Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 26 de novembro de 1997 Páx. 11.371

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

REAL ACADEMIA DE BELAS ARTES NOSA SEÑORA DO ROSARIO

ANUNCIO.

A Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario anuncia a provisión dunha vacante de académico de número na sección de competentes nas artes. O candidato deberá residir en Galicia e, no caso de non ter nacido na comunidade galega, deberá acreditar seis anos de residencia nela.

Anúnciase tamén a provisión dunha vacante de académico correspondente, á que se poden presentar persoas de nacionalidade española ou estranxeira, e poderán residir dentro ou fóra de Galicia.

As persoas que polas súas actividades a prol da arte se consideren en posesión das condicións esixidas para aspirar a estas prazas, deberán acredita-los seus méritos mediante presentación do seu respectivo curriculum vitae, e terán que ser propostas, cada unha delas, por tres académicos de número, dentro do prazo dun mes a partir da publicación do presente anuncio.

Enderezo da Academia: praza de Pintor Sotomayor, s/n, 15001 A Coruña.

A Coruña, 5 de novembro de 1997.

O presidente

Rubricado

7660