O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
Obxecto: bolsas de ouriños e colostomía.
Orzamento: 9.679.340 ptas.
Garantía provisional: 193.587 ptas.
Lote 1: bolsa ouriños 2 l c/v e billa.
Orzamento: 900.000 ptas.
Garantía provisional: 18.000 ptas.
Lote 2: bolsa ouriños c/v e billa estéril.
Orzamento: 1.228.500 ptas.
Garantía provisional: 24.570 ptas.
Lote 3: bolsa ouriños cistobomba 2 l.
Orzamento: 538.200 ptas.
Garantía provisional: 10.764 ptas.
Lote 4: bolsa ouriños Cont. horario.
Orzamento: 3.755.700 ptas.
Garantía provisional: 75.114 ptas.
Lote 5: B. Colost. Cerr. 20-55 mm e Aber. 10-55 mm maxi Transp.
Orzamento: 1.061.280 ptas.
Garantía provisional: 21.226 ptas.
Lote 6: bolsa ouriños Pediat. nena e neno.
Orzamento: 1.321.985 ptas.
Garantía provisional: 26.439 ptas.
Lote 7: bolsa urostomía c/ anel 10-55.
Orzamento: 873.675 ptas.
Garantía provisional: 17.474 ptas.
I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto (tramitación anticipada).
II. Prazo de entrega: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións e se é o caso a partir dos 15 días naturais seguintes á sinatura do contrato.
III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.
IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
V. Criterios de adxudicación:
Oferta económica: 60%.
Calidade dos materiais: 20%.
Servicio técnico da subministración: 20%.
Total: 100%.
VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborais desde as 9 as 14 horas. Teléfono (981) 17 80 73. Fax (981) 17 80 32.
VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 31 de outubro de 1997.
Teresa Araguas Álvarez
Directora-xerente en funcións do Complexo
Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña
8511

