións.

.Documentos de asignación de tarefas.

.A mensaxe publicitaria.

.A comunicación como xeradora de comportamentos.

.Dificultades e barreiras na comunicación.

* Negociación e solución de problemas.

.Concepto e elementos dunha negociación.

.Tácticas negociadoras.

.Proceso de resolución de problemas.

.Aplicación dos métodos máis usuais para a resolución de problemas e a toma de decisións en grupo.

* As relacións humanas.

.As relacións humanas: a personalidade, as actitudes, os prexuízos, a solidariedade.

.As relacións laborais: teorías de Taylor, Ford, Mayo.

.As relacións humanas na empresa.

* Equipos de traballo.

.Características dos grupos formais e informais.

.Tipos de grupos e de metodoloxías do traballo en grupo.

.Roles dos comportamentos.

.Técnicas de dinamización e dirección de grupos.

.A reunión como traballo en grupo. Tipos de reunións.

* Motivación no ámbito laboral.

.Concepto de motivación.

.Principais teorías da motivación.

.O clima laboral.

.O clima laboral e a súa influencia na productividade da empresa.

Actitudinais.

* A comunicación na empresa.

.Logra-la práctica da comunicación efectiva.

.Coidado na elaboración e a transmisión de mensaxes para facilita-la súa comprensión.

.Capacidade para escoitar.

.Habituarse a falar en público.

.Reacción de forma creativa ante as barreiras comunicativas.

* Negociación e solución de problemas.

.Imparcialidade á hora de escoitar a cada unha das partes.

.Apreciación do poder de influencia.

.Comportamento de maneira responsable e coherente.

.Predisposición responsable para acepta-la toma de decisión que o grupo considerara como a máis axeitada.

.Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

* Equipos de traballo.

.Recoñece-las vantaxes do traballo en equipo fronte ó individual.

.Adaptarse e integrarse nun equipo de traballo colaborando, dirixindo ou cumprindo as ordes segundo os casos.

.Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

.Fomento do uso de reunións participativas.

* Motivación no ámbito laboral.

.Recoñecemento da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

.Interese pola problemática que pode suscita-la falta de motivación e interese no traballo.

.Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

.Sensibilización ante a necesidade de utilizar sistemas creativos e humanos no ámbito de traballo.

3.4. Módulo profesional de formación en centro de traballo.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Realiza-las prácticas de seguridade segundo as especificacións da compañía, códigos e regulamentos (en tódalas situacións que durante a formación no centro de traballo se poidan dar).* Toma-las precaucións para a prevención de accidentes no traballo:

.Roupa de protección.

.Proteccións de cabeza.

.Cabos e cintos de seguridade.

* Toma-las precaucións para a prevención de accidentes durante o embarque e desembarque de tripulantes e pasaxeiros.

* Toma-las precaucións para a entrada en espacios pechados:

.Calibración e uso dun medidor de osíxeno.

.Chequeo e uso do indicador de gases combustibles.

* Asistencia na manobra de comprobación do goberno de emerxencia.

* Asistencia ás prácticas de seguridade de:

.Pesqueiros

.Bulk carriers

.Transporte de gran.

.Mercancías perigosas.

.Cubertadas de madeira.

* Realiza-las operacións de preparación, posta a flotación, embarque e manobra nas embarcacións de supervivencia. * Preparación, arriado e separación do costado do buque dun bote salvavidas.

* Preparación, arriado, separación do costado do buque e izado a bordo do bote de rescate.

* Tripula-lo bote a:

.Remos

.Motor

.Vela (se se dispón delas)

* Realiza-las operacións de mantemento das embarcacións de supervivencia, os seus equipos e sistemas de posta a flotación.* Comprobación do equipo das embarcacións de supervivencia e bote de rescate.

* Arranque e manobra co motor do bote salvavidas.

* Comprobación da estiba e dos dispositivos de posta a flotación das embarcacións de supervivencia e botes de rescate.

* Gornición da antena e comprobación da operatividade da estación portátil do bote salvavidas.

* Localización e comprobación dos equipos individuais de salvamento e de socorro do buque.* Comprobación do equipo pirotécnico da ponte de navegación.

* Comprobación do equipo lanzacabos.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Comprobación da baliza de localización.

* Comprobación do respondedor de radar.

* Comprobación do dispositivo de posta a flotación e sinais dos aros salvavidas de home á auga.

* Comprobación dos aros salvavidas.

* Comprobación dos chalecos salvavidas.

* Comprobación dos traxes de inmersión.

* Comprobación das axudas térmicas.

* Realiza-las operacións de mantemento dos equipos portátiles de extinción.* Asistencia no mantemento e enchido dos extintores portátiles de escuma química.

* Asistencia no mantemento e enchido dos extintores de escuma.

* Asistencia no mantemento e enchido dos extintores de po seco.

* Asistencia no mantemento dos extintores de CO.

* Asistencia no mantemento e comprobación do equipo de respiración autónomo.

* Asistencia na comprobación e mantemento do equipo de bombeiro.

* Asistencia no mantemento e comprobación das estacións de extinción.

* Realiza-las operacións de mantemento e comprobación dos equipos fixos de extinción de incendios.* Operación da bomba de emerxencia:

.Arranque.

.Comprobación do bo funcionamento.

.Parada.

.Preparación para a posta en marcha.

* Asistencia na comprobación e mantemento no sistema automático de aspersorios.

* Asistencia na comprobación e mantemento do sistema de extinción por espuma.

* Asistencia na comprobación e mantemento do sistema de extinción por CO2.

* Asistencia na comprobación e mantemento do sistema de extinción por hidrocarburos haloxenados.

* Realiza-las operacións de control e mantemento dos sistemas de seguridade do buque.* Asistencia na comprobación e mantemento do sistema de detección de incendios.

* Asistencia no mantemento e comprobación do sistema de alarma xeral e contra incendios.

* Esbozo do diagrama do sistema eléctrico de emerxencia.

* Arranque do xerador eléctrico de emerxencia.

* Participación nos exercicios de loita contra incendios.

* Realiza-las operacións de control, planificación e dirección das emerxencias e abandonos do buque a súa tripulación e pasaxeiros.* Asistencia na posta ó día e comprobación do Plan de Emerxencia do buque.

* Participación nos exercicios de abandono do buque.

* Participación nos exercicios de loita contra o lume.

* Recoñecemento de bombas e sistemas.* Busca e esbozo do sistema do servicio de:

.Sentinas.

.Lastre.

.Contra incendios.

.Auga doce.

.Vapor.

.Drenaxes.

.Aire comprimido.

.Forza hidráulica

* Recoñecemento de tanques da sala de máquinas e espacios incluídos.* Enumeración de tódolos tanques e coferdáns da sala de máquinas.

* Descrición da disposición das sondas, ventilación dos tanques e reboses.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Localización das válvulas de pechado rápido.

* Localización dos mandos de control remoto.

* Realizar operacións de bombeo e achicamento de sentinas.* Achicamento de tódalas sentinas, asegurándose que tódalas regulacións antipolución son respectadas.

* Comprobación da disposición do sistema de bombeo en caso de emerxencia.

* Enchido e baldeirado de tanques de lastre.

* Operación do separador de augas de sentinas e monitorización da descarga ó mar.

* Realizar operacións de trasfega de combustible.* Esbozo das liñas de combustible.

* Trasfego de combustible dos tanques almacén ós de servicio, observando a seguridade, estabilidade do buque, e medidas de antipolución.

* Drenaxe de auga e lodos dos tanques de decantación.

* Operación cos tanques de almacén.

* Arranque e operación de bombas centrífugas.

* Cumprimento de tódolos requirimentos antipolución.

* Apertura de equipos de trasfega, depuradoras, limpeza das partes e montaxe.

* Realizar operacións de toma de combustible.* Toma de combustible, observando tódalas precaucións e requirimentos relativos á seguridade, dispersión e prevención da polución.

* Toma de mostras e comprobación de lodos e auga no combustible tomado.

* Realizar operacións de mantemento do motor principal Diesel.* Realización do mantemento e inspección rutineira do regulador, comprobando e axustando folgos cando sexa necesario.

* Realización do mantemento e inspección rutineira da carena e asentos, comprobando e axustando folgos cando sexa necesario.

* Realización do mantemento e inspección rutineira do eixe de cola, comprobando e axustando folgos cando sexa necesario.

* Realización do mantemento e inspección rutineira da turbo soprante, comprobando e axustando folgos cando sexa necesario.

* Descrición dos sistemas auxiliares da máquina principal.* Esbozo dunha sección do motor, mostrando os elementos principais.

* Creación dun esbozo do sistema de subministración de combustible.

* Creación dun esbozo do sistema de lubrificación.

* Creación dun esbozo do sistema de lubrificación do turbo.

* Creación dun esbozo dos elementos de refrixeración do pistón.

* Creación dun esbozo de sistema de refrixeración da camisa.

* Creación dun esbozo do sistema de subministración de aire de arranque.

* Creación dun esbozo das exhaustacións de gases do motor.

* Arranchar e prepara-la máquina principal e servicios para a saída ó mar.* Comprobación da operatividade dos:

.Reguladores.

.Control.

.Alarmas.

.Válvulas de sobrepresión do cárter.

.Detector de vaporización no cárter.

* Asegurarse de que tódolos mecanismos, ferramentas, repostos están debidamente estibados e asegurados.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Comunicación co oficial encargado da garda na ponte de navegación respecto á dispoñibilidade da máquina e dos servicios que van a ser solicitados.

* Operación do control da máquina principal durante o período de manobra. Responde-las instruccións recibidas da ponte de navegación e

* Axuste da máquina e os controles para o funcionamento sen interrupcións.

* Rexistro de presións, temperaturas e circulación de fluídos do funcionamento da máquina.

* Axuste e información das condicións anormais de funcionamento, rexistro delas.

* Cambio de control local/manual da maquinaria e os seus sistemas a control remoto, e viceversa.

* Realiza-las operacións rutineiras da máquina principal.* Realización dos test rutineiros en:

.Auga de refrixeración da máquina.

.Aceite de lubrificación.

.Combustible.

* Realiza-las operacións de mantemento do cárter e cegoñal do motor principal.* Operación do virador, tomando e rexistrando tódalas precaucións de seguridade.

* Realización dunha inspección do cegoñal e redacción de informe.

* Toma de flexións de cegoñal.

* Realizar operacións de mantemento do sistema de arranque e combustible do motor principal.* Cambio, inspección, condicións de comprobación, desgaste e folgos, desmontaxe e test dos inxectores.

* Cambio, inspección, condicións de comprobación, desgaste e folgos, desmontaxe e test das válvulas de arranque por aire.

* Cambio, inspección, condicións de comprobación, desgaste e folgos, desmontaxe e test das válvulas de alivio.

* Cambio, inspección, condicións de comprobación, desgaste e folgos, desmontaxe e test das válvulas de escape.

* Cambio, inspección, condicións de comprobación, desgaste e folgos, desmontaxe e test das bombas de fuel.

* Comprobación do forrado das canalizacións de fuel a alta presión.

* Realiza-las operacións de mantemento dos pistóns cilindros e chumaceiras do motor principal.* Comprobación ou desmontaxe, comprobando e axustando folgos da culata e válvulas cando fose necesario.

* Comprobación ou desmontaxe, comprobando e axustando folgos das chumaceiras de bancada cando fose necesario.

* Comprobación ou desmontaxe, comprobando e axustando folgos da chumaceira de biela cando fose necesario.

* Comprobación ou desmontaxe, comprobando e axustando folgos dos pistóns e aros cando fose necesario.

* Comprobación ou desmontaxe, comprobando e axustando folgos de crucetas cando fose necesario.

* Comprobación ou desmontaxe, comprobando e axustando folgos dos porlóns de unión cando fose necesario.

* Comprobación ou desmontaxe, comprobando e axustando folgos dos porlóns de suxeición e calzos cando fose necesario.

* Realiza-las operacións de mantemento de escapes e canalización de gases de exhaustación do motor principal.* Inspección de tronco de escapes e espacios de gases informando de:

.Limpeza.

.Desaugadoiro.

.Válvulas.

* Informe sobre o tipo do sistema de escape.

* Comprobación de que os tubos de escape están illados e protexidos.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Describi-la disposición e arranchado da caldeira auxiliar.* Esbozo nun diagrama da caldeira auxiliar, indicando:

.O camiño do aire, gas e aire quente.

.O economizador.

.A circulación de auga.

.O espacio do vapor.

.Disposición dos queimadores.

.Os tubos.

* Opera-la caldeira auxiliar (economizador).* Alimentación da caldeira e levantar vapor.

* Posta da caldeira en servicio.

* Realización comprobacións rutineiras, indicadores de nivel.

* Comprobacións rutineiras da caldeira auxiliar (economizador).* Aplicación de tratamento a auga de alimentación. Test rutineiro da:

.Auga de caldeira.

.Auga de alimentación.

* Comprobación das correctas condicións de funcionamento de tódolos indicadores e alarmas.

* Comprobación co sistema de control a correcta operación da auga da caldeira, nivel da auga e auga de alimentación.

* Realizar operacións de comprobación rutineiras do sistema de goberno.* Preparación e comprobación do sistema de goberno para a saída ó mar.

* Comprobación e verificación do sistema de goberno durante a viaxe.

* Esbozo nun diagrama da disposición do sistema, usando bloques para representa-los principais compoñentes.

* Comprobación dos niveis dos fluídos hidráulicos e purgar de aire o sistema.

* Realizar operacións rutineiras no sistema de aire comprimido.* Preparación do compresor para a súa posta en marcha.

* Arranque e operación do compresor para recarga-las botellas de almacenamento.

* Parada do compresor.

* Identificación de válvulas de presión, drenaxes, liñas e reservas.

* Cambio de compresor principal ó de reserva cando se traballa en función de arranque automático.

* Comprobación de que as drenaxes automáticas funcionan correctamente.

* Comprobación de que os instrumentos para a calidade do aire se manteñen.

* Comprobación e mantemento:

.Limpeza do aire.

.Filtros.

.Drenaxes.

* Mantementos rutineiros do sistema de compresión de aire.

* Realizar operacións rutineiras dos servicios domésticos.* Posta en marcha e operación do equipo de producción de auga.

* Posta en marcha e operación do evaporador.

* Aplicación do test de pureza e potabilidade da auga.

* Comprobación do sistema de seguridade da presión do tanque.

* Comprobación do correcto funcionamento e axuste se fose necesario de:

.Sistema de descarga ó mar.

.Incineradora.

* Realizar operacións de mantemento dos equipos de cuberta e sistema de posta a flotación das embarcacións de supervivencia.* Realización do mantemento de rutina do molinete.

* Realización do mantemento de rutina das máquinas de carga.

* Realización do mantemento de rutina das guindastres de carga.

* Realización do mantemento de rutina dos cabrestante de manobra.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Realización do mantemento de rutina dos sistemas de posta a flotación das embarcacións de supervivencia.

* Realización do mantemento de rutina das tapas de bodega.

* Realizar operación de mantemento da maquinaria auxiliar.* Desmontaxe, segundo as necesidades do servicio o permitan, da maquinaria auxiliar:

.Inspección e comprobación de desgastes e deterioros.

.Reparación ou cambio de elementos.

.Montaxe e comprobación do funcionamento.

* Realiza-las operacións rutineiras da garda de mar na máquina.* Recepción da garda de navegación segundo o protocolo que a empresa ten establecido.

* Entrega da garda de navegación segundo o protocolo que a empresa ten establecido.

* Realización das tarefas rutineiras da garda de navegación, comprobando o correcto funcionamento de tódolos controles automáticos e sistemas autocontrolables (monitorizados).

* Observación e anotación das condicións de funcionamento da maquinaria.

* Axuste de mecanismos segundo as necesidades.

* Rexistro no diario de máquinas das incidencias.

* Rexistro no caderno de manobra dos movementos da máquina.

* Comunicación con claridade co oficial encargado da garda de navegación.

* Opera-lo xerador de forza eléctrica.* Preparación para arrancar.

* Arranque do xerador de forza eléctrica, axuste da velocidade, axuste da liña.

* Comprobación de que os controles funcionan correctamente.

* Desaxuste da liña.

* Parada e desconexión.

* Opera-lo cadro de distribución eléctrica.* Esbozo do diagrama do sistema de distribución eléctrica desde a saída do xerador ata a entrada uso:

.Circuíto de bloqueo.

.Transformadores.

.Fusibles.

.Voltaxes subministradas.

.Conexión a terra.

.Conexións cadro de emerxencia.

* Illamento e parada do equipamento eléctrico, aplicando medidas de seguridade.

* Realizar operacións rutineiras de mantemento dos sistemas eléctricos.* Comprobación da operación da caída do mecanismo.

* Realización de operacións rutineiras de mantemento en circuíto de rotura asegurándose que o circuíto está illado, desconectado e protexido por medio de avisos e corres

pondente anotación no diario de navegación.

* Realización de operacións rutineiras de mantemento no sistema de caída asegurándose que o circuíto está illado, desconectado e protexido por medio de avisos e correspondente anotación no diario de navegación.

* Realización de operacións rutineiras de mantemento en arranque de motores asegurándose que o circuíto está illa

do, desconectado e protexido por medio de avisos e correspondente anotación no diario de navegación.

* Realización de operacións rutineiras de mantemento en motores asegurándose que o circuíto está illado, desconectado e protexido por medio de avisos e correspondente anotación no diario de navegación.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Realización de operacións rutineiras de mantemento en xeradores asegurándose que o circuíto está illado, desconectado e protexido por medio de avisos e correspondente anotación no diario de navegación.

* Realización de operacións rutineiras de mantemento en luces asegurándose que o circuíto está illado, desconectado e protexido por medio de avisos e correspondente anotación no diario de navegación.

* Realización de operacións rutineiras de mantemento en baterías asegurándose que o circuíto está illado, desconectado e protexido por medio de avisos e correspondente anotación no diario de navegación.

* Realización de operacións rutineiras de mantemento en sistemas de alarma asegurándose que o circuíto está illado, desconectado e protexido por medio de avisos e correspondente anotación no diario de navegación.

* Realizar operacións de manexo dos sistemas de control.* Identificación física dos elementos e explicación das súas funcións.

* Realización dos diferentes modos de operación posibles.

* Realización de axustes dos valores de consigna.

* Calibración de instrumentos de control.

* Efectuar variacións de traballo nos sistemas.

* Realización de procesos de automático a manual.

* Anotación en diario das operacións realizadas.

* Cumprimento das normas de seguridade establecidas.

* Realizar operacións de manexo e mantemento nas instalacións frigoríficas e de almacenaxe de fluídos.* Realización de esquema en diagrama de bloques da instalación identificando os seus elementos.

* Identificación dos recipientes de líquido frigoríxenos.

* Realización correcta dos procesos de posta en marcha/parada da instalación.

* Rexistro dos parámetros de funcionamento e comparación cos establecidos, diagnosticando o bo/mal funcionamento deles.

* Realización de comprobacións de:

.Parada por baixa presión de aceite.

.Parada por baixa presión

.Parada por nivel de líquido

.Parada por alta presión

* Realización de:

.Carga de refrixerante

.Carga e extracción de aceite

.Cambio e limpeza de filtros

.Cambio de válvulas

.Calibración e cambio de fusibles, térmicos e outros elementos de protección da instalación

.Probas de presión da instalación.

.Detección de fugas.

* Realización do estibado e trincado dos recipientes de líquido.

* Verificación das datas de proba de presión dos recipientes.

* Verificación do estado de manómetros e válvula dos recipientes.

* Cumprimento das normas de seguridade establecidas.

* Realizar operacións de manexo e mantemento nos equipos de extracción e procesado.* Esbozo dos distintos compoñentes da instalación, identificándoos.

* Rexistro das anomalías observadas no equipo.

* Realización das operacións de marcha/paro, manual/auto do equipo ou sistema.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Comprobación do funcionamento dos sistemas de alarma e seguridade.

* Comparación dos valores de consigna cos de sinal e actuación segundo os manuais e instruccións.

* Realización de operacións de control sobre os diferentes tipos de accionamento.

* Realización de operacións de tensado de cintas de transporte.

* Realización de afiado de coitelos das cortadoras.

* Realización de pequenas operacións de mantemento e conservación de:

.Cintas transportadoras.

.Descabezadoras.

.Fileteadoras.

.Glaseadoras.

.Peladoras.

.Evisceradoras.

* Cumprimento das normas de seguridade.

Duración 740 horas.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar á saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analiza-las actuacións a seguir no caso de accidentes de traballo.

* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

* Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describi-lo sistema de protección social.

Contidos básicos (duración 65 horas).

Procedementais.

* Saúde laboral.

.Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa coma para os traballadores.

.Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

.Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

.Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

.Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

.Determinación dos equipos de protección individual.

* Lexislación e relacións laborais.

.Identificación das distintas modalidades de contratación.

.Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

.Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

.Elaboración dunha folla de salario.

.Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

* Orientación e inserción socio-laboral.

.Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias deste.

.Identificación e definición de actividades profesionais.

.Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus planos de estudios.

Conceptuais.

* Saúde laboral.

.Condicións de traballo e seguridade.

.Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

.Danos profesionais.

.Medidas de prevención e protección.

.Marco legal de prevención laboral.

.Notificación e investigación de accidentes.

.Estatística para a seguridade.

.Primeiros auxilios.

* Lexislación e relacións laborais.

.Dereito laboral nacional e comunitario.

.Contrato de traballo.

.Modalidades de contratación.

.Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

.Órganos de representación dos traballadores.

.Convenios colectivos.

.Conflictos colectivos.

.Seguridade Social e outras prestacións.

* Orientación e inserción socio-laboral.

.Mercado de traballo.

.A autoorientación profesional.

.O proceso de busca de emprego. Fontes de información e emprego.

.Traballo asalariado na Administración e por conta propia. A empresa social.

.Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

.Itinerarios formativos/profesionalizadores.

Actitudinais.

* Saúde laboral.

.Respecto pola saúde persoal e colectiva.

.Interese polas condicións de saúde no traballo.

.Valoración do medio ambiente como patrimonio común.

* Lexislación e relacións laborais.

.Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen los contratos laborais.

.Valoración da necesidade do cumprimento da normativa laboral.

.Igualdade ante as diferencias socio-culturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Orientación e inserción socio-laboral.

.Toma de conciencia dos valores persoais.

.Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

.Preocupación polo mantemento da ética profesional.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Profesorado.

4.1.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de «Operación, control e mantemento de máquinas e instalacións do buque».

Módulo profesionalEspedialidade do

profesorado

Corpo

1. Operación e mantemento dos equipos de propulsión e servicios.* Máquinas, servicios e producción.* Profesor técnico de F.P.

2. Instalacións e máquinas eléctricas.* Navegación e instalacións marinas.* Profesor de ensino secundario.

3. Automatización: regulación e control.* Navegación e instalacións mariñas.* Profesor de ensino secundario.

4. Operación e mantemento dos sistemas frigoríficos e de producción.* Máquinas, servicios e producción.* Profesor técnico de F.P.

5. Operacións auxiliares de mantemento industrial.* Máquinas, servicios e producción.* Profesor técnico de F.P.

6. Seguridade, supervivencia e primeiros auxilios no mar.* Navegación e instalacións mariñas.* Profesor de ensino secundario.

7. Lingua estranxeira.* Inglés.* Profesor de ensino secundario.

Módulo profesionalEspedialidade do

profesorado

Corpo

8. Relacións no equipo de traballo.* Formación e orientación laboral.* Profesor de ensino secundario.

9. Formación e orientación laboral.* Formación e orientación laboral.* Profesor de ensino secundario.

4.1.2. Equivalencias de titulacións a efectos de docencia.

* Para a impartición dos módulos profesionais correspondentes á especialidade de:

-Navegación e instalacións mariñas.

Establécese a equivalencia, a efectos de docencia, dos títulos de:

-Diplomado en máquinas navais.

-Diplomado en navegación marítima

-Diplomado en radioelectrónica naval.

-Enxeñeiro técnico en estructuras mariñas.

-Enxeñeiro técnico en propulsión e servicios do buque.

-Diplomado da mariña civil:

Náutica.

Máquinas navais.

Cos de doutor, enxeñeiro, arquitecto ou licenciado.

* Para a impartición dos módulos profesionais correspondentes á especialidade de:

-Formación e orientación laboral.

Establécese a equivalencia, a efectos de docencia, dos títulos de:

-Diplomado en ciencias empresariais.

-Diplomado en relacións laborais.

-Diplomado en traballo social.

-Diplomado en educación social.

Cos de doutor, enxeñeiro, arquitecto ou licenciado.

4.2. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no Real decreto 725/1994, do 22 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao medio en operación, control e mantemento de máquinas e instalacións do buque, require, para a impartición das ensinanzas definidas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Grado de

Espacio formativoSuperficieutilización

Taller de máquinas240 m30 %

Taller eléctrico-electrónico120 m25 %

Taller de seguridade e

supervivencia120 m15 %

Aula polivalente 60 m30 %

.O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas mínimas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas e, por tanto, ten un senso orientativo para o que definan as administracións educativas ó establece-lo currículo.

.Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos ou outras etapas educativas.

.En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

.Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.3. Acceso ó bacharelato, validacións e correspondencias.

4.3.1. Modalidades do bacharelato ás que dá acceso.

-Tecnoloxía.

4.3.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

* Operación e mantemento dos equipos de propulsión e servicios.

* Instalacións e máquinas eléctricas.

* Operación e mantemento dos sistemas frigoríficos e de producción.

* Operacións auxiliares de mantemento industrial.

* Seguridade, supervivencia e primeiros auxilios no mar.

4.3.3. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

* Operación e mantemento dos equipos de propulsión e servicios.

* Instalacións e máquinas eléctricas.

* Automatización: regulación e control.

* Operación e mantemento dos sistemas frigoríficos e de producción.

* Operacións auxiliares de mantemento industrial.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4. Distribución horaria.

Os módulos prosionais deste ciclo formativo organízanse en dous cursos:

HorasCM Operación, control e mantemento de máquinas e instalacións do buque

2.000 H.

1º, 2º e 3º trimestre

155Operación e mantemento dos equipos de

propulsión e servicios.

155Instalacións e máquinas eléctricas.

155Automatización: regulación e control.

275Operacións auxiliares de mantemento

industrial.

65Lingua estranxeira (inglés).

65Relacións no equipo de traballo.

90Horas a disposición do centro.

4º, 5º e 6º trimestre

125Operación e mantemento dos sistemas

frigoríficos e de producción.

110Seguridade, supervivencia e primeiros

auxilios no mar.

65Formación e orientación laboral.

740Formación no centro de traballo

6773