Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 1997 Páx. 10.915

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, pola que se autoriza a impartición de programas de garantía social durante o curso 1997/1998 ós centros privados e asociacións que se relacionan no anexo.

A Orde do 5 de maio de 1997 regula os programas de garantía social na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tendo en conta o establecido na dita orde e o informe da Inspección Educativa, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Autorizarlles, para o curso escolar 1997/1998, a impartición de programas de garantía social ós centros e asociacións que figuran no anexo coa correspondente denominación das ensinanzas.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso ordinario, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 1997.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Ordenación Educativa

e de Formación Profesional

ANEXO

A Coruña.

-Asociación Abocar da Coruña.

Denominación: introducción ás técnicas administrativas da familia profesional de administración e xestión.

-Colexio Calvo Sotelo - A Coruña.

Denominacións:

Introducción ás máquinas e ferramentas da familia profesional de fabricación mecánica.

Introducción á soldadura e ás construccións metálicas da familia profesional fabricación mecánica.

-Centro municipal de formación Isaac Díaz Pardo de Oleiros.

Denominacións:

Introducción á xardinería e cultivos en alcouve da familia profesional de actividades agrarias.

Introducción a recubrimento de superficies con pinturas, papel, cortiza e plásticos da familia profesional de edificación e obra civil.

-Centro privado Vértice - A Coruña.

Denominacións:

Introducción á electricidade da familia profesional de electricidade e electrónica.

Introducción á electrónica da familia profesional de electricidade e electrónica.

Introducción á mecánica xeral e á electricidade do vehículo da familia profesional de mantemento de vehículos autopropulsados.

Introducción á fontanería da familia profesional de mantemento e servicios á producción.

Ourense.

-Colexio Valle Inclán - Ourense.

Denominacións:

Introducción á construcción da familia profesional de edificación e obra civil.

Introducción á informática da familia profesional de informática.

Introducción ás técnicas administrativas da familia profesional de administración e xestión

Pontevedra.

-Colexio Daniel Castelao - Pontevedra.

Denominacións:

Introducción á informática da familia profesional de informática.

Introducción ás técnicas administrativas da familia profesional de administración e xestión.

Introducción á electrónica da familia profesional de electricidade e electrónica.

8709