Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto con tramitación urxente.

1. Obxecto do contrato: as obras da rede de saneamento en Rubiáns (redes de saneamento e abas

tecemento de auga en Soutelo, Sentín e Perrón 2ª fase).

2. Prazo do contrato: catro meses.

3. Prezo do contrato: 30.000.000 de ptas.

4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional para participar no concurso será de 600.000 ptas.

O adxudicatario estará obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.

5. Proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (Secretaría Xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os trece días naturais seguintes á publicación do último dos anuncios nos BOP ou DOG.

Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula XI.1.

As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas particulares e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula XI do prego.

Vilagarcía de Arousa, 22 de outubro de 1997.

Manuel Rodríguez Cuervo

Alcalde

8300