Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 1997 Páx. 10.810

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1997, do tribunal IV-1F, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 9 (oficial 2ª faenas agrícolas, oficial 2ª de campo, oficial 2ª gandería, oficial 2ª agrícola) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión celebrada o día 9 de outubro de 1997 polo tribunal IV-1F, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 9 (oficial 2ª faenas agrícolas, oficial 2ª de campo, oficial 2ª gandería, oficial 2ª agrícola) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración

Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, 12 de decembro), acordouse:

1º Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría 9 (oficial 2ª faenas agrícolas, oficial 2ª de campo, oficial 2ª gandería, oficial 2ª agrícola) do grupo IV terá lugar o día 21 de novembro de 1997 ás 17 horas na Facultade de Dereito, sita na Avda. do Dr. Ángel Jorge Echeverri (Campus Sur) de Santiago de Compostela (A Coruña).

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 17 horas.

2º Os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 1997.

Mª Lourdes Batán Aira

Presidenta do tribunal

8538