Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 1997 Páx. 10.802

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 5 de novembro de 1997 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Ramón María del Valle-Inclán.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Ramón María del Valle-Inclán, con domicilio en Santiago de Compostela.

Supostos de feito.

1. Benito Varela Jácome, na súa calidade de presidente do padroado da fundación, en escrito de seis de agosto de 1997, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Santiago de Compostela, o día 4 de xullo de 1997, ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña, Manuel Peregil Cambón co número mil cento noventa e cinco do seu protocolo por Benito Varela Jácome, Francisco Javier Serrano Alonso, Alejandro Allegue Otero, Gerardo Pardo de Vera Díaz, María de los Desamparados de Juan Bolufer, Santos Oujo Bello, María Concepción Bárcena Varela de Limia, interveñen todos no seu propio nome e dereito e ademais Gerardo Pardo de Vera Díaz en nome e representación de Juan José Moralejo Álvarez, Enrique Antonio Gómez- Reino Carnota, José Antonio Ponte Far, Raimundo García Domínguez, Benito Leiro Conde e Margarita Santos Zas; esta escritura foi emendada por outra posterior de data oito de setembro de 1997 ante o notario Domingo Enrique Gutiérrez Aller co número mil catrocentos cincuenta e seis do seu protocolo.

3. Segundo consta no artigo catro dos seus estatutos, o obxecto da fundación é recompilar, estudiar, salientar e divulga-la obra literaria, cultural e mesmo humana de Ramón María del Valle-Inclán así como crea-la Ruta Valle-Inclán de interese cultural e turístico, que abranguerá, inicialmente, os seguintes concellos: Vilanova de Arousa, Pontevedra, A Pobra do Caramiñal, Cambados e Santiago de Compostela.

4. O padroado da fundación estará constituído polas persoas sinaladas no artigo 10 dos estatutos.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Ramón María del Valle-Inclán, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do

protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día tres de novembro de 1997.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese cultural a Fundación Ramón María del Valle-Inclán e adscribila á Consellería de Cultura e Comunicación Social que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

8384