Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.893

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/89-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: modificado 1 o proxecto L.M.T., C.T. tranvías rúa Sta. Tegra.

Situación: Narón, A Coruña.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 128 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 3(1x240 mm Al) que ten orixe na L.M.T. existente de Xubia a C.T. Travesas (expediente 19759) e final no C.T. Travesas. Ramal aéreo a 15/20 kV de 60 m en conductor LA-56, que parte da L.M.T. Xubia-Travesas e final no paso aerosubterráneo. Concello de Narón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 25 de setembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8327