Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 12 de setembro de 1997 Páx. 9.084

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

EDICTO (152/1996).

Luisa María Pérez Rúa, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 2 de Ribeira.

Fago saber que neste xulgado co número 152/1996, por instancia de Manuel Pérez Fernández séguese expediente de dominio para reanudación do tracto sucesivo e, á vez, adecua-la superficie do predio á súa realidade, e no momento oportuno, se acorde a inscrición do dominio do predio que a seguir se expresa: predio a piñeiral chamado Anovada, de cincuenta ferrados ou dúas hectáreas, trece áreas e dezaoito centiáreas. Linda, norte monte común; sur, granxa da casa da herdanza de José del Río Chico, muro en medio; leste, a expresada granxa e oeste, José Romero. Radica no lugar de Cruceiro, parroquia de Santa Eulalia de Boiro, termo de Boiro. Pasados moitos anos desde que o predio foi comprado, variaron os donos dos predios extremeiros e variou o lindeiro do norte a causa da construcción dunha pista ou estrada, quedando os lindeiros así: norte, pista ou estrada e monte común, constituída por dúas parcelas do Concello de Boiro, ambas de forma triangular e miden, a da dereita -situada entre o

predio, chamado Granxa e a pista ou estrada,-399,14 m e, a da esquerda, que sitúa entre o predio Anovada, a pista e parcela de Antonio Ces Fernández, 1.262,06 m; leste, granxa propiedade de Salvador Alcalde Abalo, muro de en medio e oeste, predio de Antonio Ces Fernández, a labradío, Antonio Fernández Buceta, con viña, Jesús Briones Sampedro, con piñeiral e José Romero, igualmente, con piñeiral.

Polo presente edicto convócanse as persoas ignoradas a quen puidese prexudica-la inscrición para que no termo dos dez días seguintes á publicación deste edicto poidan comparecer no expediente alegando o que ó seu dereito conveña.

En Ribeira, vintetrés de maio de mil novecentos noventa e sete.

A xuíza

Rubricado

6557