En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de decembro de mil novecentos noventa e sete,
DISPOÑO:
Que cese, por petición propia, Enrique José Rodríguez González como delegado territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Lugo, agradecéndolle os servicios prestados.
Santiago de Compostela, doce de decembro de mil novecentos noventa e sete.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Amancio Landín Jaráiz
Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura
10052