O artigo 2º, punto 4, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude:
RESOLVO:
1. Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto de explotación da canteira de granito Curveiro Grande, situada no concello de Friol, provincia de Lugo.
2. Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposisición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:
* Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.
* Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia de Lugo.
* Concello de Friol.
3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.
4. Unha vez rematado o mencionado prazo, remitiráselle o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 1997.
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente
6921