Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. polígono industrial Ribadumia.
Situación: Ribadumia-Cambados.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 1.100 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a subestación de Cambados rematando no C.T. que se proxecta no polígono industrial de Ribadumia, concello de Ribadumia e Cambados. C.T. de 1000 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 60 m de lonxitude con conductor tipo R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 21 de xullo de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
6545