Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 01 de outubro de 1997 Páx. 9.672

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (147/1997).

En Arzúa o doce de setembro de mil novecentos noventa e sete. En virtude do disposto por Eva María Doval Lorente, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa, en resolución desta data, en xuízo verbal civil número 147/1997, seguido neste xulgado por instancia de José María Vilas Raviña e Schweiz, Sociedad Anómina de Seguros y Reaseguros, representados polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Benito Magdalena Sánchez e Consorcio de Compensación de Seguros, sobre reclamación de cantidade, acordouse convoca-las partes para o vindeiro día vintesete de outubro de mil novecentos noventa e sete, ás 10 horas, para a celebración do xuívo verbal, citándose por medio do presente edicto o demandado Benito Magdalena Sánchez, en ignorado paradoiro, para a celebración do citado acto, coa prevención de que, de non comparecer, seguirá o xuízo na súa rebeldía.

E para que conste e lle sirva de citación en legal forma ó demandado referido, expido o presente edicto en Arzúa o doce de setembro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

7195