Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto (tramitación anticipada), para a adquisición de víveres conxelados. (C.P. 102/1998).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: víveres conxelados.

Orzamento: 15.286.000 ptas.

Garantía provisional: 305.720 ptas.

Lote 1: espinacas, chícharos, feixón, coliflor, acelga, coles, etc.

Orzamento: 1.685.000 ptas.

Garantía provisional: 33.700 ptas.

Lote 2: pescada austral, vaíña lura, choco, etc.

Orzamento: 12.977.000 ptas.

Garantía provisional: 259.540 ptas.

Lote 3: paleta cordeiro e costeletas de cordeiro conxelada.

Orzamento: 624.000 ptas.

Garantía provisional: 12.480 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto. (Tramitación anticipada).

II. Prazo de entrega: segundo anexo II (calendario de entregas).

III. Admisión de variantes: admítese ata 1 variante.

IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

-Oferta económica: 60%.

-Calidade dos materiais: 20%.

-Servicio técnico da subministración: 20%.

-Total: 100%.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborais desde as 9 as 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan

Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do Complexo Hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquél no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 5 de novembro de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

8636