Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 1997 Páx. 10.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1997 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, do contrato de subministración para a adquisición de sistemas de cronometraxe electrónicos portátiles de natación e outro de atletismo.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación do contrato ó que refire a presente resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

a) Lote I. Adquisición dun sistema de cronometraxe electrónica portátil de natación, para piscinas de oito (8) corredores, que posúa capacidade para ser utilizado noutros deportes náuticos, mediante as correspondentes ampliacións ou opcións.

b) Lote II. Adquisición dun sistema de cronometraxe electrónica portátil de atletismo, en cor, con capacidade para ser empregado para outros deportes nos que se necesita unha velocidade de scanning que pode chegar a 2000 liñas por segundo.

c) Lugar de entrega. Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

d) Prazo de entrega. Con anterioridade ó 31 de decembro de 1997 (subministración).

O curso formativo para os operadores dos sistemas levarase a cabo no mes de xaneiro de 1998.

3. Orzamento base de adxudicación.

-Lote I. 10.200.000 ptas.

-Lote II. 4.800.000 ptas.

Total: 15.000.000 de ptas.

4. Garantías provisionais.

-Lote I. 204.000 ptas.

-Lote II. 96.000 ptas.

Total: 300.000 ptas.

A definitiva ascenderá ó 4% do tipo de licitación do lote/s adxudicado/s.

5. Obtención de documentación e información.

No servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio multiusos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 54 26 26. Fax: 54 26 39).

As fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas poderá ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 59 03 02.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural posterior á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio multiusos. San Lázaro. 15890 - Santiago de Compostela. Fax: (981) 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (Edificios Administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: admítense as enumeradas no número 3 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os consignados no prego de cláusulas administrativas particulares no relativo ó modo de acredita-la solvencia económica, financeira e técnica (cláusula 6ª e 7ª).

8. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

9. Gastos de anuncios.

Será a cargo do adxudicatario o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

8464