VI. ANUNCIOS
DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade das concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-3061; XG-346, entre San Martín de Corbello e Lugo, con anexos, e F-1757; XG-122, entre Moncelos e Lugo a varias localidades, de feiras e mercados.
O acordo directivo, do 4 de xuño de 1997, autorizou a transmisión das concesións de referencia a favor da empresa Vigo Álvarez, S.L. por cesión do seu anterior titular, Jesús Vigo García.
O que se publica co fin de que a presente transmisión teña validez e surta os oportunos efectos xurídicos; quedará subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas da concesión.
Santiago de Compostela, 18 de agosto de 1997.
Emilio García Gallego
Director xeral de Obras Públicas e Transportes
6990