A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que ECESA, con enderezo en San Agustín, 2-2º, 28014 Madrid, presentou nesta delegación provincial, instancia-solicitude do permiso de investigación Becerreá, de 114 cuadrículas mineiras para recursos de Sección C, que se sitúa nos concellos de Navia de Suarna da provincia de Lugo e Ibias da provincia de Asturias, á que lle correspondeu o número 5842 da provincia de Lugo.
A designación do terreo é a seguinte:
VérticeLonxitudeLatitude
1-6º 55' 00''42º 59' 20''
2-6º 52' 00''42º 59' 20''
3-6º 52' 00''42º 59' 00''
4-6º 51' 40''42º 59' 00''
5-6º 51' 40''42º 58' 40''
6-6º 51' 20''42º 58' 40''
7-6º 51' 20''42º 55' 40''
8-6º 52' 40''42º 55' 40''
9-6º 52' 40''42º 55' 20''
10-6º 54' 20''42º 55' 20''
11-6º 54' 20''42º 56' 00''
12-6º 54' 40''42º 56' 00''
13-6º 54' 40''42º 58' 20''
14-6º 55' 00''42º 58' 20''
A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.
O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.
Lugo, 6 de marzo de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
6491