Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 12 de setembro de 1997 Páx. 9.094

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1997 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a contratación da obra de urbanización da rúa Concello, entre as rúas Alfredo Brañas e Serra de Outes, en Lugo. (Expediente LU-97/URB02).

Obxecto: execución de obras de urbanización.

Orzamento: trece millóns cincocentas noventa e cinco mil oitocentas sesenta e seis (13.595.866) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: duascentas setenta e unha mil novecentas dezasete (271.917) pesetas.

Garantía definitiva: cincocentas corenta e tres mil oitocentas trinta e cinco (543.835) pesetas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación estarán de manifesto e á disposición dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particu

lares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás once trinta (11.30) horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou telefax no mesmo día.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 1997.

P.D. (Resolución 6.4.1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

6959