Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 1997 Páx. 10.805

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, das modificacións da composición e da sede social da comisión paritaria territorial de formación continua da Comunidade Autónoma de Galicia.

No Diario Oficial de Galicia nº 194, do 8-10-1997, publicouse a acta de constitución e mailo regulamento de funcionamento da comisión paritaria territorial de formación continua da Comunidade Autónoma de Galicia.

O 17-10-1997 tiveron entrada nesta dirección xeral, escritos do secretario da comisión paritaria territorial da formación continua de Galicia, nos que se comunican as modificacións que houbo na composición dos membros da referida comisión, e así como no artigo 1 do seu regulamento.

Visto o artigo 6 do citado regulamento e en virtude do disposto no artigo 83.3º en relación co 90, apartados 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aprobou o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e o Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, e de acordo co sinalado no artigo 60 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Esta dirección xeral de relacións laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-lo depósito e rexistro das modificacións que houbo na composición da comisión paritaria territorial de formación continua de Galicia, así como no artigo 1 do seu regulamento e remitirlle copias destas á Dirección Xeral de Traballo do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 12-9-1997, DOG nº 191, do 3-10-1997)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

Modificacións.

1ª) A sede social da comisión paritaria territorial de formación continua da Comunidade Autónoma de Galicia, que ata agora estaba fixada provisionalmente na rúa do Vilar, nº 54, C.P. 15705 de Santiago de Compostela, pasa a estar en: Praza de Europa, nº 10-A, 6º andar, C.P. 15703, de Santiago de Compostela.

2ª) Cesa como vocal titular Xesús Ramón González Boán, en representación da Confederación Intersindical Galega, e pasa a selo Serafín Otero Fernández, en representación da mesma organización.

3ª) Cesa como vocal suplente Emilio Fernández Zunzunegui, en representación do Sindicado Nacional de Comisiones Obreras Galicia, e pasa a selo Florentino García Solla, en representación da mesma organización.

4ª) Cesa como vocal suplente Luis Burgos Díaz, en representación da Confederación Intersindical Galega, e pasa a selo Daniel Bernárdez Cancela, en representación da mesma organización.

8699