Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 1997 Páx. 10.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores en materia de pesca fluvial P-181/97 e dous máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto de 1992), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López, funcionaria da delegación provincial, que pode ser recusada en calquera momento do expediente se concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para aportaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para o efectuaren deberán emprega-los impresos normalizados, que lles serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 197.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto de 1993).

Lugo, 17 de outubro de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente: P-181/97.

Denunciado: Mario Abel Platas Ferreiro.

DNI: 33.320.753.

Último enderezo coñecido: Casas Sindicais, 60-1º, Lugo.

Feitos imputados: practica-lo deporte da pesca con cana nun tramo de «pesca sen morte» do río Neira, marxe dereita, empregando engado de uso prohibido (3 arponciños), sen ser titular da preceptiva licencia de pesca e sen estar en posesión do permiso de couto regulamentario.

Precepto sancionador: 34.1, 34.10 e 34.14 da Lei de pesca.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 75.000 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca por un ano.

-Expediente: P-190/97.

Denunciado: Faustino Lombardero Fernández.

DNI: 71.850.606.

Último enderezo coñecido: Pagazaurtundua,12-2º D, Santurtzi-Viscaia.

Feitos imputados: practica-lo deporte da pesca empregando engado de uso prohibido (engado natural, miñoca), infrinxindo o disposto no anexo V da orde de vedas 17-2-1997 (DOG do 26-2-1997), o día 4-7-1997, no río Navia, tramo compartido, A Fonsagrada.

Precepto sancionador: 34.14 da Lei de pesca.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca por un ano.

-Expediente: P-191/97.

Denunciado: Manuel Fernández Cuervo.

DNI: 10.566.934.

Último enderezo coñecido: Posada Derengos-Cangas de Narcea, Asturias.

Feitos imputados: pescar con máis canas das permitidas (tres canas), empregando engado de uso prohibido (engado natural, miñoca), o día 4-7-1997, no río Navia, tramo compartido, A Fonsagrada.

Precepto sancionador: 34.14 da Lei de pesca e o artigo 20 da Lei de 20-2-1942 pola que se regula o fomento e conservación da pesca fluvial, en relación co artigo 111.5 do Regulamento para a súa execución e coa disposición derradeira segunda da Lei 7/1992.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 50.500 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca por un ano.

8495