Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 1997 Páx. 10.804

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0006335/1997, interposto por Ramona Alonso García.

O 8 de outubro de 1997, a Consellería de Cultura e Comunicación Social recibe da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 02/0006335/1997, interposto por Ramona Alonso García, contra resolución da Consellería de Cultura e Comunicación Social do 15-7-1997, desestimatoria de recurso ordinario interposto por Ramona Alonso García, contra outra do director xeral de Patrimonio Cultural do 13-11-1996, recaída no procedemento sancionador por obras de rehabilitación de inmoble en Tui.

En consecuencia esta secretaría xeral acordou, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do citado expediente administrativo á referida sala, o que se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer en autos (mediante procurador con asistencia de letrado ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto) na sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1997.

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

8618