Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.887

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1997, do tribunal III-1 designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 49 axente auxiliar de Inspección de Transportes do grupo III, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión celebrada o día 6 de novembro de 1997 polo tribunal III-1, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 49 axente auxiliar de Inspección de Transportes do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12-12-1996), acordouse:

1º. Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría 49 axente auxiliar de Inspección de Transportes do grupo III terá lugar o día 18 de novembro de 1997 ás 18 horas no salón de actos da Consellería da Presidencia e Administración Pública sita no edificio administrativo San Caetano de Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 17.45 horas.

2º. Os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), de lapis do nº 2 e de goma de borrar.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 1997.

Pablo Figueroa Dorrego

Presidente do tribunal

8633