Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 1997 Páx. 10.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1997 pola que se somete á información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do parque empresarial de Quiroga.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo, con data do 5 de setembro de 1992, asinou un convenio do Concello de Quiroga para a creación dun parque empresarial no dito concello.

A Comisión Provincial de Urbanismo de Lugo, en sesión celebrada o día 22 de decembro de 1994 (BOP nº 288, do 11 de xaneiro de 1995) aprobou definitivamente o plan parcial do parque empresarial de Quiroga. Este plan parcial establece como sistema de actuación para a súa execución o de expropiación, o que implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos e edificios correspondentes ós fins da expropiación, segundo o artigo 132 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana.

Os bens e dereitos afectados pola expropiación están comprendidos, dentro do ámbito da unidade de execución delimitada no plan parcial do parque empresarial de Quiroga, e están concretados na relación de propietarios e titulares de bens e dereitos que se precisan ocupar, que se publica conxuntamente con esta resolución.

O artigo 218 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, permite á Administración actuante aplicar en tódalas expropiacións urbanísticas o procedemento de taxación conxunta regulado nos artigos 219 e seguintes do dito texto legal e nos artigos 202 e seguintes do Regulamento de xestión urbanística.

De conformidade co previsto nos artigos 219 e seguintes do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Ley sobre réxime do solo e ordenación urbana, sométese á información pública o expediente de expropiación dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do parque empresarial de Quiroga.

O expediente estará exposto nas oficinas da sociedade de Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur-Lugo) sita na Praza de Santo Domingo nº 6-5º de Lugo, polo prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Durante o citado prazo todas aquelas persoas ou entidades que se consideran afectadas poderán presenta-las alegacións que consideren oportunas, por triplicado exemplar, no Rexistro da Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sito na Avenida Ramón Ferreiro nº 28 de Lugo.

Predio

Propietario

Superf.

(m)

Prezo xusto ptas.

(incluído 5% premio

afección)

3Gumersindo Rodríguez García

San Cristovo, nº 6

27320 Quiroga (Lugo)

16045.945
23Hrdos. Margarita López Dacal

Barxa de Hospital

27320 - Quiroga (Lugo)

690198.136
30Hrdos. Purificación Figueroa Folla

As Estradas

27320 Quiroga (Lugo)

1.080310.126
63Hrdos. María Mendoza López

Caspedro

27320 Quiroga (Lugo)

13037.330
65Hrdos. María Mendoza López

Caspedro

27320 Quiroga (Lugo)

22063.174
78José Ferrín Martínez

Toucedo, 4

27320 Quiroga (Lugo)

1.030295.768
79José Ferrín Martínez

Toucedo, 4

27320 Quiroga (Lugo)

32091.890
80Vicente Fernández Crespo y otros

R/ Río Miño, nº 6

27320 Quiroga (Lugo)

1.060304.383
81Vicente Fernández Crespo y otros

R/ Río Miño, nº 6

27320 Quiroga (Lugo)

388111.416
82Jose Ferrín Martínez

Toucedo, 4

27320 Quiroga (Lugo)

1.020292.898
83Teresa López Crespo

Pacios

27320 Quiroga (Lugo)

780223.980
84José Ferrín Martínez

Toucedo, 4

27320 Quiroga (Lugo)

6017.230
85Sixto Fernández Crespo

C/Xeneral Franco, nº 108

27320 Quiroga (Lugo)

257.179
86Venancio Fernández Crespo e outros

R/ Río Miño, nº 8

27320 Quiroga-(Lugo)

480137.834
104Margarita Dacal López

Reside na Arxentina

Descoñecido a seu domicilio

2.120608.767
107Hrdos. de Manuel Dacal

Barxa de Hospital

27320 Quiroga (Lugo)

1.070307.256
108Hrdos. José López Dacal

Descoñecido o seu domicilio

690198.136
115José Fernández Vila

Descoñecido o seu domicilio

18051.687

Predio

Propietario

Superf.

(m)

Prezo xusto ptas.

(incluído 5% premio

afección)

116P.I.Q.U.I.S.A.

As Medas

27320 Quiroga (Lugo)

13037.330
118Herminda Fernández Álvarez

La Rivera, 30 Hospital

27320 Quiroga

25071.789

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1997.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

8367