Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 1997 Páx. 12.012

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 362/1997, do 12 de decembro, polo que se dispón que cese Francisco Gallegos Martínez como director xeral de Comercio e Consumo.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de decembro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Francisco Gallegos Martínez como director xeral de Comercio e Consumo, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, doce de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

10007