Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.886

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1997, do tribunal V-1D designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 10 do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión celebrada o día 27 de outubro de 1997 polo tribunal V-1D designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 10 do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e

Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12-12-1996), acordouse:

1º.-Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría auxiliar do teléfono de información ó cidadán (10) do grupo V terá lugar o día 21 de novembro de 1997, ás 16.30 horas, no salón de actos da Escola Galega da Administración Pública (EGAP), sita na rúa de Madrid 2-4 (polígono das Fontiñas), Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 16.15 horas.

2º.-Os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1997.

Loreto Díaz Sánchez

Presidenta do tribunal

8668