A Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron dele
gadas conforme o establecido no artigo 7º da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación que a seguir se cita.
Obxecto: subministración de aparellos e dispositivos para equipamento dos centros dependentes desta Xerencia de Atención Primaria de Lugo, de acordo co contido de prego de prescripcións técnicas e normas complementarias. (C.P. 3/1997).
Orzamento: máximo autorizado de tres millóns duascentas mil pesetas (3.200.000 ptas.), IVE incluído.
Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia.
Prazo de execución do contrato: 1 mes.
Admisión de variantes: non se admiten variantes.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios de Subministracións da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, praza de Ferrol nº 11, 4ª planta, 27001 Lugo. Teléfono (982) 29 62 29 e 29 62 19; fax (982) 24 24 16; tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.
Fianzas: 2% do orzamento máximo.
Nº orde 1: 17.600 ptas.
Nº orde 2: 16.000 ptas.
Nº orde 3: 6.400 ptas.
Nº orde 4: 20.000 ptas.
Nº orde 5: 4.000 ptas.
Solvencia económica e financeira: acreditarase polos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
Solvencia técnica: deberá acreditarse polos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
Criterios de adxudicación:
Calidade: 10 puntos.
Características funcionais: 8 puntos.
Prezo: 6 puntos.
Tempo de vida útil con cobertura técnica: 6 puntos.
Garantía: 5 puntos.
Servicio técnico: prezo por Km e por hora de traballo, prezo de recambios e tempo de resposta: 5 puntos.
Clasificación: non se precisa.
Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro da Xerencia de Atención Primaria de
Lugo, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos, conforme o artigo 38.4º, apartado C, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e artigo 205 do Regulamento de correos aprobado por Decreto 1563/1964, do 14 de maio, modificado no seu apartado 3 do Decreto 2655/1985, do 27 de decembro, e anunciarlle á Xerencia de Atención Primaria a remisión da oferta mediante fax (982) 24 24 16, ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
Apertura das proposicións: terá lugar no salón de actos desta Xerencia de Atención Primaria de Lugo a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural a contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.
Lugo, 11 de agosto de 1997.
Lorenzo Armenteros del Olmo
Director xerente de Atención Primaria
6912

