De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos na resolución do recurso de alzada número 0477/94 interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, do 2 de febreiro de 1994, pola que se denegou a aprobación provisional do expediente C:H.19/93, para a rehabilitación dunha vivenda; da que a súa parte dispositiva di:
Desestima-lo recurso ordinario nº V-0477/94, interposto por Mª del Carmen Pérez Fernández contra a resolución do delegado provincial do IGVS na Coruña, do 2 de febreiro de 1994, pola que se denegou a aprobación provisional do expediente C:H.19/93 para a rehabilitación dunha vivenda sita en Padre Feijóo nº 6-4º D, na Coruña, resolución que se confirma.
Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte o da súa notificación, significándolle que debe comunicarlle previamente a esta consellería a dita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 12 de novembro de 1997.
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda
9475

