Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Buelo.
Situación: Moraña.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 120 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio s/n da L.M.T. ó C.T. de X.E. de Moraña, rematando no C.T. que se proxecta en Buelo, concello de Moraña. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aero-subterránea, de 195 m de lonxitude o tramo aéreo con conductor tipo R.Z., e 40 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.V.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 11 de setembro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
7918

