Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 1997 Páx. 12.015

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 377/1997, do 12 de decembro, polo que se dispón que cese Antonio Calvo Varela como delegado provincial da Consellería de Cultura e Comunicación Social en Lugo.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e logo de deliberación do Consello

da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de decembro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, Antonio Calvo Varela como delegado provincial da Consellería de Cultura e Comunicación Social en Lugo, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, doce de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo

10027