Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.894

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 95/135-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S, C.T.C. e R.B.T. Avda. de Castelao-Fonte Díaz.

Situación: Touro.

Descricións técnicas: liña de media tensión (L.M.T.) aerosubterránea a 15/20 kV, de 85 e 662 m de lonxitude, en conductor tipo LA-56 e R.H.V. de 3(1x95 mm Al) que parte da L.M.T. Portodemouro-Touro (expediente 32238) e remata no centro de transformación (C.T.) que se vai construír tipo prefabricado de 1.000 kVA en rúa Avda. de Castelao. Concello de Touro.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 29 de setembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8332