Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

APROBACIÓN definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias municipais de planeamento para a área do núcleo de Portonovo, situada entre a rúa de Méndez Núñez, á altura do número 21, e a unidade de actuación número 5, que se encontra detrás.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria celebrada o día 27 de xuño de 1997, acordou prestar aprobación definitiva ó expediente de modificación puntual das normas subsidiarias municipais de planeamento para a área do núcleo de Portonovo, situada entre a rúa de Méndez Núñez, á altura do número 21, e a unidade de actuación número 5, que se encontra detrás.

A modificación proposta suprime a vía de nova apertura prevista na cartografía das normas. A calella existente pasa a recoñecerse como unha rúa, ampliándose o seu largo a 6 metros.

Ó soar no que se encontra a edificación número 21, seralle de aplicación a ordenanza número 1, do solo urbano de protección das zonas vellas, coas novas aliñacións establecidas, e o resto dos terreos, incluiranse dentro do ámbito de aplicación da unidade de actuación número 5.

As condicións de volume serán as establecidas no texto refundido das vixentes normas subsidiarias para as respectivas ordenanzas de aplicación.

De conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, so solo de Galicia, a modificación aprobada e a normativa que a regulamenta, será publicada no BOP de Pontevedra.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor directamente, e no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, logo da comunicación ó órgano autor do acto, ó que se refire o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que considere procedente.

Sanxenxo, 16 de outubro de 1997.

José Luis Rodríguez Lorenzo

Alcalde

8664