Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 26 de novembro de 1997 Páx. 11.372

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

VIGO ZOO

ANUNCIO.

Resolución da Presidencia do organismo autónomo municipal Vigo-Zoo, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia, de redacción do proxecto e execución das obras para construcción de tres foxos, un para leóns, outro para tigres e outro para osos no Parque Zoolóxico da Madroa da cidade de Vigo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo autónoma municipal Vigo-Zoo.

b) Dependencia na que se tramita o expediente: oficina administrativa de Vigo-Zoo.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción do proxecto para construcción de tres foxos, un para leóns, outro para tigres e outro para osos no Parque Zoolóxico da Madroa.

b) Lugar de execución: Vigo.

c) Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adjudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe: 108.000.000 de pesetas (cento oito millóns de pesetas) (IVE incluído).

As obras de construcción do foxo de tigres quedan suxeitas a condición suspensiva de existencia de crédito para o seu financiamento.

5. Garantías.

a) Provisional: dispensada.

b) Definitiva: 4.320.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas e as bases técnicas están á disposición dos interesados para o seu exame na oficina de información, sita na planta baixa da Casa do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, nos días e horas hábiles de oficina durante o prazo de presentación de proposicións.

As copias da documentación poderán obterse na mesma oficina, mediante o aboamento do seu importe.

b) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das propostas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría d.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no último dos diarios a que se remita; DOG e BOP, e rematará o décimo terceiro (13) día natural, ás 13 horas, agás que ó último día fose domingo ou festivo, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: licitadores: presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Vigo, sito na planta baixa da Casa do Concello, praza do Rei, s/n, da cidade de Vigo, código postal 36201.

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: durante tres meses desde a data da apertura das proposicións.

9. Admisión de variantes.

Admítense as previstas no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura das ofertas.

Terá lugar, en acto público, na sala anexa á Alcaldía do Concello de Vigo, sita na planta primeira da Casa do Concello, no terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das prescricións; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de anuncios.

Os gastos que orixinen a publicación dos anuncios serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 13 de novembro de 1997.

Manuel Rodríguez López

Presidente do organismo autónomo Vigo-Zoo