Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 1997 Páx. 9.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión extraordinaria celebrada o 21 de agosto de 1997, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual número dous das normas subsidiarias do Concello do Grove.

Conforme co establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, esta expediente exponse ó público polo prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo os interesados durante este prazo examinalo nas oficinas de secretaría municipal e presenta-las alegacións que consideren oportunas.

O Grove, 22 de agosto de 1997.

José Antonio Galiñanes Mascato

Alcalde