Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 1997 Páx. 12.019

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 392/1997, do 12 de decembro, polo que se dispón que cese, José Rojo Salgado como director xeral de Xustiza.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de decembro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, José Rojo Salgado como director xeral de Xustiza, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, doce de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

10066