Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 1997 Páx. 10.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

Por Resolución do 23 de outubro do ano 1997, acordouse aprobar inicialmente o modificado do proxecto do emisario de augas residuais ó colector xeral de Cambre no Temple do proxecto de urbanización do polígono industrial Espírito Santo.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese á información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes. O expediente poderá ser consultado na Unidade Xurídica de Urbanismo e Persoal deste concello.

Cambre, 3 de novembro de 1997.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde

8587