A) Obra.
1. Abastecemento e saneamento en Astureses. (Boborás-Ourense).
Clave: OH.532.315.
Orzamento: corenta e dous millóns novecentas cincuenta e unha mil duascentas corenta e oito pesetas (42.951.248).
Prazo de execución: 12 meses.
Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.
Fianza provisional: non se esixe.
2. Captacións, abastecemento e saneamento no concello de Beariz. (Ourense).
Clave: OH.532.316.
Orzamento: quince millóns cen mil pesetas (15.100.000)
Prazo de execución: 12 meses.
Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría b.
Fianza provisional: non se esixe.
3. Rede de sumidoiros en San Lourenzo. (Porqueira-Ourense).
Clave: OH.332.318.
Orzamento: trinta e oito millóns de pesetas (38.000.000).
Prazo de execución: 12 meses.
Clasificación:grupo E, subgrupo 1, categoría c.
Fianza provisional: non se esixe.
4. Distribución do abastecemento de augas As Mariñas. (Oia-Pontevedra).
Clave: OH.236.374.
Orzamento: corenta e tres millóns oitocentas corenta e dúas mil oitocentas noventa e unha pesetas (43.842.891).
Prazo de execución: 12 meses.
Clasificación:grupo E, subgrupo 1, categoría c.
Fianza provisional: non se esixe.
(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).
B) Documentos de interese para os licitadores.
O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Organismo Autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.
C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.
Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.
As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
D) Modelo de proposición.
Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.
E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.
As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no Rexistro Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado
conforme o disposto no art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día dezasete (17) de outubro de 1997.
F) Apertura das proposicións.
A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día vintesete (27) de outubro de 1997.
G) Documentos que deben presenta-los licitadores.
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1997.
Emilio García Gallego
Presidente do organismo autónomo
Augas de Galicia
7211