Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 1997 Páx. 11.384

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 20 de novembro de 1997 pola que se aproba o regulamento da denominación específica Lacón Galego e do seu consello regulador.

Por Orde do 7 de febreiro de 1997, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes recoñeceu a deno

minación específica Lacón Galego para as extremidades dianteiras do gando porcino tradicionalmente designadas con este nome, producidas e elaboradas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Entre as funcións asignadas a este consello figuraba a redacción do proxecto de regulamento particular da denominación, que elevaría á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a súa aprobación.

En consecuencia, unha vez cumprida a dita obrigación, e de acordo co disposto no artigo 30.I.3 e 4 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Recoñécese con carácter definitivo a denominación específica Lacón Galego, e apróbase o seu regulamento co texto articulado que figura como anexo á presente orde.

Disposición transitoria

O consello regulador provisional da denominación específica Lacón Galego asumirá a totalidade das funcións que lle correspondan segundo o capítulo IX do seu regulamento, continuando os seus compoñentes nos seus cargos respectivos ata que o dito consello regulador quede constituido de acordo co establecido no artigo 44º do mencionado regulamento.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias para dicta-las normas precisas para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO

Regulamento da denominación específica Lacón Galego e do seu consello regulador

Capítulo I

Xeneralidades

Artigo 1º

De acordo co disposto na Lei 25/1970, do 2 de decembro, e no seu regulamento aprobado polo Decreto 835/1972, do 23 de marzo; no Real decreto 1297/1987, do 9 de outubro, e no Real decreto 728/1988, do 8 de xullo, polo que se establece a normativa á que deben axustarse as denominacións de orixe, específicas e xenéricas dos productos agroalimentarios non vínicos; no Regulamento

(CEE) 2081/1992, do Consello, do 14 de xullo de 1992, relativo á protección das indicacións xeográficas e das denominacións de orixe dos productos agrícolas e alimenticios; e na Orde do 25 de xaneiro de 1994, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, pola que se precisa a correspondencia entre a lexislación española e o Regulamento (CEE) 2081/1992 en materia de denominacións de orixe e indicacións xeográficas dos productos agroalimentarios, quedan protexidas coa denominación específica Lacón Galego as extremidades dianteiras do gando porcino tradicionalmente designadas con este nome, que reunindo as características especificadas neste regulamento, cumpren na súa producción, elaboración e comercialización tódolos requisitos esixidos nel e na lexislación vixente.

Para a aplicación da normativa anterior terase en conta o que establece o Real decreto 4189/1982, do 29 de decembro, de transferencia de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de denominacións de orixe, viticultura e enoloxía.

Artigo 2º

1. A protección outorgada esténdese ó nome da denominación específica Lacón Galego e a súa traducción para o castelán, aplicado ó lacón ou extremidades dianteiras do porco.

2. Queda prohibida a utilización noutros lacóns de nomes, marcas, termos, expresións e signos que pola súa similitude fonética ou gráfica poidan inducir á confusión cos que son obxecto deste regulamento, aínda nos casos en que vaian precedidos polas expresións tipo, estilo, gusto, nado, cebado, criado, sacrificado en, despezado en, curado en, elaborado en, con industrias en, ou outras análogas.

Artigo 3º

A defensa da denominación específica Lacón Galego, a aplicación do seu regulamento, a vixilancia do cumprimento deste, así como o fomento e control da calidade do producto amparado, quedan encomendados ó consello regulador da denominación específica Lacón Galego, á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, e ó Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no ámbito das súas respectivas competencias.

Capítulo II

Da producción de porcos

Artigo 4º

1. A zona de producción do gando porcino destinado para obter e elabora-los lacóns aptos para ser protexidos por esta denominación específica, está constituída pola área xeográfica da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. As granxas de producción de leitóns e as de ceba de porcos estarán situadas en Galicia, e só os porcos nados e cebados nestas granxas poderán dedicarse para obter lacóns amparados.

Artigo 5º

1. O gando porcino apto para producir lacóns con denominación específica, debe ser das razas Celta, Large White, Landrace, Duroc e os seus cruzamentos entre si. Acéptase o cruzamento coas razas Branco Belga e Pietrain, de probada aptitude cárnica, sempre que interveñan nunha poporción inferior ó 25%.

2. O consello regulador estudiará tódolos novos cruzamentos e liñas que xurdan, con vistas á súa posible inclusión, logo da aprobación da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

3. O consello regulador fomentará o desenvolvemento das ganderías dedicadas á cría e ceba do porco da raza Celta en pureza, e das técnicas encamiñadas á mellora da producción.

Artigo 6º.

1. Segundo a alimentación recibida, distínguense:

a) Porcos que durante os derradeiros 3 meses de vida reciben exclusivamente unha alimentación tradicional, a base de cereais, landras, castañas e tubérculos.

b) Porcos que foron alimentados con pensos, previamente autorizados polo consello regulador e respectando en todo momento as normas citadas neste regulamento.

2. En todo caso queda expresamente prohibido o emprego de productos que poidan interferir no ritmo normal de crecemento e desenvolvemento do animal, así como aceites, fariñas de peixe e os seus derivados, durante a ceba.

3. Ademais, en ningún caso recibirá o porco ningún tipo de tratamento ou alimentación medicamentosa que non cumpra os períodos de retirada establecidos pola lexislación vixente.

4. As prácticas de explotación do gando inscrito nos rexistros da denominación específica adaptaranse preferentemente ás normas tradicionais de Galicia.

5. O consello regulador poderá dictar normas complementarias relativas á explotación e ó manexo do gando nas granxas inscritas, así como á alimentación e características e calidades dos pensos utilizables, de acordo co avance das técnicas gandeiras e co obxectivo de manter ou mellora-la calidade dos porcos e dos lacóns producidos.

Capítulo III

Da obtención das pezas

Artigo 7º

1. Os lacóns protexibles procederán de porcos identificados pertencentes a granxas inscritas e debidamente controlados polo consello regulador da denominación específica Lacón Galego, de acordo co establecido no presente regulamento.

2. Os machos deberán ser castrados antes da súa entrada en cebadeiro. As femias non deberán estar en celo no momento do seu sacrificio.

3. Os porcos para sacrificio terán, como mínimo, 6 meses de idade e 90 kg de peso vivo.

Artículo 8º

1. Os porcos gardarán un xaxún mínimo de vintecatro horas, antes de proceder ó seu transporte ó matadoiro.

2. O gando será transportado en camións con montacargas ou vehículos adecuados, cumprindo a normativa en vigor que regula esta actividade, de forma que os animais non sufran ningunha alteración ou dano que poidan afecta-lo seu estado ou integridade física, reducindo o máximo posible a tensión ocasionada.

3. Nos locais de estabulación dos matadoiros inscritos no correspondente rexistro do consello regulador, durante o período de repouso anterior ó sacrificio, existirá unha perfecta separación entre o gando identificado e o gando non identificado coa marcaxe da denominación.

4. Os porcos amparados permanecerán nos locais de estabulación dos matadoiros un máximo de doce horas, procurando que o tempo de espera sexa o mínimo posible, co fin de limita-la provocación de tensión.

5. Os porcos pertencentes a ganderías inscritas deberán chegar ó sacrificio en matadoiro coa marcaxe perfectamente lexible, tal como se especifica no artigo 21º deste regulamento e os seus lacóns non poderán ser protexidos pola denominación se non están perfectamente identificados.

Artigo 9º

1. O sacrificio dos animais e o faenado das súas extremidades dianteiras non poderá ser simultáneo ó doutros animais non inscritos, debendo realizarse por grupos constituídos por tipos iguais, de acordo co establecido no artigo 6º.

2. O sacrificio dos animais realizarase con aturdimento previo, mediante electro-shock ou outro sistema autorizado, esixíndose posteriormente o máis completo desangrado.

3. No sacrificio dos animais, no despezamento e na manipulación das carnes frescas e lacóns, terase en conta o establecido no capítulo VII do anexo I do Real decreto 147/1993, do 29 de xaneiro, e no resto da lexislación concordante que lle sexa aplicable.

Artigo 10º

A aireación do canal realizarase durante un mínimo de 24 horas, en ambiente controlado.

A temperatura estará próxima a -18ºC durante as 2 primeiras horas posteriores ó sacrificio; despois manterase ata as 24 horas entre 0 e 5ºC.

A humidade relativa será do 80-90%.

En todo caso, respectarase a normativa sanitaria vixente ó respecto.

Artigo 11º

1. O despezamento realizarase segundo a tradición e norma do corte redondo, mantendo o lacón enteiro e con pezuño, aínda que se lle deben saca-los cascos.

Durante o despezamento, a temperatura na sala de traballo debe ser igual ou inferior a 12ºC, e o canal debe estar a menos de 7ºC.

2. Unha vez realizado o despezamento e antes de comeza-la elaboración dos lacóns, debe transcorrer un período de espera mínimo de 24 horas.

Este tempo de espera ten lugar en ambiente controlado, a unha temperatura de 0-5ºC e cunha humidade relativa do 80-90%.

Desta forma, ó comezo do proceso de elaboración os lacóns deberán ter unha temperatura de 2-5ºC no interior da peza, e un Phn6.

Artigo 12º

1. Tanto os canais como as pezas que vaian ser protexidas pola denominación, para ter dereito a seren amparadas deberán cumprir durante o seu procesado:

-A normativa técnico-sanitaria vixente,

-As normas que ó respecto adopte o consello regulador, sempre que se comprobe que non prexudican as características e calidade do producto amparado.

2. Só se cualificarán aquelas extremidades dianteiras que cun peso en sangue que oscile entre un mínimo de 3,5 kg, e un máximo de 6,5 kg.

Artigo 13º

1. Os matadoiros inscritos poderán expedir canais de porcino, medios canais ou as súas pezas, ás salas de despezamento e industrias cárnicas incluídas nos corrrespondentes rexistros do consello regulador.

2. O transporte de canais ou pezas desde os matadoiros ás salas de despezamento e industrias cárnicas farase en vehículos refrixerantes, de forma que o producto se manteña sempre á temperatura citada de 2-7ºC.

3. O transporte de canais ou pezas protexidas farase dunha forma diferenciada con respecto ó doutras non amparadas pola denominación.

Artigo 14º

1. Nas salas de despezamento e industrias cárnicas, o faenado e manipulado de canais, medios canais ou pezas susceptibles de seren protexidas non poderá ser simultáneo co doutras pezas non amparadas pola denominación.

2. O almacenamento tamén deberá realizarse de forma ben separada e facilmente controlable.

Capítulo IV

Da elaboración

Artigo 15º

A área de elaboración dos lacóns protexidos pola denominación específica Lacón Galego, esténdese a todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 16º

1. Enténdense por Lacón Galego as extremidades dianteiras do porco unha vez curadas, que cumpran as características anatómicas, de orixe, corte, elaboración, curación e comercialización que se establecen neste regulamento.

2. Para a elaboración dos lacóns protexidos coa denominación específica, só poderán empregarse os lacóns ou extremidades dianteiras dos porcos cebados, excluídos os verróns e porcas reproductoras, unha vez separados do tronco e obtidos de acordo coas condicións tradicionais do corte redondo.

A súa base anatómica constitúena os ósos do húmero, cúbito, radio, carpo, metacarpo e falanxes, así como as masas musculares inseridas neles e a graxa de cobertura.

Artigo 17º

O proceso de elaboración consiste nunha serie de fases (salgadura, lavado, asentado e secado ou curado), mediante as cales os lacóns do porco ou extremidades dianteiras obtidas no despezamento son transformadas en lacóns.

Este proceso desenvolverase en ambiente controlado, de forma que o producto resultante adquira as características tradicionais en canto a cor, aroma e sabor propias do lacón producido en Galicia.

O consello regulador poderá autorizar prácticas de elaboración concordantes coas novas tecnoloxías, unha vez comprobado que non afectan negativamente as características e calidade do producto amparado pola denominación.

As técnicas empregadas no proceso de elaboración tenderán sempre a obter productos da máxima calidade, que reúnan os caracteres tradicionais dos lacóns amparados pola denominación específica.

Artigo 18º

1. A salgadura ten como finalidade a incorporación de sal común e sales nitrificantes á masa muscular para favorece-la deshidratación e conservación das pezas, ademais de contribuír ó desenvolvemento da cor, sabor e aroma típicos dos productos curados.

Esta fase realizarase a temperaturas entre 2-5ºC e humidade relativa arredor de 80-90%. Baixo estas condicións os lacóns cóbrense cunha mestura de sales nitrificantes nunha proporción non superior ó 1/1000, e sal común.

O tempo de salgado variará en función do peso das pezas; oscilan ó redor de 1 día de salgado por

cada kg que pese a peza, cunha duración total media de 4-7 días.

2. Unha vez terminada a salgadura realízase o lavado dos lacóns, utilizando auga fría ou morna, para así proceder á eliminación da sal adherida na superficie das pezas.

Seguidamente déixanse escorrer durante polo menos un día, mantendo en todo momento a temperatura entre 2-5ºC

3. A continuación ten lugar o asentamento, e é nesta fase cando o sal se reparte homoxeneamente en tódolos lacóns. Ó tempo prodúcese unha eliminación lenta e paulatina da auga superficial, co cal as pezas adquiren unha maior consistencia externa.

Este proceso realízase en ambiente controlado, mediante cámaras, a unha temperatura de 2-5 ºC e humidade relativa do 80-90%.

O tempo de permanencia nestas cámaras debe durar como mínimo 7 días.

En calquera caso este período de tempo debe ser suficiente para que a cantidade de sales ó final del non sexa inferior ó 1% do peso da peza, tanto nas masas musculares superficiais como nas profundas.

4. O secado ou curado das pezas terá lugar en locais acondicionados ó respecto e en secadoiros naturais, que nos permitan un control da ventilación e por tanto lograr unhas condicións óptimas de temperatura e humidade relativa.

O tempo mínimo de duración desta fase será de 15 días.

Artigo 19º

1. O proceso de elaboración durará na súa totalidade un mínimo de 30 días.

2. Non se admite o afumado dos lacóns, incluso tampouco como práctica para favorece-lo secado.

3. Non se ampararán pezas que poidan presentar hematomas, ou que teñan unha forma non se corresponda coa que é característica do lacón galego.

4. Durante o proceso de elaboración, as minguas producidas sobre o producto final serán como mínimo dun 20% no momento de seren expedidos para a súa comercialización os lacóns cualificados.

Artigo 20º

1. A comercialización dos lacóns con denominación farase por pezas enteiras, aínda que nos puntos de venda se admitirá o seu corte e a súa venda en trozos e evitarase en todo caso a posible confusión do consumidor.

2. O consello regulador, se así se considerase necesario, poderá autorizar que o lacón se comercialice envolto ou encamisado, sempre que non se prexudique a súa calidade e prestixio, e que vaia perfectamente identificado mediante unha etiqueta exterior autorizada polo dito consello.

Capítulo V

Da identificación dos porcos e da marcaxe

das pezas

Artigo 21º

1. Tódolos animais pertencentes a unha mesma explotación inscrita, e que sexan aptos para a elaboración de lacóns protexibles pola denominación, serán identificados por lotes.

2. A identificación farase mediante unha marca indeleble na orella dereita, na que figurarán as siglas LG, número de identificación da explotación e número de lote.

3. No momento da identificación estenderase unha acta na que figurarán os datos relativos á explotación e ós animais marcados, a data de identificación e o nome do vedor que a fai. A dita acta será asinada polo titular da explotación ou persoa que o represente debidamente acreditada e polo vedor actuante e quedará unha copia en poder do titular da explotación, outra en poder do vedor, e outra seralle remitida ó consello regulador para a súa informatización e control.

4. A marcaxe terá lugar durante os 45 primeiros días de vida en granxas de fluxo continuo, e previo á súa entrada en cebadeiro nas granxas de fluxo aberto.

5. O consello regulador creará un rexistro alfanumérico para as ganderías inscritas na denominación.

6. No caso de deterioración da identificación, deberáselle comunicar ó consello regulador, o cal despois das comprobacións oportunas deberá corrixi-la anomalía.

7. As extremidades dianteiras dos animais que non figuren identificados, como se establece anteriormente neste artigo, non poderán ser protexidas pola denominación.

Artigo 22º

1. En todo momento debe ser posible relaciona-los lacóns obtidos co animal de onde proceden, garantindo a trazabilidade do producto amparado e facilitando a súa identificación en calquera fase do faenado, elaboración, almacenamento ou comercialización.

2. Para lograr esta condición establécense as seguintes normas:

-No matadoiro autorizado onde ten lugar o sacrificio, as extremidades dianteiras serán identificadas antes do despezamento polos vedores do consello regulador ou por persoas expresamente autorizadas por él.

-O sistema que se vai utilizar consistirá na colocación dun precinto non reutilizable a cada lacón, co código de identificación de cada un deles.

3. No caso de que unha peza sexa descualificada en calquera das fases que compoñen o proceso da súa elaboración, procederase á retirada do precinto e perderá o dereito a ser amparada.

Artigo 23º

1. Previo á súa comercialización, o consello regulador facilitará as contraetiquetas correspondentes, numeradas e sen posibilidade de seren reutilizadas, para todos aqueles lacóns que cumpran os requisitos sinalados neste regulamento, e que sexan cualificados como aptos polo comité de cualificación para seren amparados pola denominación específica Lacón Galego.

2. O consello regulador poderá dicta-las normas complementarias relacionadas coa marcaxe e identificación dos lacóns que considere oportunas para garanti-la trazabilidade do producto desde o gandeiro ata o consumidor, evitando calquera posibilidade de confusión.

Capítulo VI

Das características do lacón e da súa cualificación

Artigo 24º

De acordo coa alimentación recibida polos porcos de procedencia especificada no artigo 6º deste regulamento, os lacóns clasifícanse en:

-Lacón galego tradicional: son aqueles que proceden de porcos alimentados tradicionalmente.

-Lacón galego: son aqueles que proceden de porcos alimentados con pensos autorizados e controlados polo consello regulador.

Artigo 25º

As características do lacón amparado pola denominación específica Lacón Galego serán:

a) Forma exterior: arredondada, perfilado nos seus bordos ata a aparición do músculo. O lacón estará enteiro, conservando a pel e o pezuño, pero sen cascos.

b) Peso: oscilará entre un mínimo de 3 kg e un máximo de 5,5 kg.

c) Aspecto externo: limpo e firme, cunha masa muscular consistente.

d) Textura: firme ó tacto, sempre en relación co grao de curación do lacón.

e) Graxa: de consistencia untosa variable segundo a alimentación recibida, de cor abrancazada ou lixeiramente amarela, brillante, aromática e sabor agradable, con ausencia de enranciado.

f) Masa muscular: a parte magra presentará unha cohesión media e unha baixa elasticidade, cunha sensación semidura durante a súa mastigación e limitada presencia de graxa, formando un lixeiro veado distribuído por toda a masa muscular, que contribúe a outorgarlle a súa sensación olfacto-gustativa característica.

g) Coloración e aspecto ó corte: cor característica do rosa ó vermello púrpura, resistencia media ó corte, limpo e brillante, con graxa parcialmente infiltrada na masa muscular.

h) Friabilidade: media-curta.

i) Aroma: suave, agradable, de intensidade débil-lixeira, de duración media-curta, con caracteres típicos identificativos da flora silvestre ou natural, exento de rancidez e olores estraños.

j) Sabor: pouco salgado, con retoques delicados e lixeiramente doces, xeneroso, con corpo carnoso-graxo, de impresión suave untuoso e con certa intensidade. Apreciarase un equilibrio harmónico entre graxa e masa muscular, con persistencia media-alta.

Artigo 26º

1. O consello regulador fixará o índice de salinidade e aqueloutros índices que considere necesarios para defini-las condicións mínimas que deben cumpri-los productos amparados, e para establece-los dous tipos de lacóns que se recollen neste regulamento.

2. As pezas amparadas deben cumprir en todo momento as características establecidas, e a tipicidade propia e tradicional do lacón galego.

3. Os lacóns que a xuízo do consello regulador, logo dos informes técnicos pertinentes, non cumpran as características sinaladas anteriormente, non poderán ser amparados pola denominación específica Lacón Galego e serán descualificados de acordo co que se preceptúa no artigo 27º.

Artigo 27º

1. Tódolos lacóns elaborados nas instalacións inscritas, para poderen facer uso da denominación específica Lacón Galego, deberán superar un proceso de cualificación, de acordo co disposto no marco lexislativo xeral que os afecta.

2. O consello regulador elaborará o programa de control, que presentará para a súa aprobación ante a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

3. O consello regulador establecerá un comité de cualificación e dictará as normas para a súa constitución e funcionamento. Tamén se preverá a constitución dun comité de apelación.

4. O proceso de control e cualificación realizarase por partidas ou lotes homoxéneos; constará dun exame analítico e dun exame organoléptico, que darán lugar á cualificación, localización ou descualificación da partida ou lote de lacóns controlados, correspondéndolle ó pleno do consello regulador resolver ó respecto, á vista dos informes técnicos emitidos polo comité de cualificación.

5. As resolucións adoptadas seranlles comunicadas ós interesados, que poderán recorrer contra elas de acordo co previsto na lexislación vixente.

6. Os lacóns descualificados, ademais de perderen o dereito ó uso da denominación, deberán permanecer inmobilizados e perfectamente identificados, baixo o control do consello regulador. Para realiza-lo seu movemento será necesario comunicarllo ó dito consello con antelación suficiente, para que este poida adopta-las medidas oportunas.

Capítulo VII

Dos rexistros

Artigo 28º

O consello regulador da denominación específica Lacón Galego levará os seguintes rexistros:

a) Rexistro de granxas de producción de leitóns.

b) Rexistro de granxas de ceba de porcos.

c) Rexistro de matadoiros.

d) Rexistro de salas de despezamento.

e) Rexistro de industrias cárnicas de elaboración.

Artigo 29º

1. As peticións de inscrición dirixiranse ó consello regulador nos impresos que este dispoña, achegando os datos, documentos e comprobantes que en cada caso sexan requiridos polas disposicións e normas vixentes.

Formulada a petición, as explotacións e industrias serán inspeccionadas por persoal técnico do consello regulador, co obxecto de comprobar se reúnen as condicións esixidas no presente regulamento.

2. O consello regulador denegará, de forma motivada, as inscricións que non se axusten ós preceptos deste regulamento ou ós acordos adoptados por el, sobre condicións técnicas e sanitarias que deban reuni-las granxas de producción de leitóns, granxas de ceba, matadoiros, salas de despezamento e industrias cárnicas de elaboración.

3. As empresas que realicen máis dunha fase do proceso deberán ter inscritas as súas ganderías e instalacións nos rexistros correspondentes.

4. A inscrición nestes rexistros non exime os interesados da obriga de inscribirse naqueloutros que, con carácter xeral, estean establecidos legalmente, debendo acreditalo no momento da inscrición nos rexistros da denominación.

5. A inscrición nos rexistros é voluntaria, ó igual que a correspondente baixa. Unha vez producida esta, deberá transcorrer un período de dous anos para proceder a unha nova inscrición, salvo cambio de titularidade, de conformidade co que establece o artigo 20.2, en relación co 11.2, do Real decreto 728/1988, do 8 de xullo.

6. Para a vixencia das inscricións nos correspondentes rexistros, será indispensable cumprir, en todo momento, cos requisitos que impón o presente regulamento, debendo comunicarlle ó consello regulador, no prazo de quince días, calquera variación que afec

te os datos subministrados na inscrición, cando a dita variación se produza. En consecuencia, o consello regulador poderá suspender cautelar ou definitivamente as inscricións cando os titulares delas non se ativesen a tales prescricións, logo da instrucción do procedemento que se substanciará polas normas do procedemento administrativo común.

A suspensión cautelar acordarase motivadamente, xunto coa providencia da apertura do procedemento, por un prazo non superior a tres meses.

7. O consello regulador efectuará inspeccións periódicas para comproba-la efectividade de canto se dispón neste artigo.

Artigo 30º

1. No Rexistro de Granxas de Producción de Leitóns inscribiranse todas aquelas localizadas na zona de producción, sempre que se dediquen á cría de porcos aptos para chegar a subministrar lacóns amparables pola denominación, cumprindo co disposto neste regulamento.

2. Na inscrición figurará o nome do propietario e, se é o caso, o do colono, parceiro, arrendatario ou calquera outro titular de dereito real ou persoal que o faculte para xestiona-la explotación; o nome da granxa, lugar, parroquia e concello no que estea situada; o código de explotación agraria (CEA), número de animais reproductores clasificados segundo as razas e cruzamentos citados anteriormente no artigo 5º deste regulamento, con expresa indicación de sementais e porcas de ventre, así como a cifra estimativa de producción de leitóns ó ano; e demais datos necesarios para a cualificación, localización e adecuada identificación da explotación.

3. Coa solicitude de inscrición achegaranse planos ou bosquexos acotados de situación, planta e alzados, a escala conveniente, onde se reflicten tódolos detalles significativos de construcción e instalacións, cunha breve descrición, así como copias dos certificados de inscrición nos diferentes rexistros estipulados pola lexislación vixente.

4. O consello regulador debe entregarlle ó titular un certificado acreditativo da inscrición, indicando as actividades para as que está inscrito.

5. A inscrición no Rexistro de Granxas de Producción de Leitóns é voluntaria, ó igual que a súa baixa e é necesario cumpri-las obrigas pendentes co consello.

Artigo 31º

1. No Rexistro de Granxas de Ceba de Porcos inscribiranse todas aquelas localizadas na zona de producción, sempre que se dediquen á ceba dos porcos procedentes das granxas de producción de leitóns inscritas, con destino a obter lacóns amparables pola denominación.

2. Na inscrición figurará o nome do propietario e, se é o caso, o do colono, parceiro, arrendatario ou calquera outro titular de dereito real ou persoal

que o faculte para xestiona-la explotación; o nome da granxa, lugar, parroquia e concello no que estea situada; o código de explotación agraria, número de prazas de ceba, tipo de alimentación prevista segundo o exposto anteriormente no artigo 6º, así como a cifra estimativa de producción de porcos cebados ó ano; e demais datos necesarios para a cualificación, localización e adecuada identificación da explotación.

3. Os requisitos citados nos apartados 3, 4 e 5 do artigo 30º deste regulamento son aplicables tamén neste caso.

Artigo 32º

1. No Rexistro de Matadoiros inscribiranse todos aqueles situados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que sacrifiquen porcos que cumpran as condicións para que os seus lacóns poidan ser protexibles pola denominación.

2. Na inscrición figurará a denominación ou razón social da empresa, domicilio legal desta, localidade e concello onde estean situadas as súas instalacións, capacidade de sacrificio e faenado, número e capacidade das cámaras frigoríficas, características técnicas da maquinaria e dos procesos industriais realizados, e demais datos necesarios para a cualificación, localización e identificación da industria, ademais da inscrición rexistral, información fiscal e nome do xerente ou responsable, no caso de sociedades.

No caso de que a empresa non sexa propietaria dos locais e instalacións, farase constar na solicitude de inscrición, acreditando documentalmente esta circunstancia e o título de uso, así como a identidade do propietario.

3. Coa solicitude de inscrición achegaranse planos ou bosquexos acotados de situación, planta e alzados, a escala conveniente, onde se reflicten tódolos detalles significativos de construcción e instalacións, cunha breve descrición, así como copias dos certificados do Rexistro de Industrias Agrarias, do Rexistro Sanitario, e de Homologación, así como calquera outro estipulado pola lexislación vixente.

4. O consello regulador debe entregarlle ó titular ou xerente un certificado acreditativo da inscrición, indicando as actividades para as que está inscrito.

5. A inscrición no Rexistro de Matadoiros é voluntaria, ó igual que a súa baixa, e é necesario cumpri-las obligas pendentes co consello.

Artigo 33º

1. No rexistro de salas de despezamento inscribiranse todas aquelas situadas na zona de elaboración definida, sempre que faenen e despecen canais e medios canais identificados, procedentes dos matadoiros inscritos, con destino á elaboración de lacóns amparables.

2. Os requisitos citados nos apartados 2, 3, 4 e 5 do artigo 32º deste regulamento, son aplicables tamén neste caso.

Artigo 34º

1. No Rexistro de Industrias Cárnicas de Elaboración inscribiranse todas aquelas situadas na zona de elaboración definida, sempre que elaboren lacóns protexibles pola denominación.

2. Os requisitos citados nos apartados 2, 3, 4 e 5 do artigo 32º do presente regulamento son aplicables tamén neste caso.

Artigo 35º

O consello regulador da denominación específica Lacón Galego poderá levar unha relación de fábricas de penso para porcino, para os efectos de lograr un mellor seguimento da alimentación dos animais inscritos.

Na dita relación incluiranse todas aquelas empresas localizadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que o penso que produzan para porcino sexa autorizado polo consello regulador para utilizalo na alimentación dos porcos identificados pertencentes ás explotacións inscritas.

Capítulo VIII

Dereitos e obrigas

Artigo 36º

1. Só as persoas físicas ou xurídicas que teñan inscritas as súas granxas de producción de leitóns e de ceba de porcos nos rexistros indicados no artigo 28º poderán respectivamente subministrar leitóns e producir porcos cebados, con destino á elaboración de lacóns amparados pola denominación.

2. Só as persoas físicas ou xurídicas que teñan inscritos os seus matadoiros, salas de despezamento e industrias cárnicas de elaboración nos rexistros previstos no artigo 28º, poderán sacrifica-los animais procedentes das granxas inscritas, realiza-lo seu despezamento, elabora-los lacóns protexidos pola denominación, e expedilos ó mercado debidamente identificados para a súa comercialización.

3. As firmas inscritas nos rexistros de matadoiros, salas de despezamento e industrias cárnicas de elaboración só poderán almacena-los canais, medios canais, pezas e lacóns cualificados, nos locais declarados na inscrición, de forma que se distingan claramente os productos protexibles dos que non o son.

Artigo 37º

1. Soamente poderá aplicarse a denominación específica Lacón Galego ós lacóns procedentes das instalacións inscritas nos rexistros de matadoiros, salas de despezamento e industrias cárnicas de elaboración, que fosen producidos e elaborados conforme as normas esixidas por este regulamento, e que sexan cualificados como aptos polo comité de cualificación establecido polo consello regulador.

2. O dereito ó uso da denominación específica en propaganda, publicidade, documentación, pre

cintas ou etiquetas é exclusivo das firmas inscritas nos diferentes rexistros da denominación.

3. Polo mero feito da inscrición nos rexistros da denominación, as persoas físicas ou xurídicas inscritas quedan obrigadas ó cumprimento das disposicións deste regulamento e dos acordos que, dentro das súas competencias, dicten a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o consello regulador, así como a satisface-las exaccións que lles correspondan.

4. Para o exercicio de calquera dereito outorgado por este regulamento ou para poderen beneficiarse dos servicios que preste o consello regulador, as persoas físicas ou xurídicas que teñan inscritas as súas ganderías e instalacións deberán ter actualizadas as inscricións nos correspondentes rexistros e estaren ó corrente no pagamento das súas obrigas, numerarias e líquidas, co consello regulador.

Artigo 38º

1. As marcas que figuran autorizadas, así como os emblemas, símbolos, lendas publicitarias ou calquera outro tipo de propaganda que se utilice aplicados ós lacóns protexidos non poderán ser empregados baixo ningún concepto, nin sequera polos propios titulares, na comercialización doutros lacóns non amparados pola denominación específica Lacón Galego.

2. Admítese o uso das marcas autorizadas noutros productos derivados do porco, sempre que o consello regulador o permita.

Artigo 39º

1. Nas etiquetas dos lacóns amparados debe figurar sempre de forma destacada a mención Lacón Galego, e optativamente o seu logotipo, ademais dos datos que con carácter xeral se determinan na lexislación aplicable.

2. As etiquetas deben ser autorizadas polo consello regulador previamente á súa utilización, para os efectos que se relacionan neste regulamento. Será denegada a aprobación daquelas etiquetas que, por calquera causa, poidan confundi-lo consumidor. Tamén poderá ser revogada a autorización dunha xa concedida anteriormente, cando variasen as circunstancias da súa firma propietaria, logo da audiencia ó interesado. En todo caso, respectaranse as competencias que correspondan a outras institucións en materia de supervisión do cumprimento das normas xerais de etiquetado.

3. Os lacóns amparados irán provistos de precintos e contraetiquetas numeradas, expedidas polo consello regulador, que deberán ser colocadas na propia industria cárnica de elaboración, previamente á súa comercialización, de acordo coas normas que dicte o consello, e de forma que non se poidan reutilizar.

4. O consello regulador disporá de dous tipos de precintos, que se corresponderán coas dúas clases

de lacóns definidas no artigo 24º (lacón galego tradicional e lacón galego), e diferenciaranse na súa cor.

5. O consello regulador adoptará e rexistrará un emblema ou logotipo como símbolo da denominación específica Lacón Galego, logo da aprobación da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

6. O consello regulador poderá facer obrigatorio que no exterior das industrias cárnicas inscritas, e en lugar destacado, figure unha placa que reproduza o logotipo da denominación.

Artigo 40º

1. Toda expedición de porcos, canais, medio canais e pezas con destino á obtención de lacóns, que se realice entre firmas inscritas, aínda pertencentes á mesma razón social, deberá ir acompañada da documentación establecida pola lexislación vixente en cada momento.

2. O establecido no punto anterior tamén será esixible no caso de expedicións que teñan lugar dunha firma inscrita a outra non inscrita.

Artigo 41º

1. Co obxecto de poder controla-los procesos de producción, faenado, elaboración e expedición, e canto sexa necesario para poder acredita-la orixe e a calidade dos lacóns amparados pola denominación, as persoas físicas ou xurídicas titulares das ganderías e industrias cárnicas estarán obrigadas a cumprir coas seguintes formalidades:

a) Tódolos titulares de granxas de producción de leitóns presentaránlle ó consello regulador na primeira quincena de cada trimestre, declaración do número de leitóns que, cumprindo o establecido no artigo 5º deste regulamento, nacesen no trimestre anterior, así como o número destes animais expedido ás granxas de ceba inscritas, co nome e domicilio destas.

b) Tódolos titulares de granxas de ceba de porcos presentaranlle ó consello regulador, na primeira quincena de cada trimestre, declaración do número de animais que, procedentes das granxas de producción de leitóns e de acordo co artigo 5º deste regulamento, fosen dados de alta durante o trimestre anterior, así como o nome e domicilio da granxa de procedencia. Así mesmo, presentarán declaración do número destes porcos que, unha vez cebados, fosen expedidos ós matadoiros inscritos, co nome e domicilio destes.

c) Tódalas firmas inscritas no rexistro de matadoiros:

*) Levarán un libro, de acordo co modelo adoptado polo consello regulador, no que, para todos e cada un dos días en que se realice o sacrificio nas súas instalacións de porcos procedentes das granxas de ceba inscritas, dos que as súas extremidades dianteiras son aptas para a elaboración de lacóns pro

texibles, deben figura-los seguintes datos: nome e domicilio da granxa de procedencia e número de pezas marcadas. Tamén figurará o nome e o domicilio das salas de despezamento e industrias cárnicas de elaboración a onde van destinadas.

*) Presentaranlle ó consello regulador, dentro dos dez primeiros días de cada mes, unha declaración na que se reflectirán tódolos datos do mes anterior, sendo suficiente con fotocopia autentificada dos asentos que figuran no dito libro.

d) Tódalas firmas inscritas no rexistro de salas de despezamento e no rexistro de industrias cárnicas de elaboración:

*) Levarán un libro, de acordo co modelo adoptado polo consello regulador, no que, para todos e cada un dos días en que se realice o faenado e/ou a elaboración nas súas instalacións, de lacóns aptos para seren protexidos, deben figura-los seguintes datos: matadoiro de procedencia, número de lacóns totais e número de lacóns cualificados para seren comercializados ó amparo desta denominación.

*) Presentaranlle ó consello regulador, dentro dos dez primeiros días de cada mes, unha declaración na que se reflectirán tódolos datos do mes anterior, sendo suficiente con fotocopia autentificada dos asentos que figuran no dito libro.

2. Tódalas declaracións especificadas no presente artigo teñen efectos meramente estatísticos, e están sometidas ás normas legais vixentes ó respecto.

Artigo 42º

1. Toda expedición de lacóns con indicativo de calidade, destinados á exportación, deberá ir acompañada polo correspondente certificado da denominación específica Lacón Galego, expedido polo consello regulador, ademais de cumprir coas normas establecidas na lexislación vixente ó respecto.

2. As lendas que figuren nas etiquetas destes lacóns e a súa presentación, poderán adaptarse á lexislación existente sobre esta materia no país de destino, logo da autorización do consello regulador.

Capítulo IX

Do consello regulador

Artigo 43º

1. O consello regulador da denominación específica Lacón Galego é un organismo dependente da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, con carácter de órgano desconcentrado, e con atribucións decisorias en cantas funcións se lle encomenden neste regulamento, de acordo co que determina o artigo 87 da Lei 25/1970, do 2 de decembro, do Estatuto da viña, do viño e dos alcois.

2. O seu ámbito de competencia estará determinado:

a) No territorial, pola respectiva zona de producción e elaboración.

b) En razón dos productos, polos protexidos pola denominación, en calquera das súas fases de producción, elaboración e comercialización.

c) En razón das persoas, tanto físicas como xurídicas, polas inscritas nos diferentes rexistros.

3. É misión principal do consello regulador, a de aplica-los preceptos deste regulamento e velar polo seu cumprimento, para o cal exercerá as funcións que se lle encomendan nel no ordenamento xurídico vixente.

Artigo 44º

1. O consello regulador da denominación específica Lacón Galego estará constituído por:

a) Un presidente.

b) Un vicepresidente.

c) Catro vocais, en representación do sector productor, titulares de explotacións gandeiras inscritas no rexistro de granxas de producción de leitóns e no rexistro de granxas de ceba de porcos, do consello.

d) Catro vocais en representación do sector industrial, titulares de industrias inscritas no rexistro de matadoiros, no rexistro de salas de despezamento e no rexistro de industrias cárnicas de elaboración, do consello regulador.

e) Dous vocais técnicos en representación da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, designados por esta.

2. O presidente será nomeado, por proposta dos vocais electos, polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes.

O vicepresidente será designado polo conselleiro de Industria e Comercio.

3. Por cada un dos vocais dos sectores productor e industrial designarase un suplente, elixido da mesma forma có titular.

4. Os cargos de vocais do consello regulador serán renovados cada catro anos e poderán ser reelixidos.

5. No caso de cesamento dun vocal, por calquera causa legal, a súa vacante será cuberta polo seu substituto, que permanecerá no cargo ata que se celebre a seguinte renovación do consello regulador.

6. O prazo para a toma de posesión dos vocais será como máximo dun mes, contado desde a data da súa proclamación.

7. Causará baixa o vocal que durante o período de vixencia do seu cargo sexa sancionado por infracción grave en materias que regula este regulamento, ben persoalmente ou ben a firma á que represente. Igualmente, causará baixa por ausencia inxustificada a dúas sesións consecutivas ou a tres alternas no período dun ano, ou por causar baixa nos rexistros do consello, ou por perder a súa vinculación co sector que o elixiu ou coa razón social á que pertenza.

8. Os vocais elixidos na forma que se determina anteriormente deberán estar vinculados ós sectores que representan, ben directamente ou por seren representantes das sociedades que se dedican ás actividades aquí regulamentadas. Non obstante, unha mesma persoa física ou xurídica inscrita en varios rexistros do consello regulador non poderá ter neste representación dobre, unha no sector productor e outra no sector industrial, nin directamente nin a través de firmas filiais ou socios desta.

Artigo 45º

1. Ó presidente correspóndelle:

a) Representa-lo consello regulador. Esta representación poderá delegala de forma expresa nos casos en que sexa necesario.

b) Cumprir e facer cumpri-las disposicións legais e regulamentarias.

c) Administra-los ingresos e fondos do consello regulador e ordena-los pagamentos, de acordo coas decisións tomadas polo pleno.

d) Convocar e presidi-las sesións do consello regulador, sinalando a orde do día, sometendo á decisión deste os asuntos da súa competencia, e executa-los acordos adoptados.

e) Organiza-lo réxime interior do consello regulador.

f) Propoñerlle ó consello a contratación, suspensión ou renovación do seu persoal.

g) Organizar e dirixi-los servicios.

h) Informar á Administración pública correspondente das incidencias que ocorran na producción e mercado.

i) Remitirlle á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, e a outros organismos interesados, aqueles acordos que, para cumprimento xeral, acorde o consello en virtude das atribucións que lle confire este regulamento e aqueles que pola súa importancia considere deban ser coñecidos por estes.

j) Aqueloutras funcións que o consello acorde, ou que lle encomende a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, en consonancia cos fins establecidos.

2. A duración do mandato do presidente será de catro anos e poderá ser reelixido.

3. O presidente cesará:

a) Ó expira-lo termo do seu mandato.

b) Por petición propia, unha vez aceptada a súa demisión.

c) Por decisión da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, logo da incoación e resolución do expediente para o efecto, por incorrer nalgunha das causas xerais de incapacidade establecidas na lexislación vixente ou por perda da confianza do pleno,

manifestada en votación secreta por maioría de dous tercios dos seus membros.

d) Polas demais causas recoñecidas no ordenamento xurídico.

4. No caso do cesamento ou morte do presidente, o consello regulador no prazo dun mes, proporá un candidato a presidente e comunicarallo á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a súa designación.

5. As sesións de constitución do consello regulador e aquelas nas que se estudie a elección do presidente serán presididas por unha mesa de idade composta polo vocal de maior idade e os dous máis novos.

6. O presidente do consello regulador será substituído polo vicepresidente nos casos de ausencia, enfermidade e nos demais previstos neste regulamento. No exercicio das súas funcións en defecto do presidente, o vicepresidente terá as mesmas competencias e obrigas daquel.

Artigo 46º

1. O consello reunirase cando o convoque o presidente, ben por propia iniciativa ou por petición da metade dos vocais e é obrigatorio celebrar sesión polo menos unha vez ó trimestre.

2. As sesións do consello regulador convocaranse, polo menos, con oito días de antelación e a citación deberá ir acompañada da orde do día para a reunión, na que non se poderán tratar máis asuntos que os previamente sinalados.

Para a inclusión na orde do día dun asunto determinado, non incorporado polo presidente, será necesario que o soliciten polo menos tres dos vocais, con catro días de antelación como mínimo.

No caso de necesidade, cando así o requira a urxencia do asunto a xuízo do presidente, citaranse os vocais polos medios adecuados, con vintecatro horas de anticipación como mínimo.

Por falta de convocatoria e con carácter excepcional, o consello regulador quedará validamente constituído cando estean presentes a totalidade dos seus membros e así o acorden por unanimidade.

3. Cando un titular non poida asistir notificarallo ó consello regulador, expresando a causa da súa ausencia, para efecto de que poida ser substituído polo seu suplente.

4. Os acordos do consello regulador da denominación Específica Lacón Galego adoptaranse por maioría dos membros presentes, e para a súa validez será necesario que estean presentes máis da metade dos seus membros. O presidente terá voto de calidade.

5. Para resolver cuestións de trámite, ou naqueles casos en que se considere necesario, poderá constituírse unha comisión permanente, que estará formada polo presidente e, polo menos, dous vocais

titulares designados polo pleno, un en representación de cada sector.

Na sesión na que se acorde a constitución da dita comisión permanente, aprobaranse tamén as misións específicas que lle competen e as funcións que exercerá.

6. O pleno do consello regulador poderá nomear, sen contravi-la lexislación vixente, unha comisión de cualificación, coa misión específica de acorda-la cualificación, descualificación ou localización das partidas de lacóns sometidas ó control do consello regulador, de acordo cos informes técnicos correspondentes.

7. O pleno poderá, así mesmo, establecer outras comisións para tratar ou resolver asuntos concretos.

8. Tódalas resolucións que tome a comisión permanente ou outras comisións serán comunicadas ó pleno do consello na primeira reunión que este celebre.

Artigo 47º

1. Para o cumprimento dos seus fins, o consello regulador contará co persoal necesario, segundo o ó cadro de persoal aprobado polo pleno, e que figure dotado no seu orzamento.

2. O consello regulador terá un secretario, designado polo propio consello, por proposta do presidente, do que directamente dependerá, e que terá como cometidos específicos os seguintes:

a) Prepara-los traballos do consello e tramita-la execución dos seus acordos.

b) Asistir ás sesións con voz, pero sen voto, cursa-las convocatorias, levanta-las actas e custodia-los libros e documentos do consello.

c) Os asuntos relativos ó réxime interior do consello, tanto de persoal como administrativos, exercendo a xefatura inmediata sobre o persoal.

d) Actuar como instructor nos expedientes sancionadores incoados polo consello regulador.

e) As demais funcións que lle encomende o presidente relacionadas coa preparación e tramitación dos asuntos da competencia do consello.

3. Para as funcións técnicas que ten encomendadas, o consello contará cos servicios técnicos necesarios; a súa dirección recaerá en técnico competente designado polo consello por proposta do presidente.

4. Para os servicios de control e vixilancia contará con vedores propios, encadrados dentro dos servicios técnicos. Estes vedores serán designados polo consello regulador e habilitados, despois de solicitude do propio consello, pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, coas seguintes funcións inspectoras:

a) Sobre as explotacións gandeiras situadas na zona de producción, inscritas nos rexistros da denominación.

b) Sobre as industrias cárnicas situadas na zona de elaboración, inscritas nos rexistros da denominación.

c) Sobre os porcos, canais, medios canais e pezas con destino á obtención de lacóns, na zona de producción e elaboración.

d) Sobre os lacóns protexidos.

5. O consello regulador poderá establecer acordos coas explotacións gandeiras e industrias cárnicas, para lograr que o programa de actuación dos seus servicios de inspección sexa totalmente operativo.

6. O consello poderá contratar o persoal necesario para efectuar traballos urxentes, sempre que teña aprobado no seu orzamento dotación para este concepto.

7. A todo o persoal do consello regulador, tanto con carácter fixo como eventual, seralle de aplicación a lexislación laboral vixente.

Artigo 48º

1. A financiación das obrigacións do consello efectuarase cos seguintes recursos:

1.1. Co producto das exaccións parafiscais que se fixan no artigo 90 da Lei 25/1970, ás que se aplicarán os seguintes tipos:

a) Ata o 0,5%, á exacción sobre o valor dos porcos identificados.

b) Ata o 1,5%, á exacción sobre o valor dos lacóns cualificados aptos para seren protexidos pola denominación.

c) Pola expedición de certificados ou visados de facturas haberá que aterse ó establecido en cada caso pola normativa vixente.

d) O dobre do prezo de custo sobre as precintas ou contraetiquetas.

Os suxeitos pasivos de cada unha das exaccións son: da a), os titulares das explotacións gandeiras inscritas; da b), os titulares das industrias cárnicas que expidan lacóns amparados por esta denominación específica ó mercado; da c), os titulares das ganderías e industrias cárnicas inscritas que soliciten certificados ou visados de facturas; e da d), os titulares das industrias cárnicas inscritas que soliciten contraetiquetas ou precintas.

1.2. As subvencións, legados, donativos e demais transmisións de bens e dereitos a título gratuíto, das que sexa beneficiario o consello regulador.

1.3. As cantidades que puidesen percibirse en concepto de indemnización por danos e prexuízos ocasionados ó consello regulador ou ós intereses que representa.

1.4. Os bens que constitúen o seu patrimonio e os productos e vendas del.

2. Os tipos impositivos fixados neste artigo poderán variarse, por proposta do consello regulador, pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, den

tro dos límites sinalados no artigo 90 da Lei 25/1970, do 2 de decembro, e no seu regulamento aprobado polo Decreto 835/1972, do 23 de marzo, cando as necesidades orzamentarias do consello así o recomenden.

3. A xestión dos ingresos e gastos que figuren nos orzamentos correspóndelle ó consello regulador.

4. A aprobación dos orzamentos do consello regulador e da súa contabilidade será efectuada pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, de acordo coas normas establecidas por este organismo e coas atribucións e funcións que lle asigne a lexislación vixente na materia.

Artigo 49º

1. Os acordos do consello regulador que non teñan carácter particular e afecten a unha pluralidade de suxeitos poderán notificarse mediante o envío de circulares ós inscritos, e expoñéndoas nas oficinas do consello regulador. Tamén se remitirán ás organizacións do sector legalmente constituídas. A exposición das ditas circulares publicarase polo menos nun dos medios seguintes: Diario Oficial de Galicia, ou xornal de maior tirada na dita Comunidade Autónoma.

2. Contra os acordos e resolucións que adopte o consello regulador poderase interpor recurso, en todo caso, ante a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, dentro do prazo dun mes contado desde a comunicación daqueles, tal como prevén os artigos 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Capítulo X

Infraccións, sancións e procedemento

Artigo 50º

Tódalas actuacións que sexa preciso desenvolver en materia de expedientes sancionadores axustaranse ás normas deste regulamento; ás da Lei 25/1970, do 2 de decembro, do Estatuto da viña, do viño e dos alcois, e ó seu regulamento aprobado polo decreto 835/1972, do 23 de marzo; ó Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, que regula as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria, en canto lles sexa de aplicación; á vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do precedemento administrativo común; ó Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto; e a cantas disposicións xerais estén vixentes no seu momento sobre a materia.

Artigo 51º

1. As infraccións ó disposto neste regulamento e ós acordos do consello regulador serán sancionadas con apercibimento, multa, comiso da mercadoría, suspensión temporal no uso da denominación específica ou baixa no rexistro ou rexistros dela, conforme

se expresa nos artigos seguintes, sen prexuízo das sancións que por contravi-la lexislación xeral sobre a materia poidan ser impostas.

2. As bases para a imposición de multas determinaranse de acordo co artigo 120 do Decreto 835/1972, do 23 de marzo.

Artigo 52º

As infraccións cometidas polas persoas inscritas nos rexistros da denominación específica ó presente regulamento e ós acordos do consello regulador clasifícanse en:

a) Faltas administrativas.

b) Infraccións ó establecido neste regulamento sobre producción, elaboración e características dos lacóns protexidos.

c) Infraccións por uso indebido da denominación ou por actos que poidan causarlle prexuízo ou desprestixio.

d) Infraccións por obstrucción ás tareas inspectoras ou de control do consello regulador, ou dos seus axentes autorizados, conforme o establecido no artigo 5.2º do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño.

Artigo 53º

1. Son faltas administrativas, en xeral, as inexactitudes e omisións nas declaracións, documentos comerciais autorizados, asentos, libros de rexistro, fichas de control e demais documentos e, especialmente, as seguintes:

a) Inexactitudes e omisións de datos e comprobantes, nos casos nos que sexan precisos para a inscrición nos distintos rexistros, sempre que non sexan determinantes para a inscrición.

b) Non comunicarlle antes dun mes ó consello regulador, desde o momento no que se produza, calquera variación que afecte os datos subministrados no momento da inscrición nos rexistros.

c) O incumprimento por inexactitude ou omisión, do establecido neste regulamento e nos acordos do consello, sobre declaracións de animais, sacrificios, canais, pezas e/ou elaboración e existencias de lacóns.

d) O incumprimento da normativa vixente na expedición de productos, en referencia ó citado no artigo 40º deste regulamento.

e) A falta de libros de rexistro, fichas de control, ou cantos outros documentos sexan obrigatorios conforme o regulamento presente.

f) As restantes infraccións ó regulamento ou ós acordos do consello regulador na materia á que se refire este artigo.

2. As faltas administrativas sancionaranse con apercibimento, ou con multa do 1 ó 10% do valor dos productos afectados.

Artigo 54º

1. Son infraccións ás normas establecidas neste regulamento sobre producción, elaboración e características dos lacóns amparados, as seguintes:

a) O incumprimento das normas sobre técnicas de producción.

b) Non cumpri-las idades e pesos previstos na producción dos porcos amparados.

c) Empregar na elaboración de lacóns protexidos as extremidades dianteiras de razas ou cruzamentos distintos dos autorizados.

d) O incumprimento das normas de elaboración dos lacóns.

e) A subministración de información ou documentación falsa.

f) As restantes infraccións que se produzan contra o disposto no regulamento ou contra os acordos do consello regulador, na materia a que se refire este artigo.

2. Estas infraccións sancionaranse con multa do 2 ó 20% do valor dos productos afectados. Ademais, tamén poderá ser aplicado o comiso.

Artigo 55º

1. Son infraccións por uso indebido da denominación específica ou por actos que poidan causarlle prexuízo ou desprestixio, as seguintes:

a) A utilización de nomes comerciais, marcas, símbolos ou emblemas que fagan referencia á denominación específica Lacón Galego ou ós nomes protexidos por ela, na comercialización doutros lacóns non protexidos ou doutros productos de similar especie, así como as infraccións ó artigo 39º.

b) O uso da denominación en lacóns que non fosen producidos, elaborados ou comercializados conforme as normas establecidas pola lexislación vixente e por este regulamento, ou que non reúnan as condicións analíticas e organolépticas que deban caracterizalos.

c) O emprego de nomes comerciais, marcas ou etiquetas non aprobados polo consello regulador.

d) As infraccións ó disposto no artigo 36º deste regulamento.

e) A indebida posesión, negociación ou utilización dos documentos, precintas, etiquetas, contraetiquetas, selos, etc., propios da denominación ou do consello regulador.

f) A existencia de lacóns en industrias inscritas, sen a preceptiva documentación que ampare a súa orixe como producto protexido pola denominación; ou a existencia de documentación que acredite unha presencia de lacóns protexidos pola denominación sen a contrapartida deste producto. As existencias de lacóns en almacén deben coincidir coas existencias declaradas documentalmente, se ben o consello regulador non entenderá como infracción dife

rencias inferiores ó 2% en máis ou en menos.

g) A expedición de lacóns que non correspondan ás características de calidade mencionadas nos seus medios de comercialización.

h) A expedición, circulación ou comercialización de lacóns con denominación específica envoltos ou encamisados, sempre que previamente non o aprobase o consello regulador.

i) A expedición, circulación ou comercialización de lacóns amparados pola denominación desprovistos das precintas ou contraetiquetas numeradas, ou carentes dos medios de control establecidos polo consello regulador.

j) Efectua-lo precintado ou contraetiquetado dos lacóns en industrias cárnicas que non sexan as inscritas e autorizadas polo consello regulador, ou non axustarse ós acordos del nesta materia.

k) O incumprimento do establecido neste regulamento ou nos acordos do consello, no referente á presentación, documentación e precintado de lacóns para a exportación.

l) Falsear ou omitir nas declaracións para a inscrición nos diferentes rexistros, os datos e comprobantes que en cada caso sexan precisos, sempre que sexan determinantes para a inscrición.

ll) A manipulación, traslado ou disposición en calquera forma, dos productos intervidos cautelarmente polo consello regulador.

m) O non ter pagadas as exaccións parafiscais, previstas no artigo 48º, por parte dos suxeitos pasivos de cada unha das anteditas exaccións.

n) En xeral calquera acto que contraveña o disposto neste regulamento ou nos acordos do consello e que prexudique ou desprestixie a denominación, ou supoña un uso indebido dela.

2. Estas infraccións sancionaranse con multa que irá desde vinte mil pesetas ata o dobre do valor da mercadoría ou productos afectados, cando este valor supere a dita cantidade, levando aparellado o comiso do producto ou productos en cuestión.

Artigo 56º

1. Son infraccións por obstrucción ás tareas inspectoras ou de control do consello regulador, as seguintes:

a) A negativa ou resistencia a subministra-los datos, facilita-la información ou permiti-lo acceso á documentación requirida polo consello ou os seus vedores, para o cumprimento das funcións de información, vixilancia, investigación, inspección, tramitación e execución, nas materias ás que se refire o regulamento, ou as demoras inxustificadas para facilita-los referidos datos, información ou documentación.

b) A negativa á entrada ou permanencia dos vedores do consello regulador nas explotacións gandeiras e industrias cárnicas inscritas e os seus anexos.

c) A resistencia, coacción, ameaza, represalia ou calquera outra forma de presión ós vedores ou representantes do consello, así como a tentativa de exercitar tales actos.

2. Estas infraccións sancionaranse de acordo co establecido no Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño.

Artigo 57º

1. As infraccións cometidas polas persoas non inscritas nos rexistros do consello regulador, son:

a) Usar indebidamente a denominación específica Lacón Galego.

b) Utilizar nomes comerciais, marcas, expresións, signos ou emblemas que pola súa identidade ou similitude gráfica ou fonética cos nomes protexidos pola denominación específica Lacón Galego, ou con signos ou emblemas característicos dela, poidan inducir á confusión sobre a natureza e a orixe dos productos, sen prexuízo dos dereitos adquiridos, que sexan debidamente recoñecidos polos organismos competentes.

c) Emprega-los nomes xeográficos protexidos por esta denominación específica en etiquetas e propaganda de lacóns e productos derivados do porcino, sen dereito á denominación, aínda que vaian precedidos polos termos tipo ou outros análogos.

d) Calquera acción que cause prexuízo ou desprestixio á denominación específica Lacón Galego e tenda a producir confusión no consumidor respecto dela.

2. Estas infraccións sancionaranse con multa que irá desde vinte mil pesetas ata o dobre do valor da mercadoría ou productos afectados, cando este valor supere a dita cantidade, e ademais co seu comiso.

Artigo 58º

Para a aplicación das sancións previstas nos artigos anteriores teranse en conta as seguintes normas:

1. Aplicaranse no seu grao mínimo cando:

a) Se trate de simples irregularidades na observancia das regulamentacións, sen trascendencia directa para os consumidores ou que non supoñan especial beneficio para o infractor.

b) Se emenden os defectos no prazo establecido para iso polo consello regulador.

c) Se probe que non existiu mala fe.

2. Aplicaranse no seu grao medio cando:

a) A infracción teña trascendencia directa sobre os consumidores ou supoña un beneficio especial para o infractor.

b) Non se emenden os defectos no prazo sinalado polo consello.

c) A infracción se produza por unha actuación neglixente, con inobservancia das normas de actua

ción expresamente acordadas polo consello regulador.

d) En tódolos demais casos en que non proceda a aplicación dos graos mínimo ou máximo.

3. Aplicaranse no seu grao máximo cando:

a) Se produza reiteración na negativa a facilitar información, prestar colaboración ou permiti-lo acceso á documentación esixida por este regulamento ou polos acordos do consello regulador.

b) Se probe manifesta mala fe.

c) Da infracción se deriven graves prexuízos para a denominación, os seus inscritos e/ou os consumidores.

d) Se producise obstrucción ós vedores do consello na investigación da infracción.

4. Poderase aplica-la suspensión temporal do uso da denominación ou a baixa nos rexistros dela, sempre que se respecte o establecido no artigo 129 da Lei 30/1992, e no título V da Lei 25/1970 e do Decreto 835/1972.

A suspensión do dereito ó uso da denominación específica levará aparellada a suspensión do dereito a obter certificados de orixe, precintas, contraetiquetas e demais documentos do consello regulador.

A baixa suporá a exclusión do infractor nos rexistros do consello e, como consecuencia, a perda dos dereitos inherentes á denominación.

Artigo 59º

1. Considérase que hai reincidencia cando o infractor fose sancionado, mediante resolución firme, por unha infracción das comprendidas no presente regulamento, durante os cinco anos anteriores.

En caso de reincidencia, as multas serán superiores nun 50% ás máximas establecidas neste regulamento. Se o reincidente cometese nova infracción, as multas poderán ser elevadas ata o triple dos ditos máximos.

2. Poderá ser aplicado o comiso dos productos, como sanción única ou como accesoria doutra principal, se é o caso, ou o pagamento do importe do seu valor cando o comiso non sexa factible.

3. No caso de desaparición, cambio ou calquera manipulación efectuada sobre os productos retidos, intervidos ou comisados haberá que aterse ó disposto no Código Penal.

Artigo 60º

1. O procedemento sancionador poderá iniciarse en virtude das actas levantadas polos vedores do consello regulador, por comunicación dalgunha autoridade ou órgano administrativo, ou por denuncia formulada polos particulares sobre algún feito ou conducta que poida ser constitutivo de infracción.

2. As actas de inspección levantaranse por triplicado e serán asinadas polo vedor e polo dono ou representante da explotación gandeira ou indus

tria cárnica, ou polo encargado da custodia dos productos, en poder do cal quedará unha copia da acta.

Ámbolos asinantes poderán consignar na acta cantos datos ou manifestacións consideren convenientes para a estimación dos feitos que se consignan nela, así como de cantas incidencias ocorran no acto de inspección ou levantamento da acta.

As circunstancias que o vedor consigne na acta consideraranse feitos probados, salvo que a outra parte demostre o contrario.

Se o interesado na inspección se negase a asina-la acta, farao constar así o vedor, procurando a sinatura dalgún axente da autoridade ou testemuña.

3. No caso de que sexa estimado conveniente polo vedor ou polo dono dos productos, ou polo representante deles, tomaranse mostras do producto obxecto de inspección. Cada mostra tomarase, polo menos por triplicado e en cantidade suficiente para o exame e análise dela. Precintarase e etiquetarase, quedando unha en poder do interesado.

4. Cando o vedor que levante a acta o estime necesario, poderá dispor que os productos, etiquetas, contraetiquetas e outros artigos queden retidos ata que o instructor do expediente dispoña o pertinente, dentro do prazo máis breve posible, cun máximo de 8 días hábiles a partir da data de levantamento da acta de inspección.

Os productos retidos consideraranse como productos en depósito, non podendo polo tanto ser trasladados, manipulados, ofrecidos en venda ou vendidos. No caso de que se estime procedente poderán ser precintados.

Artigo 61º

1. A incoación e instrucción dos expedientes sancionadores corresponderalle ó consello regulador cando o infractor estea inscrito nalgún dos seus rexistros.

Nos demais casos o consello, porao en coñecemento dos órganos competentes da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

2. Con anterioridade á iniciación do procedemento sancionador, o consello regulador poderá realizar actuacións previas, solicitando os informes necesarios das persoas que considere convenientes, co fin de determinar se concorren circunstancias que xustifiquen tal iniciación.

3. A resolución dos expedientes incoados polo consello regulador correspóndelle ó propio consello, cando a sanción que se vai impor non exceda de cincuenta mil pesetas. Se excedese desta cantidade, elevaralle proposta sobre a súa resolución á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Para os efectos de determina-la competencia a que se refire o apartado anterior engadirase o valor do comiso ó importe da multa.

4. Nos expedientes de carácter sancionador incoados polo consello regulador, deberá actuar como instructor o secretario do consello, e como secretario exercerá o letrado del, ou no caso de non habelo, unha persoa ó seu servicio, asegurando sempre a adecuada separación entre as fases de instrucción e resolución, de acordo coa Lei 30/1992, do 26 de novembro.

5. A decisión sobre o comiso definitivo dos productos ou o destino destes corresponderalle a quen teña atribuída a facultade de resolve-lo expediente.

6. Das infraccións en productos etiquetados e contraetiquetados será responsable a firma ou razón social da que o nome figure na etiqueta. Das que se producisen en productos a granel, o posuidor deles. No tocante ás que se deriven do transporte da mercadoría, recaerá a responsabilidade nas persoas que determine a lexislación vixente.

Artigo 62º

Nos casos nos que a infracción concirne ó uso indebido da denominación, o consello regulador, sen prexuízo das actuacións e sancións administrativas pertinentes, poderá acudir ós tribunais de xustiza, exercendo as accións civís e penais oportunas, debidamente recoñecidas pola lexislación vixente.

9355