Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 1997 Páx. 12.029

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

DECRETO 442/1997, do 12 de decembro, polo que se nomea delegada territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo (Pontevedra) a Rosa María Quintana Carballo.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e logo de deliberación do Consello da Xunta

de Galicia na súa reunión do día doce de decembro de mil novecentos noventa e sete,

Nomeo a Rosa María Quintana Carballo delegada territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo (Pontevedra).

Santiago de Compostela, doce de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

10062