Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto (tramitación urxente do artigo 72 da LCAP), para a subministración dun aparello de láser p/fotoresección broncoscópica (plan de necesidades para 1997). (C.P. 147/1997).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: aparello de láser p/fotoresección broncoscópica.

Orzamento: 7.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 140.000 ptas.

Lote 1: aparello de láser p/fotoresección broncoscópica.

Orzamento: 7.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 140.000 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto. (Tramitación urxente do artigo 72 da LCAP).

II. Prazo de entrega: a entrega ós 15 días da adxudicación.

III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

-Prezo ofertado: 50%.

-Prestacións e calidade: 35%.

-Servicio técnico, mantemento e prazo de entrega: 15%.

-Total puntuación: 100%.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborais desde as 9 as 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do Complexo Hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquél no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 5 de novembro de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

8679