No eido da asistencia social, a Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia exclusiva, segundo o disposto no artigo 27.23 do seu Estatuto de autonomía, en relación co artigo 148.1º.20 da Constitución española.
En virtude desa atribución de competencias, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, na que se ordenan e regulan os aspectos básicos dun sistema integrado de servicios sociais.
A dita norma, recollendo o principio de autonomía dos entes locais consagrado pola Constitución española, realiza unha distribución competencial entre as distintas administracións públicas, atribuíndo ós concellos competencias propias para a creación e xestión tanto dos servicios sociais de atención pri
maria como dos servicios sociais especializados de ámbito local, entendendo por tales aqueles nos que os usuarios sexan predominantemente residentes no respectivo concello.
En desenvolvemento do establecido na disposición transitoria primeira da devandita norma legal aprobouse o Decreto 129/1996, do 26 de marzo, polo que se crean as comisións mixtas coas corporacións locais para o traspaso dos equipamentos sociais adscritos á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, establecendo a súa composición, funcións e normas de funcionamento.
Constituída a comisión mixta de transferencias Xunta de Galicia - Concello de Ponteareas segundo o establecido no citado Decreto 129/1996, e de conformidade co disposto no artigo 2º deste, adoptou, na súa reunión do 24 de abril de 1997, acordo de transferencia ó Concello de Ponteareas do centro social e da residencia da terceira idade situados no seu termo municipal e adscritos á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
O dito acordo ten carácter de proposta, e precisa aprobación do Consello da Xunta.
Por isto, por proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dez de setembro de mil novecentos noventa e sete,
DISPOÑO:
Artigo 1º
Apróbase o acordo da comisión mixta creada polo Decreto 129/1996, do 29 de marzo, para o traspaso dos equipamentos sociais adscritos á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, adoptado na súa reunión do día 24 de abril de 1997, polo que se traspasan o centro social e a residencia da terceira idade, situados no termo municipal de Ponteareas, e os correspondentes recursos persoais, materiais e orzamentarios.
Artigo 2º
En consecuencia, quedan traspasados ó Concello de Ponteareas e asumidos por este os centros e servicios que se relacionan no dito acordo, que se inclúe como anexo do presente decreto, nos termos e condicións resultantes del, así como os medios persoais, bens, dereitos e obrigas sinaladas no texto do acordo e relacións que se xuntan, así como os créditos orzamentarios determinados segundo o procedemento establecido no propio acordo.
Artigo 3º
O traspaso a que se refire este decreto terá efectividade a partir do día 1 do mes seguinte a súa publicación no DOG, sen prexuízo de que a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais produza ata a entrada en vigor deste decreto tódolos actos administrativos necesarios para o mantemento dos centros no mesmo réxime e nivel de funcionamento que tivesen no momento da adopción do acordo.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Quedan facultados os conselleiros de Economía e Facenda e de Sanidade e Servicios Sociais para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do presente decreto.
Segunda.-Este decreto entrará en vigor o mes seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, dez de setembro de mil novecentos noventa e sete.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
José María Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais
ANEXO
Joan Ribot Margarit e María del Pilar Rodríguez Domínguez, secretarios da comisión mixta de transferencias Xunta de Galicia-Concello de Ponteareas, prevista no Decreto 129/1996, do 29 de marzo,
CERTIFICAN:
Que na sesión plenaria da comisión mixta celebrada o día 24 de abril de 1997 acordouse o traspaso ó Concello de Ponteareas do centro social e da residencia da terceira idade dependentes da Administración autonómica e situados no seu territorio municipal, nos termos seguintes:
A) Referencia ás normas estatutarias e legais nas que se ampara a transferencia.
En consonancia co disposto no artigo 148.1º.20 da Constitución española, o Estatuto de autonomía para Galicia establece no seu artigo 27.23 a competencia exclusiva da Comunidade Autónoma en materia de asistencia social.
Pola súa parte, a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, recolle entre os principios inspiradores do sistema de servicios sociais o de territorialidade, segundo o cal a organización do sistema e a distribución de competencias e funcións responderán ós principios de descentralización e desconcentración, atribuíndo ou delegando o exercicio das competencias nos entes ou órganos administrativos máis próximos ós cidadáns, sen mingua da garantía dunha igualdade de servicios e prestacións a tódolos cidadáns de Galicia.
Así mesmo, a norma realiza unha distribución competencial entre as distintas administracións públicas, establecendo no seu artigo 21:
«1. Correspóndelles ós concellos, de conformidade co previsto na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, as seguintes competencias:
a) A creación e xestión dos servicios sociais de atención primaria.
b) A creación e xestión dos servicios sociais especializados de ámbito local, entendendo por tales aqueles nos que os usuarios sexan predominantemente residentes no respectivo concello».
Á súa vez, a disposición transitoria primeira da lei sinala que de conformidade coas competencias atribuídas ás entidades locais na presente lei, arbitrarase regulamentariamente o procedemento para a transferencia dos equipamentos, persoal, medios materiais e dotación orzamentarias correspondentes a estas, engadindo que a devandita transferencia incluirá, entre outros equipamentos, os centros sociais e as residencias da terceira idade, agás as asistidas.
Sobre a base destas previsións estatutarias e legais resulta procedente efectua-lo traspaso do centro social e da residencia da 3ª idade dependentes da Administración autonómica ó Concello de Ponteareas.
B) Identificación dos equipamentos que son obxecto de traspaso.
Traspásanse ó Concello de Ponteareas os seguintes equipamentos do seu ámbito territorial:
-Centro social.
-Residencia da terceira idade.
A xestión destes centros realizarase de acordo coa lexislación vixente nesta materia na Comunidade Autónoma de Galicia; en especial o relativo á determinación de beneficiarios, requisitos e intensidade da acción protectora.
No que respecta ó ingreso de usuarios, con carácter preferente serán atendidos os solicitantes pertencentes á comarca, admitíndose residentes de toda a Comunidade Autónoma cando existan prazas vacantes. Con independencia do anterior, ademáis, articularanse mecanismos de coordinación que garantan a utilización das prazas para a cobertura das necesidades xerais e de emerxencia da Comunidade Autónoma.
Así mesmo, unha vez o traspaso sexa efectivo, os centros quedarán obrigados a desenvolve-los distintos programas e actuacións de ámbito autonómico que a Xunta de Galicia impulse en cada momento, nas condicións que prevé a Lei 4/1993, de servicios sociais.
Co fin de garanti-lo posible traslado dos usuarios da residencia por causas de agrupamento familiar ou outras motivacións sociais, ábrese un prazo máximo de dous anos contados desde a data de efectividade da transferencia para que os seus usuarios poidan solicita-lo seu traslado a outra residencia da Xunta de Galicia. As peticións que se formulen despois deste prazo terán a consideración de novos ingresos.
C) Bens, dereitos e obrigas que se traspasan:
1. Traspásanse ó Concello de Ponteareas os bens, dereitos e obrigas da Xunta de Galicia que se recollen no inventario detallado da relación anexa número 1.
2. No caso de que os centros traspasados non se utilicen para o cumprimento dos fins sociais previstos, reverterán á Comunidade Autónoma despois de que esta a inste dando audiencia ó concello.
3. No prazo de tres meses desde a publicación do decreto que aprobe este acordo, asinaranse as correspondentes actas de entrega e recepción de mobiliario, equipo e material inventariable.
D) Persoal que se traspasa.
O persoal adscrito ós centros e servicios traspasados que se referencia nominalmente na relación anexa número 2, pasará a depender do Concello de Ponteareas.
A Consellería de Sanidade e Servicios Sociais notificaralles ós interesados o traspaso tan pronto o Consello da Xunta aprobe o presente acordo por decreto.
Así mesmo, a Consellería da Presidencia e Administración Pública declarará o pase a nova situación administrativa que corresponda.
Así mesmo, remitirase ó organo competente do Concello de Ponteareas unha copia certificada do expediente de persoal, así como certificado de haberes referidos ás contías devengadas durante 1996.
E) Valoración das cargas financeiras dos centros e servicios transferidos.
1. A valoración definitiva do custo efectivo anual dos servicios traspasados, referidos o ano 1996, elévase a 74.733.768 pesetas, consonte a seguinte distribución:
a) Centro social de Ponteareas:
Capítulo I---
Capítulo II 6.164.664
Total6.164.664
b) Residencia de terceira idade de Ponteareas:
Capítulo I68.024.424 (*)
Capítulo II 13.553.782
Total81.578.206
(*) Inclue o capítulo I da residencia e do centro social.
c) Total dos servicios traspasados:
Capítulo I68.024.424
Capítulo II 19.718.446
Total87.742.870
d) Ingresos por servicios prestados:
Centro social de Ponteareas---
Residencia da terceira
idade de Ponteareas 13.009.102
Total por servicios prestados13.009.102
e)Total neto74.733.768 (*)
-(*) Para os efectos da actualización sinalada no apartado E, punto 2, o total neto que hai que transferir, tendo en conta que os importes dos capítulos e II representan o 77,52% e o 22,48% dos custos respectivamente e os ingresos por servicios prestados ascenden a 13.009.102 ptas., repártese do seguinte xeito:
Capítulo I57.939.768
Capítulo II16.794.000
2. O financiamento do citado custo por parte da Comunidade Autónoma realizarase en exercicios sucesivos para cada un dos centros traspasados mediante actualización do seu importe na mesma
medida en que evolucionen globalmente os gastos de funcionamento (capítulos I e II) dos centros de igual natureza xestionados pola Comunidade Autónoma. A variación indicada enténdese referida a termos de comparación homoxéneos, é dicir, excluíndose os incrementos que poidan producirse en cada anualidade, respecto da anterior, pola posta en funcionamento de novos centros ou servicios.
3. A transferencia dos fondos ó Concello de Ponteareas efectuarase por doceavas partes do importe total financiado en cada exercicio.
4. No ano 1997 o custo financiado será o resultante de deducir do total neto sinalado no punto 1 deste apartado o importe dos gastos dos capítulos I e II aboados pola Comunidade Autónoma ata a data de efectividade do traspaso dos centros, minorado coa recadación de ingresos por servicios prestados.
F) Documentación e expedientes necesarios para a xestión dos centros que se traspasan.
A entrega da documentación e expedientes dos centros e servicios que se traspasan, realizarase no prazo dun mes a partir da data de efectividade da transferencia obxecto deste acordo.
G) Data de efectividade da transferencia.
A efectividade da transferencia obxecto deste acordo terá lugar a partir do día 1 do mes seguinte ó da publicación do decreto de transferencia no DOG.
E para que conste, expídese a presente certificación en Santiago de Compostela, 24 de abril de 1997. Joan Ribot Margarit e María del Pilar Rodríguez Domínguez. Secretarios da Comisión Mixta.
Joan Ribot MargaritMaría del Pilar Rodríguez Domínguez
SecretarioSecretaria
Relación número 1
Relación de bens inmobles adscritos á Consellería de
Sanidade e Servicios Sociais obxecto de traspaso ó Concello de Ponteareas
Nº Ident. Nome e uso Localidade e enderezo Superficie construída Superficie útil
P0211 Centro social Ponteareas 680 m 607 m P0218 Residencia da terceira idade Ponteareas 1.498 m 1.273 m
Relación número 2
Relación nominal do persoal da residencia-fogar de terceira idade que se traspasa ó Concello de Ponteareas
persoal
administrativaApelidos e nome Número de rexistro
Corpo ou escala Posto de traballo Situación
Retribucións anuais 1996
Básicas Complement. Total
Javier administrador
González Ballesta, Alfredo
36.001.534.24 A2053 Grupo C Director-
Func.-LD 1 .690.136 1.629.840 3.319.976 Castro Domínguez, Juan José 35.552.359 Dtor. centro Soc. Dtor. centro Soc. LF 3.041.990 324.756 3.366.746 Grado Díez, Mª Carmen 13.058.384 Asistente social Asistente social LF 3.041.990 3.041.990 Mella Lorenzo, Elizabeth 35.550.259 A.T.S./D.U.E. A.T.S./D.U.E. LF 2.951.990 3.041.990 Touza Rey, Ángela Mª 52.491.855 A.T.S./D.U.E. A.T.S./D.U.E 1/2X LT 1.438.423 1.438.423 Sineiro Galiñanes, Julio César 35.457.447 Ofic. 1ª cociña Ofic. 1ª cociña LT 2.309.888 2.309.888 González Vázquez, José Benito 34.920.116 Auxiliar Admtvo. Posto base Gr. D LF 2.122.414 2.122.414 Ucha Gómez-Rguez., Emérita 35.553.065 Auxiliar Admtvo. Posto base Gr. D LF 2.122.414 2.122.414 Sobrino González, Carmen 76.891.090 Auxiliar clínica Auxiliar clínica LT 1.957.270 1.957.270 Amil Alonso, Begoña 76.893.710 Auxiliar clínica Auxiliar clínica LT 1.957.270 1.957.270 Martínez Fernández, Manuel 41.492.208 Oficial 2ª cociña Oficial 2ª cociña LT 1.957.270 1. 957.270 Fernández Soutelo, Cristina 35.563.431 Axudante cociña Axudante cociña LF 1.864.478 1.864.478 Barros Sestelo, Nieves 35.545.180 Axudante cociña Axudante cociña LT 1.754.382 1.754.382 Vázquez Fernández, Mª Carmen 35.546.391 Camareira-Limpad. Camareira-Limpad. LT 1.754.382 1.754.382
persoal
administrativaApelidos e nome Número de rexistro
Corpo ou escala Posto de traballo Situación
Retribucións anuais 1996
Básicas Complement. Total
Guisado Reboreda, Rosa Mª 76.891.979 Camareira-Limpad. Camareira-Limpad. LT 1.754.382 1.754.382 Alfaya Vilas, Mª Carmen 35.554.504 Camareira-Limpad. Camareira-Limpad. LT 1.754.382 1.754.382 González Otero, Carmen 35.555.681 Camareira-Limpad. Camareira-Limpad. LT 1.754.382 1.754.382 Martínez Fernández, Mª Ángeles 35. 788.957 Camareira-Limpad. Camareira-Limpad. LT 1.754.382 1.754.382 Linares Neira, Elvira 33.306.093 Camareira-Limpad. Camareira-Limpad. LF 1.919.526 1.919.526 González Vidal, José 35.787.602 Ordenanza Ordenanza LF 1.919.526 1.919.526 Feijoo Martínez, Pilar 34.871.640 Ordenanza Ordenanza LT 1.754.382 1.754.382 Falagan García, Ana Mª 35.975.118 Vixilante Noct. Vixilante Noct. LT 1.754.382 1.754.382 Valmaseda Pantoja, Ángel 36.046.543 Vixilante Noct. Vixilante Noct. LT 1.754.382 1.754 .382
7183