Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 1997 Páx. 12.010

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 353/1997, do 12 de decembro, polo que se dispón que cese Rubén Víctor Lois Calviño como secretario xeral para o Turismo.

Aprobado o Decreto 350/1997, do 10 de decembro, polo que se determinan os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, tendo en conta o disposto no artigo 4, alínea 13º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de decembro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Rubén Víctor Lois Calviño como secretario xeral para o Turismo, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, doce de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

9986