Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Palio.
Situación: Lalín.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 1.921 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio da L.M.T. Montouto-Belpellos, rematando no C.T. que se proxecta en Palio, concello de Lalín. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 13 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 5 de novembro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
9835

