Reunido con data do 20 de xuño de 1997 o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, para estudiar e resolve-lo expediente para a cualificación como veciñal en man común do monte das seguintes características:
Expediente: 328.
Monte: de Insua.
Lugar: Insua.
Parroquia: Mazaricos.
Concello: Mazaricos.
Superficie: 19,00 ha.
Lindeiros:
É parte do monte Aro nº 103-B do C.U.P. Norte: monte de la comunidad de Serráns, por unha liña trazada desde o piquete nº 53 ata a Pedra da Leira, a uns 200 m ó norte do piquete nº 34 e na liña do deslindamento. Leste: monte público Pedroso, Val, Sixto e outros, da parroquia de Chacín, desde a Pedra da Leira ata o piquete nº 34, e seguindo a orde de piquetes ata o nº 37. Sur: monte comunal do lugar de Val, desde o piquete nº 37 ata o 41 seguindo a orde de piquetes. Oeste: propiedades particulares do lugar de Insua, desde o piquete nº 41 ata o 53 seguindo a orde de piquetes.
O expediente iníciase mediante acordo do xurado con data do 23 de maio de 1995, por instancia dos veciños do lugar de Insua, parroquia de Mazaricos, concello de Mazaricos, nomeándose como instructor a Federico Sánchez Rodríguez, e posteriormente a Andrés López-Suevos Fernández, tramitándose de acordo coas formalidades legais e regulamentarias esixidas principalmente pola Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento de aplicación aprobado polo Decreto 260/92, do 4 de setembro, ambos da Comunidade Autónoma de Galicia, Lei de procedemento
administrativo e demais disposicións aplicables no caso.
O xurado, na súa deliberación, acepta a proposta do instructor ó mesmo tempo que acorda a súa incorporación ó expediente, e de acordo cos antecedentes e fundamentos de dereito expostos nela, e en especial pola comprobación de que o monte cumpre os requisitos para a súa cualificación como veciñal en man común, é dicir, a súa pertenza a agrupacións de veciños na súa calidade de grupos sociais, non como entidades administrativas, e o seu aproveitamento consuetudinario en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros de cada agrupación na súa condición de veciños comuneiros. Por iso, nesta data,
ACORDA:
Cualificar como monte veciñal en man común da comunidade veciñal do lugar de Insua, parroquia de Mazaricos, concello de Mazaricos, o denominado monte de Insua, cos lindeiros, superficie e características citados. Así mesmo, acorda excluí-lo declarado do inventario de bens do concello e do catálogo dos de utilidade pública, se neles estivese inscrito, incluíndoo no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común que figura na Delegación de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados a partir do día seguinte ó de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo a ata agora vixente Lei de procedemento administrativo.
A Coruña, 20 de xuño de 1997.
Vº e Pr.
Rogelio Aramburu Núñez
Presidente do Xurado Provincial de
Montes Veciñais en Man Común da Coruña
Manuel Puente Araújo
Secretario do Xurado Provincial de
Montes Veciñais en Man Común da Coruña
6497